Los ángeles perdidos; Manuel Leguineche

Anuncio
Programas Educativos na Infancia e na Xuventude 2ª Educación Social
Manuel Leguineche
LOS ÁNGELES PERDIDOS
LA EXPLOTACIÓN DEL NIÑO EN EL MUNDO
Los Ángeles Perdidos
• Breves notas sobre o autor do libro.
Manuel Leguineche naceu en Guernica (Vizcaya) en 1941. É periodista e no ano no que se publicou Los
ángeles perdidos dirixía a axencia Fax Press. Foi enviado especial a máis dun centenar de acontecementos
internacionais. Tamén traballou na televisión, concretamente na Televisión Española, nos programas de
Europa, Europa, Estudio Abierto e Informe Semanal e foi director do espacio chamado En portada.
En 1979 foi galardoado co Premio Nacional de Periodismo e tamén recibiu premios como o Cirilo Rodríguez,
o Godó, a Pluma de Oro e o Ortega y Gasset .
Ten máis de vinte libros publicados, dos que destacan, entre outros: Los topos, El camino más corto, La
guerra de todos nosotros, Filipinas es mi jardín (que recibiu o Premio Reporter), En el nombre de Díos,
Yugoslavia Kaputt, El precio del paraíso, Los ángeles perdidos (Premio Espasa Hoy 1996), Apocalipsis Mao
e Annual 1921.
• Temática da obra.
A temática da que trata o libro Los Ángeles Perdidos é principalmente a infancia explotada: nenos comprados,
vendidos, alugados, secuestrados, envoltos nas guerras como víctimas, como verdugos, nenos−bomba,
nenos−correo, nenos−esclavos, nenos−camellos, nenos−prostitutos, nenos−soldados...
• Estrutura da obra e de que trata cada apartado.
A obra Los Ángeles Perdidos de Manuel Leguineche está estruturada en 24 capítulos e ademais conta cun
prólogo, un epílogo e a bibliografía e agradecementos.
Imos falar un pouco do que trata cada apartado:
♦ PRÓLOGO.
É unha introducción ó libro con algunha que outra historia, pero máis ben xeral, sobre a situación dos rapaces
da guerra no mundo.
♦ I. ESE MONSTRUO QUE CREAN LOS HOMBRES
O primeiro capítulo fala da traxedia de Guernica, vivida polo propio autor do libro a ademais contada por
outra rapaza de entón; fala dos refuxiados de Sarajevo, entre eles, de Igor Spacic, un rapaz dun seis ou sete
anos que polo brutal bombardeo quedara só no mundo e no podía recordar nada, tan só o seu nome o traballo
dos psiquiatras e psicólogos sobre os recordos da infancia, as experiencias traumáticas vividas neses anos e a
mellor maneira de que iso faga o menor dano posible.
1
Unha frase a destacar sería: La niñez es la nación que produce los exiliados más nostálgicos.
♦ II. HAZ ALGO, CAMBIA EL MUNDO
Este capítulo fala da relación que manteñen os rapaces milaneses con Deus, frases como Querido Díos, haz
algo, cambia el mundo; de varias guerras como son a de Iugoslavia, a de Irak − Irán, a de Chechenia, a
Segunda Guerra Mundial, a de El Salvador, etc. e tamén fala de cómo era o Berlín de HItler e do patriotismo
deste e de Franco.
Podería resaltar como o que máis me chamou a atención, se é que podo dicir que algún texto me impactou
máis que outro, o seguinte texto:
Un día llegaron a casa algunos hombres borrachos. Mi abuelo nos dijo que nos escondiéramos bajo la cama.
Yo estaba allí con una niña que era pariente mía; cuando los hombres borrachos empezaron a disparar, una
bala le hirió la cabeza y murió en el acto. Abandoné la casa con los demás primos. Corrimos hacia los
bosques, donde anduvimos perdidos durante casi un mes. [] Cuando llovía por las noches dormíamos en
cuevas donde había animales. Luego nos encontramos con algunas personas que nos dijeron que los soldados
estaban cerca y que no debíamos detenernos. Así que no nos detuvimos. Yo casi no podía caminar de la fatiga
y, a pesar de mis esfuerzos por evitarlo, me eché a llorar. Finalmente nos reunimos con un grupo de personas
que nos ayudaron a llegar a un lugar seguro. Pero al día siguiente hubo allí una matanza, ametrallaron a
personas, gallinas, perros, cerdos, a todo lo que se movía. Escapamos justo a tiempo.
