As aventuras de Pinocchio; Carlo Collodi

Anuncio
COMENtARIO PERSOAL DE: AS AVENTURAS DE PINOCCHIO de CARLO COLLODI
Da historia orixinal á versión de Disney hai un abismo, o certo é que Disney só quedou coas ideas básicas...
Sorprendeume bastante a historia; que fose escrito por entregas para un xornal, e que, coma sucede no
Quixote, nos vaia contando ó principio de cada capítulo un pequeno resume do que vai a acontecer.
É un conto que roza o surrealismo en case todos os seus ámbitos, é unha sucesión de historias imposibles e
situacións irreais.
É un conto que pretende ensinar unha lección ós nenos que non son obedientes.
Análise dos personaxes:
• Tío Antonio/Cereixa. Só sae nos dous primeiros capítulos e é o que lle da a madeira a Geppetto. É un
home maior, que vive só e que ten unha pequena pelexa con Geppetto.
• O Grilo parlante: aparece en diversas ocasións no transcurso do conto, ó principio na casa de
Geppetto cando Pinocchio queda só para recriminalo pola súa actitude, e o que fai o protagonista é
pasar do que lle di e esnaquizalo cun martelo. Volve a aparecer cando Pinocchio se atopa co raposo e
co gato para advertirlle de que non faga trato con eles que son uns lampantíns. E ó final, dentro da
casiña que atopan Pinocchio e Geppetto despois de saír da quenlla.
O grilo é un dos personaxes que ensina a Pinocchio e lle dá consellos, tenta facer del unha persoa mellor e un
neno máis aplicado, Pinocchio non lle fai moito caso pero ó final pídelle perdón e agradece os seus consellos.
Aparece sempre nos mellores momentos, inesperadamente, ten sempre localizado a Pinocchio
• Geppetto: un velliño carpinteiro que pasaba moitas penurias económicas, solitario e polo que se ve
bastante pobre. Foi quen lle deu forma a Pinocchio, e quen o tratou coma un verdadeiro fillo,
sacrificando, por exemplo o seu gabán por el ou dándolle as dúas peras que tiña de parva para comer o
día que saíu da cadea (e foi por culpa de Pinocchio)
Era un home cunha paciencia infinita e moi bondadoso, xa que despois de que Pinocchio tentase escapar da
casa, o menosprezase, non lle fixera moito caso en ir a escola, el seguíao querendo.
Cando desapareceu saíu na súa busca, e para eso montou a lanchiña e foi engulido pola quenlla durante dous
anos ata que o seu fillo o rescatou, polo menos ó final da historia está un pouco mellor, non ten tantas penurias
económicas e por fin o seu fillo madura o suficiente para saber aprecialo...
Todo un personaxe, penso que non habería ninguén con tanta paciencia e tan bondadoso, supoño que a idea
que temos que sacar deste personaxe é que quen é bo ó final recibe a súa recompensa, aínda que sexa despois
de pasar toda unha vida de penurias e o bo chegue no final da súa vida...
• A fada de cabelos turquesa: sálvalle o pelexo cando o colgan o raposo e o gato, deulle cartos para que
llos levase ó seu pai, promételle que o vai converter en neno, dálle bos consellos e axúdao en todo o
que pode.
Sofre unha transformación: nun principio era unha fada xove, logo no seguinte encontro con Pinocchio é unha
moza xa maior. Se nun principio a idea era que fose a irmá de Pinocchio, ó final rematou sendo coma unha nai
para el... Algunhas persoas envellecen moi cedo...
1
É outra persoa bondadosa e caritativa, con moita paciencia, sería coma a antítese de Geppetto, ela é muller e
xove, bela, e Geppetto ancián, home e non moi ben conservado. En cambio os dous son seres caritativos e
teñen moito amor en Pinocchio porque ambos creen que pode cambiar e perdóanlle as súas toleiradas unha e
outra vez, dándolle consellos sobre o importante que é estudiar para poder chegar a ser algo na vida.
Quizais o que máis destaque dela é que tenta ensinar a Pinocchio con pequenos escarmentos, como o da auga
para curalo ou o de medrarlle o nariz...
É un personaxe moi importante xa que está presente na maduración de Pinocchio (Geppetto aparece ó
principio e ó final pero ela está presente durante a historia) e é ela quen lle dá a casa na que finalmente vivirán
Pinocchio e o seu pai, ademais de ser quen, finalmente o converte nun neno de carne e óso.
