As misións pedagóxicas

Anuncio
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN:
AS MISIÓNS
PEDAGÓXICAS
(1931-1936)
2º EDUCACIÓN SOCIAL
2009/2010
1

INTRODUCIÓN TEÓRICA

ESTUDO HISTÓRICO

ANEXOS
2
Iniciaremos o traballo con unha introdución na que relataremos os aspectos máis
importantes da evolución da educación ao largo da historia da humanidade.
Por iso considero importante empezar a facer referencia brevemente de cómo era a
educación durante a Idade Media para logo poder continuar coa súa evolución.
A Idade media foi un período da historia europea que transcorreu dende a
desintegración do Imperio Romano de Occidente, no século V, ata o século XV.
Durante séculos, a ensinanza, e o coñecemento que fóra resctado das culturas grega e
romana, estiveron asociados á Igrexa Católica e, sobre todo, as necesidades que esta
tiña, o latín era o idioma oficial.
Debemos de destacar que durante o século IX ocorreron dous feitos importantes neste
ámbito. Primeiro, Carlomagno, recoñecendo o valor da educación, trouxo de Inglaterra
a clérigos e educadores para desenvolver unha escola no palacio. E segundo, o Rei
Alfredo promoveu institucións educativas en Inglaterra que eran controladas polos
mosteiros, tamén Irlanda tivo centros de aprendizaxes desde que moitos monxes foran
enviados a ensinar a países do continente..
O alumno empezaba a súa educación como aprendiz con un maestro da profesión. Aos
quince ou dezaseis anos terminaba a súa educación e adquiría a xerarquía de oficial.
Por outra banda temos que dicir que
escolásticos como
os educadores, xeralmente eran monxes e
por exemplo San Isidro de Sevilla, Santo Tomás de Aquino,
Alcuino, San Xerónimo,...
A mediados do século XIII, os maxistrados das cidades comezaron a esixir escolas
primarias subsidiadas e administradas pola cidade. Este feito era un evidente atentado
contra o control que a Igrexa exercía na sociedade.
As escolas municipais, conseguiron que o latín non fose a única lingua que se impartise
para tamén ensinar a lingua materna. A partir de ese momento déuselle maior
importancia ao estudio del cálculo numérico e a xeografía, que a teoloxía. Esto permitiu
que, un alto número nenos e adolescentes, da pequena burguesía, se formaran.
Esta nova clase social, en acelerado proceso de formación, fixo gran presión sobre a
Igrexa, conseguindo facer da antiga educación elemental, unha especie de antecesora da
educación técnica, ao alcance de moitas máis persoas.
3
Respecto as universidade debemos dicir que as universidades, tal como as coñecemos
con profesorado, estudantes e graos académicos foron un produto da Alta Idade Media.
A palabra universidade ten a súa orixe na palabra latina “universitas”, que significa
corporación ou gremio, e facía referencia a un gremio de maestros ou estudantes. As
universidades medievais eran gremios educativos ou corporacións que formaban a
individuos instruídos e capacitados. A primeira Universidade en Europa creouse en
Bolonia, Italia.
Na
idade Moderna, as Órdes Relixiosas intentaron unir as formas medievais do
pensamento coas novas correntes humanistas do Renacemento. Surxiron, entre outras, a
Compañía de Xesús e as Escolas Pías de San Xosé de Calasanz.
No século XV e principios do século XVI deuse un movemento pacifista denominado
Irenismo, o cal fixo que houbera un volver a época clásica (Roma e Grecia).
Prestase atención aos homes, a través das artes (teatro, pintura, escultura...) e aténdense
a todas as dimensións do ser humano.
Vergerio foi un dos grandes pedagogos do renacemento, na metade do século XIV e
metade do século XV.
Referente ao panorama educativo podemos destacar durante este período o surximento
da:
Compañía de Xesús ou os xesuítas: Metade do século XVI.
Un dos seus obxectivos principais era o de expandirse por todo o mundo.
Tiñan un programa plan de estudios, deseñaron un currículo innovador e eficaz para os
rapaces de familias acomodadas, sen descoidar aos pobres.
Principios pedagóxicos: 1. Adaptación dos individuos, dos lugares, das cosas. Había que
ver o medio ao que pertenencían os individuos e as necesidades da zona. 2. Actividades
do maestro e o discípulo: o maestro debía estar constantemente reciclándose para
perfeccionar a súa tarefa, e o discípulo representaban os medios a utilizar, como eran o
teatro infantil, a danza, a formación urbana e social.
Os medios que empregaban eran: bos coñecementos psicolóxicos e intuición, relacións
estreitas coas familias, disciplina e orden, estimulación por actos externos e a
planificación da vida do alumno.
Os contidos que se trataban eran: letras clásicas, modernas, ciencias.
Escolas Pías
4
O fundador foi Xosé de Calasanz (1556 - 1648). Gran humanista, licenciado.
A primeira escola foi a de Trastévere (Roma) en 1600.
Os fins da ensinanza eran: aprender a ler, escribir, contar e ofrecer unha ensinanza
gratuíta para os pobres. Dentro destas escolas existían diferentes tipos de educación, das
cales podemos destacar a educación relixiosa, moral, política, física e literaria.
Os principios pedagóxicos que se establecían eran: aproveitar a curiosidade natural do
neno, que o maestro saiba ensinar, proporcionar unha formación profesional para
conseguir un traballo e impulsar as ciencias.
Agora pasaremos a explicar brevemente cómo era a educación durante o século XVIII.
O século XVIII, coñecido como o século das Luces ou da Ilustración, é o principio
dunha toma de conciencia xeneral sobre a importancia que tiña a educación para o
desenvolvemento dos pobos.
Nos gobernos borbónicos do século XVIII, ata o cambio de monarquía, a educación
estivera en mans da Igrexa en colaboración cos municipios.
A nova concepción do Estado tendente a someter o seu poder a todas as institucións, sen
excluír a Igrexa e os cidadáns, supuxo un cambio trascendental en todos os sentidos.
Durante este século proliferaron os plans e proxectos educativos: nunca houbera un plan
xeneral de reforma aplicable a todo o país, que puidera servir de pauta a toda a
monarquía, nin se resolveu o grave problema da financiación da ensinanza con recursos
distintos aos tradicionais.