♦ III. EL HOMBRE Y EL CUCHILLO SON HERMANOS
O capítulo tres nos conta de Vukovar (Yugoslavia), da India e Pakistán, de Sudáfrica, e sobre todo das armas,
da vinganza que senten os nenos polas cousas e persoas perdidas e como queren recuperalo por medio da
violencia, traxedias polas que tiveron que pasar distintos rapaces...
Deste capítulo gustaríame destacar frases, palabras, conceptos como:
• Los pequeños tienen menos miedo que los adultos, pero mueren igual que ellos.
• Mueren los niños porque son niños: son los que forman las colas del pan, los que esperan su turno en
las fuentes públicas; mueren los niños porque deben atravesar puentes y avenidas para acudir a los
pocos colegios que permanecen abiertos. Mueren niños hasta en la fantasía y el rumor.
• Las guerras de los pobres.
• Carnicería, purgas, violencia endémica, apartheid
• Hemos tenido que destruir Ben−Tre para salvarla.
• El siglo más violento de la historia (referíndose ao XX).
• El daño real de la guerra no se conoce ahora. Habrá que esperar diez años.
♦ IV. TENER A PAPÁ EN EL FRENTE
Este capítulo relata historias de mortes de pais de familia causadas por seren tanto soldados como víctimas das
guerras, historias dos fillos (como poden ser as de Stanislav Trninic, Jalima Jacuponic, Emsuda Katiric,
Cana...), de como viron morrer ao seu pai e como tiveron que pasar a formar parte dalgún campo de
refuxiados....
2
Destacaría:
• No hubo compasión para con el vencido.
• Nuestra respuesta a la destrucción es la creación; a la agresión, la defensa; al nacionalismo, la
democracia; el mal, el bien; a la desesperación, una vía de salida. Era una propuesta útil para un
período de tribulación.
• En aquellos primeros días se llevaron a ochenta y dos hombres y los mataron en la explanada.
• Ve hija, acepta la violencia, no ganarás nada con resistir.
• A una madre: Elige pronto o matamos a los tres.
• ¿Por que la vida tiene que ser tan brutal?
♦ V. El ENEMIGO INVISIBLE
Este capítulo V, como o seu propio nome indica, fálanos das minas antipersona.
Cada ano se fabrican no mundo entre cinco e dez millóns de minas, e no mundo hai máis de cen millóns de
minas sementadas. Unha mina pódese comprar por menos de 400 ptas. e desactivala custa entre 300 e 1.000
dólares. Teñen unha lonxevidade de entre 30 e 50 anos. É o soldado perfecto, porque sempre é valente, nunca
durme, e nunca falla. A economía das minas é moi atractiva porque é pequena, un arma barata con un
fantástico efecto de multiplicación − afirmaba un xeneral dos kmeres vermellos de Camboya.
Tamén narra historias de rapaces que foron víctimas desas minas, por ser obrigados a correr no medio delas
para desactivalas ou ben por non saber da súa existencia, como Hen Sin, que se dirixía ao bosque e aínda non
colocaran os carteis de aviso en camboiano e inglés. Non sabía ler. Tropezouse cunha mina e agora ten que
aprender a vivir cunha soa perna. É o segundo fillo derribado por unha mina.
Gustaríame destacar unha frase: Es como si no hubieran perdido sólo una extremidad o la vista, sino el alma.
La mina persigue la anulación de la persona; llevará de por vida el estigma.
♦ VI. LOS NIÑOS DE LA GUERRA ESPAÑOLA
Este capítulo é sobre os rapaces das familias españolas que saíron do país durante a guerra por orde da Xunta
de Defensa. A maioría foi á URSS e alí foron moi ben recibidos e atendidos ó principio, pero despois, cando a
guerra rematou, Rusia tamén tiña problemas e eles quedaron alí, cun gran problema de identidade.
Cóntanse moitas historias de nenos de entón que emigraron cara a URSS, como é o caso de Luís Lavin,
casado cunha rusa e cun fillo.
Destacaría deste capítulo: El único delito que cometimos fue el de haber sido niños en 1936. Nos metieron en
un barco camino de Rusia, sin pedirnos opinión, y nos fue imposible volver cuando quisimos. La guerra aún
no ha terminado para todos lo que continúan allí.