• O monicrequeiro papa−lume: tiña moi mal carácter pero parece que a vida non lle deu moitas alegrías,
vive dos monicreques e perdóalle a vida a Pinocchio e regálalle unhas moedas para que llas leve ó seu
pai.
• O gato e o golpe: Son os personaxes malignos da historia, teñen mala conciencia, son falsos e
mentireiros, e enganan a Pinocchio , na onda habitual do conto, ó final son castigados polas súas
falcatruadas e de tanto finxir que un estaba cego e o outro coxo dunha pata quedaron así para
sempre... A idea de que os malos sempre levan o seu merecido, cúmprese neste caso.
• O labrador que o obriga a traballar de garda: roubar está mal (outra das leccións moralistas que
aparecen na historia)
• Os compañeiros de clase: fan o papel típico dos nenos, burlóns, os nenos pequenos soen ser burlóns
ou amolan ós nenos que son diferentes, e aínda que non teñan malicia poden facer moito dano, logo
está o grupo dos nugalláns (que normalmente soen ser os máis populares). Tamén hai que dicir que
había compañeiros cos que Pinocchio se levaba ben
• O mastín ó que Pinocchio lle salva a vida: este mastín tiña que apresalo, caeu ó mar perseguindo ó
protagonista e el salvoulle a vida, logo devolveulle o favor (outra das "moralinas" da historia, fai ben
e non mires a quen, e se logo cho devolve saes gañando...)
• O cocheiro pequeno gordecho e millonario: home pequecho, ben parecido, vestido con roupas
escuras, que é o encargado de levar ós nenos ó País dos enredos, teoricamente para pasalo ben e
finalmente descóbrese que é para sacar beneficio económico deles.
O certo é que podería corresponder metaforicamente ó papel dun político corrupto (que promete o ouro e o
mouro, e ó final nada) ou dun empresario avaro e egoísta, destes que explotan a nenos por unha miseria no
terceiro mundo... Moi logrado e é un perfil universal.
• O Mecha que lle insiste en escapar ó País dos enredos: suponse que Pinocchio, aínda que é malo e
desobediente, ten bo fondo, así que non podería ser el o que tivese a iniciativa de marchar ó País dos
enredos, no momento no que o ían converter nun neno de carne e óso. O seu final é moi triste, morre
do traballo realizado, e sen Pinocchio sabelo estaba moi preto.
Agora que os asnos están en perigo de extinción, habería que dicir moitas cousas sobre o trato que se lle dá a
estes animais no libro..
• O domador do circo: despois de pagar por Pinocchio (convertido en asno) lévao ó circo para adestralo
e sacar por el o maior número de cartos, no momento da súa presentación no circo conta unha morea
de mentiras a cerca da procedencia e adestramento do asno, todo sexa polo espectáculo... Un home
pintoresco, e interesado no seu propio beneficio.
• O atún que atopa no interior da quenlla:dálle palabras de ánimo e dille que ten posibilidades de saír da
quenlla, e finalmente faino despois dos dous protagonistas. Cando Pinocchio xa non podía nadar máis
e xa se daba por vencido, apareceu este atún (que polo que se di, debía ter unhas dimensións bastante
considerables) e achegounos ata a beira do mar. Neste caso a idea sería a de que quen ten un amigo
2
ten un tesouro...
• Giangio, o da manivela da auga: fai negocios con Pinocchio, e págalle en especias os traballos que o
protagonista fai para el, todo para que o pobre Geppetto tivese algo que comer. É un home cabal e
intelixente, que da bos consellos
O personaxe central e carismático desta historia é Pinocchio, que por algo lle da título a historia, dende a miña
forma de ver as cousas, está totalmente xustificado que sexa de madeira, xa que un neno de carne e óso non
podería facer esas trasnadas, nin ser tan egoísta nin tan malo, sendo un monicreque de madeira, resulta máis
políticamente correcto.
É bastante inxenuo (característica típica dos nenos) e vai evolucionando ó longo da historia, madura
lentamente, pero con paso seguro, coa axuda de personaxes coma o grilo ou a fada que o encarrilan polo bo
camiño.
Por outra banda, a idea de que sexa de madeira, pode ser unha metáfora, so sé converte nun neno de carne e
óso canda ten a suficiente madurez para darse conta das maldades que fixo e do egoísta que foi. Unha
recompensa, xa que neste conto todo son recompensas por axudar a alguén ou historias con contido moralista.
Supoño que haberá nenos ós que lles guste...
LEONISA VÁZQUEZ CHOUSAL
3ºC PRIMARIA.
3
Descargar