Non faltou a lexislación e chegáronse a reformar aspectos concretos da ensinanza pero
mantivéronse as mesmas estruturas e as mesmas deficiencias que se querían eliminar.
Persistiu o aprecio do latín nas escolas de gramática e nas universidades sobre as linguas
modernas.
Así, Felipe V creou as primeiras reais academias e o Seminario de Nobres de Madrid,
dependente do Colexio Imperial (1725).
Durante o reinado de Carlos III (1759 - 1788) creouse o real Colexio de Ciruxía de
Barcelona (1760); deuse un gran impulso aos seminarios conciliares para a formación
dos clérigos (1768); lexislouse con profusión sobre o maxisterio de primeiras letras;
impúxose como obrigatoria en todas as escolas a Gramática dea Real Academia da
5
Lingua (1780); e acentuouse o control político das universidades, nomeando en cada
unha delas un director, para vixiar contido da ensinanza.
Podemos destacar a:
-
Benito Jerónimo Feijoo (1676 - 1764).
-
Josefa Amar y Borbón.
Nesta época a universidade vivía esclerotizada e allea as innovacións científicas. As
universidades eran institucións conservadoras de prestixio do seu pasado, reazas a
modernización das súas estruturas e celosas de súa autonomía fronte a presión do
Estado.
A ciencia e a investigación desenvolvíanse nas novas academias, nas sociedades de
sabios, de literarios, de economistas e nas bibliotecas, lonxe dos recintos universitarios.
Existían tres grandes universidades en España: Salamanca, Valladolid y Alcalá de
Henares.
No século XIX, coa Revolución Francesa, introduciuse definitivamente o concepto de
Escola Pública.
A situación da ensinanza oficial durante o antigo réxime e a primeira metade do século
XIX é moi deficiente debido a falta de sensibilidade, ao caos administrativo, as tres
guerras carlistas e a política represiva contra o movemento progresista.
Debemos empezar a falar desde a promulgación da constitución liberal de 1812, que é,
ata agoa, a única na historia de España que incluíra un título en exclusiva ao tema da
educación, a Instrución Pública.
Nesta constitución respetábase a organización anterior da ensinanza en España, onde
soamente se recollían a educación primaria e as universidades. Aínda que non cambiaba
a estrutura, si que se introduciron ideas moi importantes e renovadoras para eses
tempos, como a defensa da universalidade da educación primaria para toda a poboación
sen excepcións, para aprender a ler, escribir e contar, e a uniformidade dos plans de
ensinanza para todo o Estado.
Instaurada a Constitución, o deputado Manuel Xosé Quintana elaborou en 1814 un
informe (chamado Informe Quintana), posteriormente convertido en norma legal en
1821 con algunhas modificacións. O informe era unha exposición de principios básicos
na que se defendían postulados como que a instrución debía de ser igual, universal,
uniforme, pública e libre. Temos que destacar que en ningún momento se nombrou a
educación femenina.
6
Algúns dos obxectivos que se plantexaban co Informe Quintana eran os seguintes:
Manter “recta e ilustrada” a vontade do pobo.
Ensinanza dos dereitos.
• Indicación das obrigacións e sinalar o posto que cada un debía de ocupar na
sociedade.
En 1821 é cando se redacta como lei o Informe Quintana, despois do golpe de Rafael de
•
•
Diego. Este reglamento deu carácter legal a unha estrutura do sistema educativo
dividida en primeira, segunda e terceira ensinanza, estrutura inexistente formalmente no
antigo réxime.
En 1836, debido a que por aqueles momentos os progresistas estaban no poder,
aprobouse o Plan Xeneral de Instrución Pública (Plan do duque de Rivas). Este Plan
regulaba os tres graos da ensinanza: a instrución primaria, a instrución secundaria,
dividida en elemental e superior, e a instrución superior, as que corresponden as
facultades, as escolas especiais. Este plan non se chegou a aplicar pola sublevación de
Espartero en 1837.
En 1857 produciuse un acontecemento clave, aprobouse a lei de Instrución Pública do 9
de setembro de 1857, chamada Lei Moyano por ser Claudio Moyano ministro de
fomento no momento da súa aprobación.
A lei Moyano de 1857 foi o primeir intento serio de acción lexislativa en materia de
educación e cultura. Ordenou o sistema de ensinanza secundaria iniciado unha década
atrás coa posta en marcha de institutos de segunda ensinanza, financiados polas
deputacións provinciais, na maior parte de capitais de provincia e cidades importantes
do país; pero no seu conxunto, a Lei non conseguiu instaurar na práctica a maior parte
das súas propostas transformadoras..
Na lei establecíanse tres momentos, tres etapas da educación:
•
A primeira etapa, chamada primeira ensinanza, que se dividía en 2 niveis:
elemental (obrigatoria e gratuíta para quen non puidese pagala) e superior. A
primeira etapa era entre os 6 d 9 anos e recibíase en escolas elementais.
•
A segunda etapa denominábase ensinanza secundaria r comprendía dous ciclos:
elemental durante dous anos, e a superior durante catro.
•
E a terceira etapa ou ensinanza superior comprendía os estudos das facultades,
as ensinanzas superiores e as profesionais.
7
Coa Lei Moyano, implantouse definitivamente os grandes principios do modernismo
histórico:Gratuidade relativa para a ensinanza primaria, Centralización, Uniformidade e
Liberdade de ensinanza limitada.
No ano 1876 fundouse un centro de ensinanza, dirixido por Francisco Xiner dos
Ríos, xunto cos seus amigos Gumersindo de Azcárate e Nicolás Salmerón,
A finais do século XIX, o interese dos rexeneracionistas polo tema da educación, levou
aos políticos a creación do Ministerio de Instrución Pública no ano 1900.En 1900, o
índice de analfabetismo en España era aínda enorme, pois afecta arredor duns dous
tercios da poboación adulta.
Temos que facer referencia ao ciclo da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930),
período no que se construíron bastante edificios escolares, a maioría construídos por
aportacións dos obreiros.
No tramo final deste ciclo histórico, a Segunda República supuxo, a partir de 1931, un
cambio radical no plan ideolóxico e estratéxico que deu comezou a un novo modo de
facer política. A ensinanza foi unha cuestión crucial no cambio.