♦ VII. TENIA UNA CAJA DE LÁPICES DE COLORES
O capítulo VII conta de varias guerras como son a de Israel−Palestina, do termo Guerra Santa, dos nazis, do
problema dos protestantes e os católicos en Irlanda do Norte, do chamado Axente Laranxa que é un herbicida
que os estadounidenses lanzaron e que durará décadas, polo menos tres xeracións e que abrasou a centos de
3
vietnamitas e que provocou que naceran nenos con deformacións, e tamén fala da experiencia de Hiroshma, a
primeira explosión radioactiva, contando unha escalofriante historia dunha rapaza que resultou queimada, que
tiña as catro extremidades inchadas que supuraban pus e que levaba quince días así, sen cambiar de postura.
Nunha cavidade provocada pola queimadura da rexión coxal había vermes. Faleceu pouco despois.
Deste capítulo destacaría a historia relatada anteriormente e a frase La guerra termina pero quedan las semillas
de la muerte.
♦ VIII. LOS NIÑOS ESCLAVOS
Este capítulo céntrase nos nenos escravos, algo moi común en Asia, vendidos polos propios pais como
consecuencia dunha débeda, e que se dedican á prostitución, a recolectar té ou fumigar a planta con pesticidas,
a traballar nos teares para facer alfombras... Hai casos deste tipo en Tailandia, Pakistán, Afganistán,
India...como é o caso de Iqbal, o neno−esclavo cristián, que viviu o suficiente para destapar os casos de
explotación dos nenos obrigados a estar durante dez, doce ou catorce horas ó tear das alfombras. Eles reciben
unhas moedas e a alfombra se vende carísima. Foi asasinado cando tiña doce anos. Ía pedaleando na bicicleta.
Podería comentar, entre moitas outras cousas, o seguinte texto: El hombre habrá llevado a cabo grandes
descubrimientos, habrá llegado a la Luna y combatido graves enfermedades endémicas, fabricado satélites,
técnicas nuevas y sorprendentes inventos. No importa. En recónditos lugares aparecen de pronto casos como
el de Iqbal que sacuden conciencias y suscitan preguntas: ¿Será verdad que en el siglo XXI puedan ocurrir
monstruosidades como esta que protagonizan los niños esclavos del Pakistán?
♦ IX. ¿POR QUÉ DISPARAN SOBRE NOSOTROS?
Con este capítulo coñecemos que as guerras actuais teñen antecedentes. Dende Herodes a Hiroshima, a Bosnia
e Ruanda, o martirio dos nenos non ten fin. Aínda quedan corenta ou cincuenta guerras pequenas no mundo e
teñen de onde aprender, dun pasado sanguento, Dunha Historia Mundial plagada de guerras e máis guerras.
Poderíanse mencionar a matanza de San Bartolomé (1572), a Cruzada dos Nenos (1212)...
Tamén este capítulo fala dos nenos escravos. A xente do rural vai cara a cidade e estas se ven incapaces de
absorbelos a todos porque non hai traballo, nin infraestructuras nin diñeiro, e o resultado é a
subproletarización dos traballadores a as súas familias Os nenos proletarios son baratos, maleables, non
protestan, non forman sindicatos e se lles pode poñer de patiñas na rúa sen problemas nin indemnizacións.
Resaltaría o seguinte: En una nación que prohíbe matar a las vacas y a los insectos (Filipinas), millones de
niños se pudren en angostos cuchitriles sobre los que flotan vapores químicos abrasadores. Pobre del que
caiga enfermo o resulte herido en los ojos por el ácido. O le duelan las manos o sufra quemaduras; perdería el
puesto de trabajo y quizá la vida.
♦ X. TENGO ONCE AÑOS Y HAGO LA GUERRA
Este capítulo fálanos sobre os nenos−soldado e dos nenos−espía, de cómo o ter un arma na man lles da poder
e seguridade, de cómo eran educados os nenos de Hitler, os nenos da patria, aprendendo na escola as
excelencias do combate, das xuventudes hitlerianas, de Auschwitz, das guerras mundiais (morreron trece
millóns de soldados na primeira e sesenta millóns na segunda)...
