As rulas de Bakunin; Anton Rivero Coello

Anuncio
As
Rulas
Bakunin
de
AUTOR: ANTÓN RIVEIRO COELLO
Antón Riveiro Coello, naceu en Xinzo de Limia en 1964, é un escritor en lingua
galega. Cursou estudios de Dereito en Santiago, que abandonou no quinto ano,
tocou a guitarra nun grupo de rock , foi funcionario do Estado, da Xunta e
rematou dedicándose á escrita na que ten sido galardoado nuns cantos
certames dos que cabe salientar o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café
Dublín, Torrente Ballester (finalista), Modesto R. Figueiredo do Pedrón de
Ouro, Manuel Murguía, Camilo José Cela, Breogán de Contos, Castelao de
Narrativa, Casa Galicia en León, Meigas e Trasgos, Vila das Neves ou o
Ourense de Contos, entre outros. É presidente da Asociación Cultural
Barbantia, Fillo predilecto do Concello de Baltar, así como Xuíz Honario
do Couto Mixto. Publicou os seguintes libros: Valquiria (Premio Camilo
Xosé Cela 1993, Ed. Novo Século), Parque Central e outros relatos
(Ed. Espiral Maior 1996), A historia de Chicho Antela (Premio
Manuel García Barros de novela, accésit-1997, Ed. Espiral Maior), A
quinta de Saler (finalista en el X Premio de narrativa Torrente
Ballester, 1998, Ed. Galaxia), Animalia (Premio Café Dublín de
Narrativa, 1999, Ed. Galaxia), As rulas de Bakunin (Premio García
Barros de Novela 2000, finalista do Premio Blanco Amor de Novela,
del premio de la Crítica Española y del Obispo San Clemente, Ed.
Galaxia), Homónima (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000,
Ed. Galaxia) y libros colectivos como Airadas de Palabras (que
recolle os premios galardoados no certame Manuel Murguía de
narrativa corta, Ed. Laiovento, 1997), Premios Pedrón de Ouro de
diversos anos, Ed. Edicións do Castro, Homenaxe a Blanco Amor
(Espiral Maior, 1998), Historia da pusilanimidade e catro contos
(Asociación de Libreros, 1995), A recortada e catro contos
(Asociación de Libreros, 1994), Minirelatos (Cartabón), O camiño de
Santiago (Movistar, La Voz de Galicia, 1999) e multitude de relatos
publicados en revistas e periódicos. Está a punto de saír da
imprenta o libro Cartafol do Barbanza e ten inédito o seu poemario
Anatomía da dor, accésit do Premio Avelina Valladares.
NARRADOR:
TERCEIRA E PRIMEIRA PERSOA
(CAMILO)
O narrador alternase. Desta maneira mentres que en ocasión é un
narrador alleo quen nos relata a vida de Camilo, o protagonista,
noutras ocasión é el mesmo quen a través das cartas a súa muller
difunta lembra escenas da súa vida. Ás veces aparecen cartas
tamén de outros persoaxes secundarios que nos relatan fragmentos
da historia (Santi Noreste, Augusto Cordero…)
CRONOLOXÍA E SITUACIÓN
Durante todo o libro o autor realiza saltos no tempo que se
identifican con cambios de capítulos. Distinguimos tres períodos
temporais:

Presente: No ano 1992, cando Camilo ten setenta e seis anos.
Vive coa súa filla, Branca, o seu xenro e o seu neto, Lázaro,
en A Coruña. Tamén noméase Celas de Peiro, onde ten unha
casa que Branca restaurou. Viaxará tamén a Santiago de
Compostela na procura do libro, mentres o seu neto e o resto
da familia atópase en Barcelona na operación de Lázaro

Pasado:

Máis inmediato: Camilo agóchase no bosque, pasa polo
cárcere, emigra a Montevideo e, finalmente, volve a
Celas.

Máis lonxano: Camilo está co seu avó Estevo (tiña máis
ou menos seis anos)en Celas, cando viaxa a Vilaboa
para vivir coa súa tia Lola e cando casa con Rosalía e
volve a Celas.
O TEMA
O autor sérvese da vida de Camilo Sabio Doldán, un vello anarquista casi centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio para relatar as penurias vividas durante a guerra e o drama do exilio. A través de diversos personaxes o autor reflicte a sociedade da
época. A dor provocada pola emigración, a persecución padecida
polos galegos perdedores da guerra civil, as humillacións sufridas
durante a guerra…
PERSONAXES

Camilo Sabio Doldán Neto de anarquistas, o seu avó Estevo
Doldán Patiño era moi querido por todos os habitantes de
Celas caracterizado pola súa amabilidade e corrección, e as
súas ideas revolucionarias, que o levaran a morte. O final do
libro descúbrese que escribiu un libro herdado por Camilo
sobre as súas ideas revolucionarias, libro que máis tarde será
pasado o seu neto Lázaro. Camilo ten moitas similudes co seu
avo o que admiraba enormemente. O libro céntrase na súa
vida e nas consecuencias derivadas da súa ideoloxía no
contexto da Guerra Civil Española.

Rosalía: Coñece a Camilo durante a estadía deste na casa da
súa tía en Vilaboa. Rosalía ía coa súa amiga Consuelo a
coser a casa da tía de Camilo, quen o hospedaba para que
fora quen de seguir cos seus estudos. Namoranse ata que
uns anos despois da morte do pai dela a nai acepta a relación
e casan. Cando Camilo está agochado no interior da súa casa
ela queda embarazada da súa filla Branca. Rosalía morre dun
cancro cinco anos antes do tempo no que se desenrola a
historia.