Como nos indica Escolano Benito no seu documento A educación na España da
restauración e a segunda república, algúns políticos, como Rodolfo Llopis, Director
Xeral de Ensinanza Primaria, concibiron a escola como” unha arma ideolóxica da
revolución española.”
O goberno provisional da República lanzou un plan urxente de escolarización para
resolver a situación deficitaria coa que se encontrou.
Tamén se crearon: en 1931 o decreto que deixaba en suspenso o plan de Bacharelato, a
espera da elaboración dun novo proxecto de ensinanza secundaria, a concesión da
preautonomía as universidades de Madrid e Barcelona, o inicio dos traballos
encamiñados a elaborar unha nova lei de Educación.
Durante a década dos anos trinta creáronse en Galicia, según podemos observar nas
publicacións do xornal “El Pueblo Gallego”, bastantes colexios dos cales podemos citar
por exemplo:
 “Las escuelas de nueva creación: Las unitarias de la Avenida de García
Barbón y calle de Pérez Galdós”. El Pueblo Gallego (Ver Anexo)
“{…} Constituyen otros tantos aciertos de la Comisión de Enseñanza Viguesa,
no solo por las condiciones que reúnen los locales, sino por su inmejorable
8
situación, que permite cubrir completamente las necesidades escolares de los
lugares en que se han situado {…}”.
 “Las escuelas de nueva creación: Dos unitarias en el barrio de Ribadavia”. El
Pueblo Gallego- 7/04/1932 (Ver Anexo)
“{…} A pesar del poco tiempo que hace que se abrió la matrícula está ya
cubierta, pues son 18 el número de niñas que asisten diariamente, habiendo
algunas más matriculadas, lo que denunciaría la necesidad de crear otra
unitaria, cuya matrícula se cubriría rápidamente. Las niñas cuentan con un
local amplio, soleado y con mucha ventilación.{…}
 “Apertura de Escuelas: Consejo local de Primera Enseñanza” El Pueblo
Gallego 2/04/1932 (Ver Anexo)
“Se advierte al vecindario de las parroquias de Coya y Bouzas, que hallándose
abiertas las nuevas escuelas nacionales, recientemente creadas, de niñas la
primera y de niños la segunda, se admite matricula en las mismas, durante la
jornada escolar.
Se recuerda a los padres de los niños comprendidos en la edad escolar, la
obligación en que se hayan de enviar a sus hijos a la Escuela, cumpliendo así
con uno de los inexcusables deberes que la vigente Constitución de la República
impone a los mismos.
Podendo citar tamén outras noticias relacionadas coa educación durante este
período:
 “Un colegio subvencionado en Tuy, cuyo entusiasmo y cuya obra pueden
servir de Patrón” El Pueblo Gallego 1/06/1934 (Ver Anexo)
En esta noticia se nos describe como nació la idea de este centro, como
funcionaba el colegio (descrito mediante una entrevista),en la que se nos dice
que contaban con cien alumnos de ingreso y por las noches funcionaba como
escuela nocturna para los obreros. Además en la noticia existe un subtitular que
me llamó mucho la atención y dice: “Con poco dinero y mucha esperanza”.
 Fotografía de “Un cursillo en la Facultad de Medicina” El Pueblo Gallego
04/04/1935 (Ver Anexo)
9
 “Hacia la Escuela Única” El Pueblo Gallego 5/07/1931 (Ver Anexo)
“La implantación de la República se ha convertido en hacederas y llanas
cuestiones que antes se conceptuaban de imposible realización, una de ellas es
la Escuela Única. {…}
Ahora no solo es factible, sino que ya dio comienzo tan magna empresa, que ha
de transformar por completo el panorama social y cultural de nuestra patria.
La escuela Única significa igualdad ante la enseñanza. Es una conquista de las
democracias solo comparable, y a caso superior por sus consecuencias, a la
alcanzada con la igualdad ante la ley.{…}
Se van a crear todas las escuelas nacionales que sean necesarias para poder
instruir a todos los niños de todas las clases sociales, sin distinción de ninguna
especie. La enseñanza será en ellas obligatoria y gratuita.{…}
 “Escuelas, muchas escuelas, pero, ¿Y las reivindicaciones de los Maestros?
El Pueblo Gallego 08/01/1934 (Ver Anexo)
“{…} Se han creado escuelas y se ha procurado dar al maestro la categoría
social que le corresponde. {…}Pero es necesario que se le den a los maestros
las mejoras a las que tienen derecho para que puedan trabajar sin tener otra
preocupación que la de su escuela {…}”
 “Escuelas sostenidas por congregaciones religiosas” El Pueblo Gallego (Ver
Anexo)
A noticia tratase dunha listaxe oficial de todas as escolas de España que están
sostidas por congregacións relixiosas.
 “Un rincón de la ciudad donde a diario se reúnen más de setecientos
escolares vigueses. —Unas escuelas preparatorias que son modelo. –Vigo
debe aspirar a que si Instituto de segunda enseñanza, por su instalación, sea
10
el primer centro de España en los de su clase”. El Pueblo Gallego 5/05/1934
(Ver Anexo)
Continuando coa evolución da educación ao longo dos anos tinta podemos destacar
que a primeira lei emprendida polo Franquismo de guerra foi a lei do 20 de setembro
de 1938 que reformaba a segunda ensinanza. Este feito supuxo o inicio de unha
ambiciosa reforma que abarcaba a totalidade do sistema educativo.
A lei anunciaba unha reforma profunda e global da educación, empezando pola
ensinanza secundaria porque se consideraba que esta era o instrumento eficaz para
transformar rapidamente a sociedade.
Outra norma importante foi a nova lei universitaria en 1943, lei na que se establecía a
sindicación obrigatoria dos alumnos no Sindicato Español Universitario (SEU).
O período de 1951-1956 foi considerado a primeira apertura do réxime, obra de
Xoaquín Ruiz Ximénez, ministro de Educación Nacional durante eses anos.