Resaltaría os incribles datos que existen sobre as brutalidades dos nazis: Antes de la guerra en la Europa
ocupada por los nazis se contaban un millón seiscientos mil niños judíos. Tan sólo se salvó el 7%. [] En una
redada en Francia, hicieron prisioneros a nueve mil judíos. Cuatro mil eran menores de edad. Del total,
regresaron vivos treinta. [] Sometieron a once niños judíos a <<experimentos médicos>> en el campo de
Sachsennausen. El médico nazi trataba a los niños como animales de laboratorio. [] Tendrían entre ocho y
4
dieciséis años.
♦ XI. RÍOS DE LECHE Y MIEL
Neste capítulo coñecemos máis acerca do fundamentalismo musulmán. Fálase dos palestinos, de Afganistán,
dos fusiles, de cómo a guerra se converte no deporte nacional, de cómo os rapaces aprender a amar o Corán e
o fusil, de nenos−soldado en Sri Lanka que levan unha bolsiña colgada que conten unha cápsula de cristal con
polbo de cianuro branco que tragarán no caso de que sexan detidos polas forzas do goberno, do alistamento
de rapaces nos colexios, de Khung Sha e de cómo protexe os seus campos de opio (con rapaces soldados), do
conflicto de Chiapas, en México...
Hai unha frase neste capítulo que case me fai chorar: No es que quieran morir, es que no quieren vivir.
♦ XII. NACIDO PARA SUFRIR
Máis guerras. Este capítulo trata das guerras e conflictos en África, Monrovia, Liberia, Vietnam,
Guatemala...de cómo estes rapaces non queren reeducación porque se senten como dentro dunha gaiola, dos
sobornos, de montóns de rapaces mortos... e dos malos tratos en Occidente.
Unha frase: En una guerra la primera víctima es la inocencia.
♦ XIII. LA VIDA NO VALE NADA
A noción dos bos e dos malos non está presente nas mentes dos rapaces como o está na mente dos adultos,
polo que son facilmente maleables e por iso os utilizan nas guerras. Se se utiliza aos nenos nas guerra é
porque non se poden infantilizar de maneira suficiente aos adultos.
En Camboya se violenta ao neno dende que é pequeno; son convertidos en máquinas de matar. Hai relatos
terroríficos de rapaces ensartados nas baionetas doutros rapaces. Existen torturadores de doce ou trece anos.
O regreso á normalidade non é fácil para eles porque os volven tratar como nenos. Botan de menos ao seu
amigo o fusil. A súa percepción do mal e do ben resúmese en termos de obediencia e castigo. Están
convencidos de que ninguén pode querelos despois do que fixeron.
É importante comentar da inconsciencia do neno: << No tiene noción de la muerte porque la muerte no se
puede concretar por definición. Porque el niño, al contrario que el adulto, no tiene el sentido de la abstracción.
Eso no existe en sus estructuras cognoscitivas. Si pierde a un pariente o a su animal doméstico preferido, no
comprende por qué de pronto ha dejado de verles. [] La idea de la muerte se concreta con lentitud. Como no
han adquirido esa noción, tantos jóvenes de dieciséis o diecisiete años se suicidan sin la menor vacilación. >>
♦ XIV. POEMA DE AMOR
Humberto Alexander Aguilar ten 11 anos e tivo sorte de librarse da guerra. É limpabotas porque mataron ao
seu pai e ten que levar diñeiro a casa, e tódolos días vivía no seu barrio da periferia da capital salvadoreña
algunha batalla. A última fora o día anterior. Contaba como a cada rato se escoitaban os balazos e que despois
levaron ós mortos nun camión. Pero coñeceu a guerra intensa cando viu como loitaban os muchachos contra
os soldados e como morría un rapaciño de cato no cerro ce ou quince anos por un disparo no peito.
Mil novecentas cincuenta e catro persoas foron asasinadas en El Salvador nos tres primeiros meses de 1984,
por iso moitos dos nenos salvados das matanzas ían dereitos á escola da guerrilla. Tamén os recrutan nos
colexios. No Playón atopábanse os mortos asasinados polo exército, a medio enterrar, sen nome.
5
Nuestra guerrilla
es un poema de amor,
un poema escrito en sangre
de batallas y cuerpos mutilados y anónimos,
aparecen al atardecer a la orilla de la carretera.
Dispara, <<compa>>,
el olor a pólvora es nuestro perfume;
dispara, <<compa>>, dispara.