A tía Lola: Camilo vive na súa casa para poder proseguir os
seus estudos. Era unha muller que levaba toda a vida
agardando polo seu mozo(Ricardo) que marchara a América.
Ela xa tiña corenta anos cando el regresa. Casan pero o
pouco el morre por mor da tuberculose. A partir de entonces
Lola perde o xuízo, incapaz de superar a norte do seu marido.
Andrés: Un dos seus compañeiros do cárcere, que
atopara anos despois cando Camilo intentaba atopar o
libro que o liberara do cárcere. Este cando o
protagonista o atopou, adicábase a perseguir a un dos
seus carceleiros, Dalmiro Ferreiro, recitándolle
fragmentos do libro de Bakunin. Este fascista matouno
na presenza de Camilo.
Santi Noreste: Amigo de Camilo encarcelado tras unha
revolta coa garda civil. Durante todo o libro atopamos diversas
cartas deste home ó protagonista dende o cárcere. A súa
moza na súa ausencia casou cun home do bando contrario a
ideoloxía do seu anterior mozo. O fillo deste matrimonio será o
futuro xenro de Camilo. Ó final do libro descubrimos a traizón
que Santi Noreste protagonizará o darlle a espalda os seus
ideais anarquistas e converténdose nun falanxista. Morre
asesinado por un dos seus ex-compañeiros de loita.
ARGUMENTO
Camilo Sabio Doldán, un ancián de setenta e seis anos fai un
percorrido pola súa vida e, en certa maneira, tamén pola de súa nai
e seus avós.
Camilo admiraba e quería, o igual que outra xente ao seu avó
Estevo. Foi o seu avo quen lle acompañou durante a infancia e lle
transmitia os seus coñecementos. Estevo foi arrestado por
sedicioso debido a acusación do cura do pobo. Días máis tarde o
seu avó morre dunha supuesta pulmonía durante o arrestro. Camilo
decide pasar uns anos en Vilaboa para continuar cos seus estudos.
Alí vivirá na casa da súa tía Lola. Ela leva dende fai vinte anos
agardando polo seu mozo Ricardo Fandiño, emigrado en América
en busca de fortuna. En Vilaboa Camilo coñecerá a Rosalía, a súa
futura muller, e outras persoas importantes na súa vida como
Alexandre, Consuelo ou Santi Noroeste. Camilo ira formando a súa
ideoloxía política e participará activamente en diversos actos para
defender os seus ideais anarquistas, sendo estes movementos
nalgúns casos armados. Nun deles vivirá a morte de persoas ás
que el admiraba, o home da súa tía, pouco antes retornado,será
ferido na loita, morrendo na casa da súa tía..
Isto sumirá a Lola nunha depresión na que daralle por negar a
morte de Ricardo alegando que todavía non volveu de América.
Unha noite acóstase co seu sobriño Camilo creendo que este é
Ricardo. Ela queda embarazada pero o neno morre no parto e ela
marcha a Nova York en busca de Ricardo, onde finalmente morre
de sífilis.
Camilo casará con Rosalía e marcharán para Celas, terra natal do
mozo. Camilo será perseguido pola súa ideoloxía anarquista.
Agochase no monte unha temporada ata que decide ir ata a súa
casa e esconderse nela. Cando entérase da morte do seu pai
decide vingarsde pero Rosalía cóntalle que quedou embarazada.
Camilo temendo pola seguridade de Rosalia e da súa futura filla
volve o monte. Finalmente volve para asistir o parto de Rosalia e
demostrar que Rosalía foille fiel, o atrapan e o meten no cárcere.
Alí grazas o libro do seu avo líberano. De novo coa súa familia
Camilo e Rosalía optan por marchar a Montevideo, onde máis tarde
vivirán felizmente coa súa filla. Despois dalgún tempo alí, terán que
volver porque reciben aviso da grave enfermidade da nai de Camilo.
Cando chegan xa é demasiado tarde para a súa nai, levaba catro
días morta. Instálanse en Celas, na súa antiga casa e dedícanse o
campo seguindo os consellos do seu avó Estevo. A súa filla Branca
vai a universidade e cásase con Agustín, boa persoa a pesar de ser
o fillo de Mercedes e de Dionisio Boutureira.
Anos máis tarde Rosalía morrerá dun cancro, dende ese intre
Camilo comeza a escribirlle cartas contándolle o que pasou na súa
ausencia e o que el sinte. Entre outras cousas cóntalle que van a
operar a Lázaro, o seu sobriño, para intentar eliminar a súa
cegueira.
No presente Camilo atopa o libro do seu avó que tanto buscou en
máns de Andrés, un antigo compañeiro do cárcere que dedícase a
recitarllo a un dos antigos gardas que os torturaba. O reencontró
dos compañeiros veráse, non obstante, truncado cando Dalmiro, o
ex-garda, mata a Andrés en presencia de Camilo.
Xa na súa casa, co libro do seu avó, Camilo morre escribíndolle a
derradeira carta a Rosalía.
CONCLUSIÓN
Este libro gustoume moito porque é un excelente relato da Guerra Civil no cal,
sen deixarse nada no tinteiro, relátanse una serie de historias que ben puideron
ser verdade. A través de diversas historias de amor, con dosis de política e
historia, facémonos una idea dos feitos máis resaltables da nosa historia como
a II República, a emigración galega ou a situación rural na Galicia da preguerra e da post-guerra. Máis o verdadeiro poder do libro recae na
sensibilidade que demostra o autor o facer que o protagonista se dirixa a súa
muller xa falecida. En definitiva, un excelente retrato dunha sociedade dende
una perspectiva novedosa .
Descargar