A ensinanza secundaria foi sempre un nivel educativo complexo, sometido por iso a
múltiples reformas. De acordo con esa intención, a lei de Ordenación da Ensinanza
Media de 1953 dividiu o bacharelato tradicional, o de 1938 de sete cursos, en dous: o
bacharelato elemental, de catro anos de duración, e por outra banda o bacharelato
superior de tres anos, seguidos de un curso preparatorio que facilitaría o acceso a
ensinanza universitaria.
No últimos período do Franquismo (1959-1975) a educación estivo marcada pola
política educativa de Lora Tamayo e a lei Villar de 1970.
No ámbito educativo, Lora Tamayo, ministro da Educación Nacional dende 1962 ata
1968, realizou unha política centrada fundamentalmente na necesidade de modernizar
a ensinanza primaria. Creou a lei de 1964 que ampliaba a escolarización obrigatoria
ata os catorce anos. A lei anterior complementouse con outra en decembro de 1965,
coa innovación fundamental da elevación do nivel de esixencia académica para o
ingreso nos estudos do maxisterio.
Aínda que a política educativa do ministerio se centrou fundamentalmente na
ensinanza primaria, non se descoidou a ensinanza secundaria, obra de Lora Tamayo
tamén foi a lei de abril de 1967, que unificou a primeir ciclo da ensinanza media.
A reforma de 1970 tivo como un dos seus mellores logros a implantación de unha
formación común de oito anos de duración, aberta a toda a poboación escolar. Con
esta educación básica terminaba a inxusta e secular distribución dos saberes que
11
condenaban a maioría dos nenos españois unha educación primaria pobre e
desconectada do sistema, mentres que unha pequena minoría se beneficiaba dunha
educación secundaria e universitaria pensada só para eles.
¿Qué foron as Misións Pedagóxica e cómo se crearon?
Temos que empezar o análise das Misión Pedagóxica citando que a idea da creación
destas xa surxiu co primeir goberno liberal de Mateos Práxedes Sagasta en 1881, onde
Francisco Xiner dos Ríos e Manuel Bartolomé Cossío propuxeron ao Ministerio de
Fomento a creación dunhas “misións ambulantes”, co fin de levar os mellores maestros
as aldeas máis apartadas para vivificar a escola rural. Pero desde que os homes da ILE
expuxeron esta iniciativa ata a creación das Misións Pedagóxicas, varios ocupantes da
Instrución pública foron apelados sen resultados visibles. Pero non foi posible a posta
en marcha deste proxecto ata a proclamación da II República.
Foi o novo réxime democrático o que puxo en marcha tan desexado proxecto. O 30 de
maio publicouse na Gaceta de Madrid o decreto que fundaba o Patronato das Misións
Pedagóxicas.
O que se pretendía con ese proxecto era elevar o
nivel cultural das persoas do campo, liberalos
pobos do caciquismo.. Pero para que o mundo
rural puidera lograr unha comunicación viva e
eficaz coa cultura que agora flotaba no ambiente
social republicano, non se podía invadir o campo
con hábitos e costumes cidadáns, que desligaran aos seus habitantes das raíces que
configuraban o seu propio ser.
Debemos aclarar que non se trata de trasladar o mundo complexo das urbes industriais
ao campo, senón que se trataba de espiritualizar a vida dos campesiños.
Entre todas as iniciativas lexislativas que surxiron do reformismo educativo dos
primeiros meses da República, encóntranse as misións pedagóxicas. O decreto
publicouse o 29 de Maio de 1931. No cal un dos planteamentos que se publicou foi:
12
“se trata de llevar a las gentes, con preferencia a las que habitan en localidades
rurales, el aliento del progreso y los medios de participar en él, en sus estímulos
morales y en los ejemplos de avance universal, de modo que los pueblos todos de
España, aún los apartados, participen en las ventajas y goces nobles reservados hoy a
los centros urbanos.” (Otero Urtaza, E.: 23)
A actividade que recolle o Decreto, pretende desenvolver:
a) O fomento da cultura xeneral, para o
cal se dispón o establecemento de
Bibliotecas populares, fixas e circulantes.
b) A orientación pedagóxica das escolas. Ciclos de visitas a estas escolas, para as
súas condiciones e necesidades.
c) A educación cidadá.
Outro decreto que se publicou foi o do día 22 de agosto, no que se dispuxo a creación
dunha sección circulante en todas as bibliotecas dependentes do Estado, Municipio u
Provincia.
En canto a forma de actuar deas misións pedagóxicas debemos de dicir que estas non
propugnaban a difundir unha ideoloxía determinada, aínda que o decreto incluía uns
conceptos propagandísticos da ensinanza constitucional republicana.
Os membros da Comisión Central do Patronato.
O decreto que nomeaba Presidente do Patronato das Misións Pedagóxicas a Cossío,
publicouse o día 6 de Agosto de 1931. A vicepresidencia do organismo adxudicábase ao
Director do Museo Pedagóxico, cargo que ocupaba entón Domingo Barnés Salina, e
secretario do Patronato a Luís Álvarez Santullano.
Por outro lado os catorce vocais cos que contaba a comisión Central eran persoas ben
coñecidas nos ambientes intelectuais e pedagóxicos. Antonio Machado foi un dos que se
tomou con máis interés esta nova actividade, Rodolfo Llopis Ferrándiz, Luis Bello
Trompeta, o músico Oscar Esplá Triay, Marcelino Pascua Martínez, Lucio Martínez
Gil, e moitos máis.
13
Os obxectivos que se plantexaban eran:

Acercar al rural el progreso, la cultura y los medios para participar en ella.

Levantar el nivel cultural y ciudadano para que puedan convertirse y participar
como colaboradores del progreso nacional.

Minimizar el aislamiento educativo y cultural que vivía la gente del rural.

Valorar y desenvolver la dignidad y la nobleza en apoyo a la República.
Como anteriormente indiquei analizaremos as Misión Pedagóxicas que se realizaron en
España dende 1931 ata 1936.
As Misión Pedagóxicas foron unha Iniciativa do Plan de Educación Popular da II
República que funcionaba como unha Escola Ambulante. Cos obxectivos xa citados na
introdución anteriormente feita pasaremos a explicar o desenvolvemento, as
metodoloxías e as actividades que se realizaban nas Misións durante eses anos.