♦ XV. MENTES Y CORAZONES
O capítulo quince é bastante forte. Conta historias de Vietnam, dos nazis e como estes lles daban aos nenos
que choraban indo á cámara de gas xoguetes para que se calmaran e como deixaron que unha muller dera a luz
baixo a chuvia e o barro para despois arrebatárlle−lo neno; dos estadounidenses e como estes fusilaron a 500
persoas da aldea de My Lai en catro horas, por grupos de homes, mulleres, anciáns e nenos, e con casos de
violación, sodomía e mutilación; de Bangla Desh e da vinganza contra Pakistán onde os prisioneiros eran
xulgados polo pobo, que tras cortalo con navallas e demais obxectos punzantes, deixaban que os nenos o
rematasen.
É incrible que rápido esquecemos: Lo que fue primero una <<matanza>> se convirtió luego en una tragedia y
más tarde en un <<incidente>>. La memoria es frágil.
♦ XVI. EL LAVADO DE CEREBRO
En Pakistán, unha mañá un helicóptero soviético que voaba sobre unha aldea lanzou xoguetes, camións en
miniatura, plumas, acendedores, follas verdes de plástico e unha bolboreta. Un rapaz o que lle encantan as
bolboretas foi a collela. Deuse conta demasiado tarde que non era un xoguete. Era unha bomba que explotou
nas súas mans. Agora non ten brazos.
En Afganistán, os talibáns comezaron unha guerra civil. As súas tropas están nutridas de nenos e adolescentes.
Síguenos dous centos mil fanáticos. A única industria de Kabul é a que fabrica pernas ortopédicas. Un millar
de menores afganos de entre sete e nove anos foron levados a URSS para estudiar. Alí aprenderon a levar
explosivos, a ler mapas, a lanzar granadas, a reptar polo terreo sen ser vistos e a matar con arma branca. Os
que pasaron o exame volveron a o seu país para facerse pasar por orfos e así coñecer o armamento, os
efectivos e os obxectivos do inimigo da URSS. Pagábanlles pola información. Os que quedaron alí, agora que
o comunismo está esquecido e que Rusia está derruída, tamén están esquecidos os millares de nenos perdidos
alí.
Un texto: El, niño, sentado en el suelo, parecía tranquilo. Sotnik hizo acopio de sangre fría y apuñaló al niño
en el pecho. Entonces el teniente gritó fuera de sí: << ¡Idiota!, no es así como se mata a un hombre. Mira
cómo se hace. >> Tomó la bayoneta y la hundió en la garganta del niño.
♦ XVII. EL MIEDO A LO PEOR
En Beirut existe a lei do fusil. Os nenos estaban fascinados polos obuses, os tanques e demais armamento.
6
Abandonaran as escolas para seren soldados. Descubriron a súa forza e o eu poder, o que lles daban as armas.
Perderan o sentido do perigo e enfrontaban a morte coma algo normal. Non coñecían outra experiencia.
Formaban parte da xeración do medo. Perderan aos nenos. Son tristes, ou moi egoístas ou moi sensibles. Os
soños so o mellor antídoto para as preguntas que no teñen resposta.
O Líbano foi un laboratorio, unha escola, un teatro de crueldades. Os francotiradores acechaban en cada
esquina. Son asasinos a soldo; véndense ao mellor postor.
Atención ao seguinte texto: Los psiquiatras descubrieron un nuevo síndrome, la claustrofilia: Los niños no
soportaban la salida al exterior y pedían a sus padres que les dejaran en casas sin balcones ni terrazas. Ni
siquiera querían que sus padres salieran fuera de sus casas, se negaban a dormir solos y a veces rechazaban la
comida.
♦ XVIII. LOS JUSTICIEROS
Os <<xusticieiros>> brasileiros barren as rúas de nenos molestos, de golfos, de ladróns, de drogadictos ou de
nenos pordioseros, a escoria da sociedade. Parten á caza do <<meniño da rúa>>, o acecha, o persegue, o mata.
Cobrará diñeiro por iso. É a guerra dos nenos; unha guerra civil encuberta. En Brasil as persoas conmóvense
máis pola morte dunha árbore, a moda ecoloxista, que polo asasinato dun neno. Morreron 1397 menores en
tan só 9 estados do Brasil. Chámanlle <<limpa−las calles>> e non está mal. Os policías son uns dos máis
corruptos do mundo e teñen a fixación de patear o ventre das adolescentes embarazadas. Se estes nenos
chegan aos trinta anos é un milagre. Hai moitas nenas prostitutas;a maioría proceden de fogares rotos. A
pobreza as empuxa á rúa.Só poden vender o único de valor que posúen, o seu corpo.