O desenvolvemento das actividades das misións pedagóxicas:
Actividades realizadas durante 1931 e 1932:
A pesar de que ao Patronato se lle concederon pronto as primeiras partidas
presupostarias e tiña nomeada a Comisión Central, o comenzo das Misións non se
produce inmediatamente.
As calidades que se pedían a estes colaboradores, expresounas Cossío con moita
claridade na introdución que escribiu para a primeira Memoria. Podemos distinguir un
grupo que el mesmo chamaba misioneiros guías, que eran os encargados de levar a
dirección das Misións, que case sempre eran inspectores de Primeira Ensinanza, e con
14
eles, escritores, pintores, profesores ou algúns estudantes que pola súa dedicación foron
admitidos como auxiliares das Misións.
Outro grupo de misioneiros lo eran os mesmos maestros, aos que moitas veces as
Misións rescataba do denso ambiente rural no que estaban sumidos.
Mediante estes colaboradores, é como as Misións intentaron cultivar no campo un tipo
de cultura que fora facendo conscientes aos campesiños do abandono e miseria no que
estaban sumidos, así como das súas peculiaridades e valores.
A primeira Misión fíxose en Ayllón (Segovia), do 16 ao 23 de Decembro de 1931,
dirixida polos membros da Comisión Central, Amparo Cebrián e Enrique Roja.
Debemos de destacar as primeiras palabras que escribiu Cossío para a ocasión, e que
logo se repetiron de forma ritual en todas as Misións:
“Somos una escuela ambulante que quiere ir de pueblo en pueblo. Pero una escuela
donde no hay libros de matrícula, donde no hay que aprender con lágrimas, donde no
se podrán a nadie de rodillas como en otro tiempo, donde no se necesita hacer novillos.
Porque el gobierno de la República que nos envía, nos ha dicho que vengamos, ante
todo, a las aldeas, a las más pobres, a las más escondidas, a las más abandonadas, y
que vengamos a enseñaros algo, algo que no sepáis por estar siempre tan solos y tan
lejos de donde otros lo aprende; pero que vengamos, y lo primero, a divertiros. Y
nosotros quisiéramos alegraros, divertiros casi tanto como os alegran los cómicos y los
titiriteros…” (Otero Urtaza, E. 1982: 42,43)
Na primeira saída o grupo levaba dous gramófonos, con discos de baile e cancións
populares seleccionadas por Oscar Esplá; un aparato de proxeccións fixas, un proxector
de cine mudo e outro de cine sonoro; Amparo Cebrián recitou poesías moi sinxelas de
poetas campesiños, e baixo o tema de “Monarquía e República” fíxose tamén labor de
educación cívica, explicándose a Constitución e desenvolvéndose temas sobre o papel
da muller na política.
Partindo do pobo de Ayllón, visitaron algúns pobos dos contornos. (Ribota, Saldaña,
Estebanuela….). O resgo fundamental que tiveron as primeiras Misións, foi que apenas
saían da Meseta, debido a que o Patronato aínda non contaba con colaboradores que as
levaran ata as rexións periféricas.
15
A Misión de Navalcán (Toledo), segunda que realizo o Patronato, recibiu a visita de
Fernando dos Ríos. Cos seus 3.800 habitantes, foi un tipo de pobo un pouco grande para
as Misións, pero as propias características do mesmo facíano moi misionable.
A terceira Misión do Patronato foi a Misión de Valdepeñas da Serra (Guadalaxara).
Empezaron as
actividades misioneiras Alexandro Rodríguez Álvarez e Antonio
Sánchez Barbudo. De esta Misión destacaron os seus realizadores e a moi boa acollida
que lles dispuxo o pobo de 800 habitantes.
En León realizáronse dúas Misións. La primeira, celebrada en Valdeón e a segunda
efectuada na comarca de La Cabrera.
Debemos destacar que os misioneiros ían espertando co seu paso a admiración dos
aldeáns con outros medios distintos ao cine e o gramófono. Por exemplo, a lectura
simple de noticias da prensa.
AS primeiras Misións Periféricas: as primeiras Misións foron dirixidas por Alexandro
Casona. A falta de implantación de grupos misioneiros foi o motivo de que nun
principio apenas se visitaran zonas alonxadas de Madrid.
Durante este período, pasaron polos pobos de Besullo (Pobo natal de Alexandro
Casona), o Valle de Arán, por estar enclavado na parte francesa dos Perineos, daquela
moi incomunicados.
O día trece de Febreiro de 1932 publicouse a primeira noticia relacionada coas Misións
Pedagóxicas no xornal El Pueblo Gallego.
Titulada: “Nuestras Misiones Pedagógicas”. Noticia na cal se redactou o seguinte
texto:
“El Pueblo Gallego, en un comentario al nacer las Misiones Pedagógicas, sueña con
algo semejante en nuestra tierra. Y ya se imaginan a nuestra Compostela tratando
actividades “misionales” por todo el ámbito gallego.
Ahora bien; el caso gallego es exactamente el de estas misiones. Si las Misiones
Pedagógicas se están formando-como deben- a base de un cierto presupuesto, hay que
preguntarse ¿dónde está el que necesitarían las nuestras?. Creo que el problema está
planteado en los siguientes términos: Vamos a limitar esas Misiones Pedagógicas,
16
ofreciendo libros, música, radio, etcétera a nuestros campesinos? Pues venga el dinero
necesario, que sólo podrá venir de lo oficial o de nuestros ricos. Y en ese caso a ambos
elementos habrá que llamar al mismo tiempo a nuestros intelectuales {...}.”
Escrito por: Jesús Bal y Gay (Ver Anexo: )
Tres meses despois publicouse outra noticia no xornal El Pueblo Gallego (04/05/1932)
sobre as Misións Pedagóxicas que dicía:
“Todavía por insuficiencia de publicidad, sin duda, las Misiones Pedagógicas de
Galicia no han logrado en la prensa regional la glosa amplia que merece la
envergadura del propósito.(…)
Desde la República viene el Poder público señalando su inquietud por los problemas
de laa cultura.
Fue el tránsito de D. Marcelino Domingo por el Ministerio de
Instrucción pública, el que marcó el rumbo certero hacia el incremento de la cultura
primaria, creando siete mil escuelas. (…)
Las Misiones Pedagógicas que para Galicia se están organizando responden al mismo
criterio de desfonde cultural, con la particularidad laudable de que tendrán una
orientación específicamente gallega. Serán los problemas de nuestra Cultura, nuestra
agricultura, de nuestra higiene, de nuestra economía, de nuestra historia, los que las
Misiones Pedagógicas abarquen, siempre con propósitos divulgadores y con miras a la
aceptación elemental de las gentes.(…)
Si la voluntad de realización corre paralela a la transcendencia del propósito, las
Misiones Pedagógicas operarán el milagro de crear una nueva Galicia. Estamos
seguros.” (Ver Anexo: )
O comenzo do Teatro e o Coro tamén foi neste ano, 1932.
17
O teatro e o Coro que Cossío pensara para actuar coas Misións, empezouse a organizar
con rapidez. Para formar o seu cadro de actores buscaban estudantes universitarios que
foran a dar un colorido máis xuvenil as saídas.
Con independencia das Misións promovidas pola Comisión Central, Teatro e Coro
actuaron por primeira vez en Esquivais o día 15 de Maio de 1932.
E o día 18 de Maio deste ano, empezou a semana pedagóxica en Cuenca, como se nos
mostra na noticia do xornal El Pueblo Gallego. (Ver anexo: )
Este mesmo ano, o 16 de Outubro inaugurouse o Museo circulante de pintura, que
estaba composta de cadros de unha gran calidade e fidelidade, avalada polos pinceis de
Ramón Gaya, Juan Bonafé e Eduardo Vicente. A colección, que presentaban unha
panorámica da pintura española desde Berruguete ata Goya, que foi elixida
persoalmente por Cossío, e destinábase en forma de museo ambulante, a despertar a
atención do pobo hacia os grandes pintores clásicos, educando a súa sensibilidade e
estimulándoos para a contemplación estática.
Actividades realizadas durante 1933:
Durante este ano, as Misións fóronse afianzando as distintas rexións de España. As
bibliotecas enviadas e as conferencias que foron enviando determinadas persoas
vinculadas ao Patronato, xunto co contacto de algunha experiencia misioneira, fixeron
máis receptivos aos maestros hacia unha actividade que lles axudara no seu traballo na
escola.
18
As saídas foronse estendendo polas distintas rexións que aínda non se beneficiaran de
este tipo de actividade educativa.
Entre as Misións efectuadas este ano, merece especial atención as realizadas polas catro
provincias galegas entre os meses de Agosto e Decembro. Contando coa colaboración
de Rafael Dieste, Ramón Gaya, Sánchez Barbudo, Arturo Serrano Plaja, Antonio
Ramos Varela e Fernández Mazas.
Estas misión son as que tiveron unha maior duración, e asimismo, a primeira vez que se
fixeron coincidir as actuacións co Museo circulante de pintura. Durante estes meses
recorréronse os seguintes pobos: Xinzo de Limia, Alariz, Maside, Lalín, A Estrada,
Rianxo, Boiro, Noia, Muros, Corcubión, Cee, Fisterra, Carballo, Malpica, Betanzos,
Vilalba, etc. O museo foi instalado tamén no pobo asturiano de Castropol.
Por primeira vez en Galicia, as Misións utilizaban una altofalante para anunciarse e dar
a coñecer o obxecto de visita, anuncio que alternado coa música que invadía todo o
pobo, producía unha gran conmoción e xúbilo.
A impresión que causaban estas visitas, que duraban aproximadamente unha semana,
eran polo xeral moi positivas.
A finais do mes de Outubro chega a expedición a Santiago. Rafael Dieste e Sánchez
Barbudo entrevistáronse co Reitor da Universidade acordando organizar un comité das
Misións para Galicia.
Ao chegar a Malpica, “Por pura y simple simpatía a un pueblecillo ingenuo” (Otero
Urtaza, E. 1982: 60) improvisouse un primeir ensaio de guiñol.
A primeira farsa que se representou de diálogo improvisado, trataba dun prestamista
avaricioso que finxía ser indixente para eludir a un pobre de verdade que lle pedía
auxilio. O diálogo consistía nun xogo de malicias e sentencias que conducían
rapidamente a caracterización moral dos personaxes.
Os misioneiros como nos indican no libro de Otero Urtaza non quedaron moi seguros da
eficacia do Guiñol con este primeir ensaio; o éxito obtido podíaselle atribuír a actitude
especialmente favorable das persoas de Malpica. Así que ao chegar as terras Lucenses
de Fonsagrada, aproveitaron días de neve e vento para proceder a construír outro
Guiñol.
19
No xornal El Pueblo Gallego atopei tres noticias relacionadas coas Misións Pedagóxicas
en Galicia:
 “Misiones Pedagógicas” do 25 de Febreiro de 1933.
“El domingo día 19, se celebró un acto de las Misiones Pedagógicas en la escuela de
niñas de Narón. El amplio local, por ser adornado con exquisito gusto, ofrecía el
aspecto de los días de gran fiesta, resultando insuficiente para dar cabida a la
numerosa concurrencia.(…)
Hizo la presentación de los conferenciantes la entusiasta maestra de este punto de
señorita Osanz, la que con elegante lenguaje explicó el objeto de este acto. (…)
Seguidamente hizo uso de la Palabra el culto maestro de Narón D. Darío Freán, quien
habló de las ventajas que reporta la Instrucción y los medios de alcanzarla. (….)
Luego el Ilustrado maestro de Piñeiroa, D. Marcelino Lago, desarrolló el tema:
“Distribución de los cultivos en España”(…). Y el Acto lo cerró la Señorita Osanz,
diciendo que deseaba que las lecciones desarrolladas sirvieran de provecho.
El numeroso público salió muy complacido.”
 “La semana Pedagógica en Lugo” do día 21 de Xuño de 1933
“Según noticias llegadas hasta nosotros, cada día es mayor el entusiasmo que reina
entre los maestros según se va aproximando la Semana Pedagógica Lucense.
Todo ello nos afirma cada vez más en la creencia de que las jornadas culturales que se
avecinan van a adquirir una importancia insospechable.(…)
La comisión organizadora, con actividad incansable,
viene actuando sin perder
momento al descuidar detalle en noble empeño y alentadora tarea de lograr que la
Semana Pedagógica, lo mismo en su planteamiento que en su realización, resulte un
acontecimiento pedagógico excepcional.”