Outra frase: La mayoría de los brasileños practica una omisión silenciosa. Dicen: Yo no mato a los niños, pero
tampoco me importa que sigan vivos.
♦ XIX. LOS SICARIOS
Os nenos da rúa colombiana sempre pensan na súa nai, a nai é unha santa. Os <<gamines>> como se chaman,
non conciben a vida en solitario. Pertencen a unha pandilla, e teñen o seu propio código e a súa propia
linguaxe. Nunca utilizan o seu nome de pila. Son de unha sorprendente axilidade física e mental, porque a súa
vida depende do insólito, do inesperado. Tamén hai nenas, as <<gaminas>>, que pronto entran na
prostitución. Un empresario do petróleo ocúpase dos nenos das alcantarillas. Hai nenos que nacen alí, as nais
non poden ir ao hospital a dar a luz. Os nenos non son o problema, son o síntoma do problema real.
Alí tamén existen os escuadróns da morte para exterminar <<gamines>>. Son os sicarios e os seus amuletos
son o <<fierro>>, a Virxe, a <<cucha>> (nai) e os escapularios. En 1990 cometéronse en Medellín máis de
cinco mil asasinatos. Tanto desprezan a morte que algúns deles gastan o primeiro salario nun nicho do
camposanto. A morte é para eles un descanso, paz. Nos seus enterros non hai duelos nin choros: os
compañeiros do defunto celebran que o lograra e está onde debe estar. Saben que estudando e traballando non
conseguen nada.
A un niño cuatro policías guatemaltecos lo encontraron inhalando pegamento, lo arrojaron al suelo y lo
golpearon hasta hacerle perder el sentido. Tenía trece años. Le rompieron el hígado y las costillas. Murió días
más tarde de lesiones internas. <<Sólo quise ser un niño, ellos no me dejaron>>, decía una lápida
conmemorativa en el lugar del crimen.
♦ XX. PLAZA DE MAYO
En Arxentina, durante a dictadura militar levaban con destino descoñecido a sospeitosos, disidentes,
matrimonios de esquerdas, a familias enteiras. Trescentas mil persoas desapareceron baixo esta dictadura.
7
Detención, torturas, execucións. Arxentina quedou sen pulso, sacudida pola corrupción. Quedaba o exército
do manifesto. Secuestraban aos rapaces, que crecían en familias de policías e militares que non eran as súas e
cando, despois de moito tempo, conseguían localizalos e dicirlles a verdade, os nenos perdían bruscamente a
personalización, a identidade, unha situación de moita violencia psíquica, como Gonzalo e Matías que viviron
co torturador das desaparicións coñecéndoo como un padre amantísimo e un católico exemplar.
En El Salvador continuaban as matanzas e secuestros. En El Mozote exhumaron cen esqueletos de nenos en
novembro de 1992. Soamente sobreviviu Rufina Amaya, que oculta baixo as ramas dunha maceira viu como
mataban a todo o pobo, incluída toda a súa familia e tódolos seus veciños. Sacáronlle aos fillos das mans e o
mataron. Ela conseguiu salvarse por un despiste dos soldados.
Rufina contaba: Los niños gritaban: <<Papá, los están matando. >> Yo pensé <<Díos mío, dame valor para
contarlo. >>
♦ XXI. EL DILEMA DE SAID FERDI
Alxeria sangra. Alxer foi concibida para albergar a oitocentas persoas e en 1988 contaba con tres millóns. para
evita−la miseria e o medo, moitos dos xóvenes pasaron a ser parte dos grupos armados. O 50% da poboación
é menor de 18 anos e tomaron parte na <<intifada>> alxerina. Invadíanno todo. Brutalidade, represión, guerra
santa. Fátima Godbane de quince anos, foi secuestrada por seis islamistas e asasinada nun centro docente. A
arrastraron a dez metros da escola. Ataron as súas mans ás costas cun cable metálico.Cortáronlle o pescozo e
lle apuñalaron o rostro.