 “La semana Pedagógica en Lugo: Sesión de Clausura” do día 25 de Xuño de
1933.
20
“Lugo- En el expreso de ayer llegó el director general de Primera Enseñanza, D.
Federico Landrove. Fue saludado por la comisión organizadora y por muchos
maestros.
Acto seguido el señor Landrove se dirigió al Circulo de las Artes.(…)
Se dio lectura a la lista de premios obtenidos en el certamen pedagógico, despois el
inspector Sr. Villaverde, leyó las conclusiones de la sesión.(….)
A las siete de la tarde se dio comienzo a una velada, y a las diez de la noche se celebró
un baile, que resultó animadísimo, con motivo de la Semana Pedagógica. {…}
Durante este ano tamén se realizaron outras misión, estendéndose de forma irregular por
toda a Península, aínda que sendo a Meseta a zona máis beneficiada, tamén se visitaron
outras zonas como Guadalaxara, Valle de Carranza, o pobo de Valverde dos Arroios.
Podemos destacar que ao finalizar este ano, o Teatro e o Coro que dirixía Alexandro
Casona, recorrera e actuara en noventa e seis pobos.
As Misións en 1934:
As elección de Novembro de 1933 cambiaron completamente o que hasta agora se
levaba facendo. Unha serie de gobernos, moi contrarios as ideas principais coas que se
iniciara o novo réxime, sucederon o poder, tratando de borrar os rastros da anterior
etapa parlamentaria.
Este cambio afectou tamén ao desenvolvemento das Misións, a que se recortará a
metade o presuposto para estas accións.
Con excepción das illas, nas que non se puido realizar ningunha misión, abarcouse todo
o territorio Español. Pero das trinta e oito Misións feitas pola iniciativa da Comisión
Central, soamente dez se celebraron fóra do conxunto das Castillas, León e
Estremadura. Galicia, o País Vasco e Cataluña, probablemente debida a prevención que
tiñan os compoñentes da Comisión Central de que surxise algunha suspicacia y se lles
interpretase de forma equivocada, foron pouco atendidas.
21
A primeira Misión deste ano fíxose en Pontevedra durante os meses de Maio e Xuño.
Nesta Misión proxectáronse diversas películas instrutivas sobre temas diversos,
audicións de música, exposicións de pintura…
A segunda Misións realizouse nos pobos coruñeses de Outes, A picota, Mazaricos, Beba
e Muros durante os meses de Xullo e Agosto.
Entre as Misións celebradas no resto de España, debo destacar a realizada na provincia
de Cáceres que foi unha das máis completas que organizou o Patronato.
As Misións en 1935 e 1936:
Aínda que o Patronato conseguiu en 1935 unha certa facilidade por parte dos Gobernos
para que os maestros e profesores que quixeran acudir as Misións o fixeran, a redución
de participantes era moi evidente debido ao clima enrarecido que crearan os gobernos
do CEDA.
En Xuño de 1935 volvéronse a discutir novamente as partidas presupostarías, pero o
Patronato recibiu una consignación presupostaria bastante insuficiente para desenvolver
o seu programa, forzándoo a reducir o ámbito de traballo a un volume mínimo de
actividades.
Con dificultades as actividades das Misións seguiron realizándose practicamente ata a
sublevación militar que puxo fin ao réxime republicano.
Na Rioxa, durante 1935, iniciáronse unhas campañas misioneiras. Con un intervalo de
poucos días, leváronse a cabo dúas Misións nos meses de Abril e Maio no alto Valle de
San Millán e na zoa montañosa de Jubera.
No mes de Marzo de 1936 volveuse a celebrar na mesma provincia unha nova Misión
pero na zoa de Camero novo. A parte da Misión realizada por Rafael Dieste, Carmen
Muñoz e Lorenzo Varela no Perineo Aragonés na primavera de 1936, non se ten
constancia de outras actividades nesta etapa. Probablemente, a pesar da difícil situación
na que se atopaba o Patronato, si se fixera algunha máis pero sen constancia.
Por outra banda, o museo do Pobo proseguiu ambulando ata o estalido da Guerra Civil,
que os sorprendeu no pobo de Cuenca. E en canto as actividades do Teatro e o Coro,
22
aproveitando as vacacións de Nadal realizouse unha xira en
Xaneiro de 1935 por terras Estremeñas.
Misiones Pedagógicas de la República
E. M. C. | 30-09-2009
Fotografía histórica de Pablo García y su esposa posando para un alumno de la
escuela durante una de
las Misiones Pedagógicas de la
República.
A metodoloxía e os Servizos que se prestaban coas
Misións Pedagóxicas:
¿Cómo se organizaba unha Misión? Pois as Misión celebrábanse a iniciativa de
Inspectores de Primeira Ensinanza, consellos provinciais ou locais, membros de
Patronato ou particulares de solvencia social, que levaban a Comisión Central a
proposta da zoa misionable. Esta proposta estaba acompañada dun informe onde debían
sinalar as condicións, oportunidades e a eficacia posible da actuación.
Unha vez organizada a saída, os misioneiros chegaban ao pobo con todo o material
preciso no seu camión, e cando non era posible, con mulas. Xeralmente había alguén no
pobo que os esperaba, o maestro ou o alcalde, os que xa tiñan previsto o local onde se
ían a celebrar as sesión.
¿Que servizos se prestaban?
-
Servizo de biblioteca, que se dividían en dous bloques diferentes. As Lecturas
para adultos e as lectura para nenos.
-
Servizo de música.
-
Servizo cinematográfico.
-
O Teatro e o Coro do Pobo
-
O retablo de Fantoches.
23
-
O Museo de Pobo
-
E os cursos para os Maestros.

Outras noticias referentes as Misións Pedagóxicas:

Una exposición muestra el papel innovador de las bibliotecas
republicanas. (3/03/2007) A Voz de Galicia
“A biblioteca en guerra es el título de la exposición itinerante que pretende mostrar el
funcionamiento de estas dependencias durante la República española. Los
organizadores de la muestra quieren destacar las actuaciones emprendidas antes y
durante la guerra civil, como eran «la creación de nuevas bibliotecas, campañas de
fomento de la lectura como las emprendidas por Misiones Pedagógicas, bibliotecas
populares impulsadas tanto por municipios como por sindicatos y, por último, y ya en
plena guerra, las bibliotecas en el frente, dirigidas a milicianos y soldados».
Llaman asimismo la atención sobre actividades que hoy son habituales, pero que en
realidad ya se hacían entonces como son la hora del cuento, los bibliobuses o las
bibliotecas en cárceles y hospitales, promovidas entre 1931 y 1936 por el gobierno
republicano a través del Ministerio de Instrucción Pública. En este sentido, son muy
ilustrativas algunos carteles que podrán verse en
la exposición con textos como: «¡Ciudadanos! Los
libros son tus armas de mañana. ¡¡Ayuda a
conservarlos!!» y otro en el que con la imagen de un
soldado herido se puede leer: «El libro. El mejor
amigo, convaleciente».
Los principales protagonistas de la muestra, y que
servirán de guías a los visitantes, son Tomás
Navarro
Tomás,
director
de
la
Biblioteca
Nacional durante los años de la guerrac civil española, y otros cuatro bibliotecarios
impulsores de los grandes proyectos de la época como fueron Juan Vicens, Teresa
Andrés, Jordi Rubió y María Moliner.
24
La exposición está dividida en tres apartados, con la Biblioteca Nacional protagonista
de uno de ellos, otro dedicado a las blibliotecas en los frentes y el tercero dedicado a la
lectura, con ejemplos de promoción de la misma, en unas circunstancias especialmente
difíciles, como el caso de la mencionada María Moliner.
A lo largo de la exposición y como una veta transversal que atraviesa lo ocurrido entre
1936 y 1939, podrán verse documentos, fotos y textos alusivos a guerras actuales que
también afectan a las bibliotecas nacionales como son los casos de Sarajevo o Bagdad.

Exposición: As Misións Pedagóxicas 1931-1936 (19/03/2010). A
Voz De Galicia.
e inauguró en la Casa das Asociacións la exposición As Misións Pedagóxicas 19311936 , un proyecto de la Fundación Francisco Giner de los Ríos y producido por la
Residencia de Estudiantes, que recoge la historia y algunos documentos inéditos, así
como fotografías, de las actuaciones que las Misiones Pedagógicas pusieron en marcha
durante la Segunda República. En el acto inaugural estuvo presente, además del
alcalde Sánchez Bugallo, el comisario de la exposición Eugenio Otero Urtaza. La
exposición se divide en varios epígrafes que recorren desde los antecedentes de esta
experiencia pedagógica y cultural hasta los servicios que ofrecían durante sus viajes:
construcción de bibliotecas, cines ambulantes, fomento de la lectura, espectáculos
teatrales, guiñoles o conciertos de música, entre muchos otros. La muestra también
reflexiona sobre lo que esta experiencia supuso para la generación de jóvenes
intelectuales de la época.

Se clausura en Foz el congreso sobre los intelectuales
republicanos en misiones pedagógicas. (19/07/2003) A Voz de
Galicia.
Hoy a mediodía se clausura en Foz el curso de verano sobre los intelectuales
republicanos en misiones pedagógicas o de enseñanza. Un interesante congreso que
llega hoy a su fin con un debate sobre la enseñanza en el contexto de la educación
republicana. Participan el profesor Antón Costa Rico, de la Universidad de Santiago;
Angel Serafín Porto Ucha, catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Isaac
Díaz Pardo, galleguista, intelectual y empresario, fundador del complejo de
Sargadelos, junto con Luis Seoane. Ayer en las diversas ponencias se abordaron las
25
misiones pedagógicas y la Residencia de Estudiantes en la República; la literatura de
Rafael Dieste en la II República y el ambiente cultural, en general, durante esta etapa
de la historia de España. Este curso de verano, organizado por la delegación de
Cultura del Ayuntamiento de Foz, estuvo dirigido por el profesor Eugenio Otero
Urtaza”.
Mañana miércoles y pasado, en la Casa das Asociacións de Cornes, se reunirán
expertos en pedagogía para compartir con el público sus reflexiones desde las
perspectivas históricas y de género. Las jornadas de Comunicación y Debate: unha
nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas estarán abiertas al público en general y
especialmente dirigidas a las personas interesadas en la innovación educativa.
Las jornadas de debate pretenden establecer diálogos con la finalidad de resituar
definiciones actuales sobre la educación ciudadana, el acceso a los bienes culturales,
la huella dejada por las mujeres en el fomento de la enseñanza y la cultura, el
feminismo en las aulas y la producción cultural. Se analizará asimismo el avance
sufrido en materia pedagógica, con el marco de las Misiones Pedagógicas realizada en
España entre los años 1931 y 1936.
La exposición estará abierta en la Casa das Asociacións hasta el próximo día 30 de
abril. Esta muestra se organizó a iniciativa de las asociaciones de vecinos del Consello
de Relacións Veciñais”
26
BIBLIOGRAFÍA
Esteban Mateo, L. (2002). La educación en el Renacimiento. Madrid: Síntesis
Herrera Oria, Enrique S.(1941). I.Historia de la educación española desde el
Renacimiento. Madrid : Veritas,
Semana de Estudios Medievales (10ª. 1999. Nájera) Publicación ano 2000:. La
Enseñanza en la Edad Media / X Semana de Estudios Medievales, Nájera, 1999.
Logroño: Instituto de Estudios Riojanos
Xornais:
 Consultado: El Pueblo Gallego dende o ano 1931 ata 1931.
-
01/01/1931- 30/08/1931
-
01/01/1932- 30/06/1932
-
04/01/1933-30/09/1933 ( No había publicacións do día 13-02; 17-02, 01-05;
02-05; 03-05 e 04-05.)
-
02/01/1934- 29/06/1934. 02/10/1934- 21/12/1934.
-
01/01/1935- 27/06/1935 (Dos días 1-05 e 1 e 2 – 06 non había rexistro)
-
01/01/1936- 28/03/1936.
-
01/07/1936-30/08/1936
-
01/11/1936-30/12/1936 (a excepción dos días 26 e 28 de decembro.
27

Consultado a Hemeroteca dixital da Voz de Galicia.
28
Descargar