Un dos libros máis desgarradores que leu o autor foi o de Said Ferdi, un rapaz que foi un mensaxeiro dos
rebeldes ata que os franceses descubriron no se macuto un libro de cantos patrióticos impreso en Exipto. Foi a
súa perdición. Foi conducido a unha sala de torturas para que confesase. Non querían crer que non soubera
nada tendo a dous irmáns na guerrilla. O torturaron ata que chegou o capitán do cuartel e o liberou,
estupefacto por atopalo naquel estado. A guerra pronto terminou e Said non sabía que facer.
<<Un soldado de segunda sección divisou un corpo que aínda se movía e sen dubidalo disparoulle unha ráfaga
co seu PM. Acercouse ao cadáver para recupera−lo arma e descubriu que o que agonizaba era o seu pai. O
soldado perdeu en aquel mesmo instante a razón. Obrigou aos seus camaradas a que o desarmaran e suxeitaran
para impedir que cometera unha loucura.
♦ XXII. ESCLAVAS SEXUALES
Cincuenta mil soldados norteamericanos das bases e outras decenas de miles elixían Tailandia para o seu
descanso e recuperación, por iso Bangkok despegou cara os prostíbulos e a degradación de costumes. Os
alemáns son os primeiros clientes. Podes elixir entre homes, mulleres e nenos. Alí é tan fácil levar a un neno á
cama como pedir unha Coca Cola. <<En Bangkok atopas todo o que queiras. basta con pagar. Ninguén te pide
contas.>> As axencias de viaxe ocultaban a amarga realidade da represión, a explotación e a pobreza. Cen mil
menores chegaban empuxados polo éxodo rural ao mercado da carne e escravitude de Bangkok. O neno
sempre é máis barato. En 1979 o número de homicidios elevouse a doce mil, o máis alto de Asia.
<<Crocodilos>> chámanlle estes rapaces aos pederastas e pedófilos, nome moi acertado. A policía facía a
vista gorda, subornada polos burdeles.
En España, un dos casos máis coñecidos foi o da secta Edelweiss: baixo a tapadeira dunha organización de
montañeiros e boi scouts de entre dez e dezaseis anos foron forzados a practica−la prostitución homosexual.
En Cataluña, entre 1988 e 1992 foron desmanteladas vintedúas redes de explotación sexual. En Alemaña, ás
rebeldes dos prostíbulos lles pegaban con bates de béisbol e as sometían a electrochoques. En Praga lles
cortaban a pel con coitelas. Setenta mil tailandesas <<traballan>> en Xapón controladas pola mafia. Mae Sai,
preto da fronteira con Birmania, é o centro neurálxico dos tráficos de opio e adolescentes birmanas.En
8
Filipinas, douscentos mil nenos viven nas rúas da capital e traballan no que poden, sobre todo a prostitución.
Custoume moito elixir o texto, pero ó final decidinme por este: Lo que allí han descubierto supera todo lo
conocido: críos comprados como esclavos, niñas de pocos años enfermas de SIDA, golpeadas, con
hematomas, con la piel y la frente quemadas con cigarrillos, niños drogados o alcoholizados a los nueve o diez
años: o trataron de escapar o no hicieron bien su trabajo o fueron víctimas del sadismo del cliente. Para eso
pagan.
♦ XXIII. LOS NIÑOS BASTARDOS
O tráfico de menores. A idade que vai dende un ano ata os doce é a máis vulnerable. Os nenos do mundo
comparten un mesmo drama. Por quince minutos de sexo obterían trescentas ou catrocentas pesetas. Durante a
Segunda Guerra Mundial, o exército xaponés serviuse de redes de escravas sexuais de diversos países
chamadas confort women (mulleres consolo). Algunhas delas foron secuestradas polos axentes recrutadores de
sexo para as forzas armadas niponas, como Li Xumei, que tiña quince anos cando a secuestraron. Durante
cinco meses era violada diariamente ata por dez soldados. Cando logrou escapar ninguén quería casar con ela:
<<Si el gobierno japonés no admite la existencia de esclavas sexuales, mátenme, por favor>> − afirmaba.
Como causa destas relacións naceron moitísimos nenos bastardos. Eran vinte mil ou trinta mil nenos
bastardos, os pequenos vietnamitas rubios. Os <<conlai>>, os mestizos, como os chamaban de forma
despectiva tiveron sorte porque conseguiron que os ensinasen a adaptarse á cultura americana. Eran uns
privilexiados e o sabían. Co plan de repatriación dos amerasiáticos os nenos recuperaron o seu orgullo.
deixaron de ser uns desarraigados. En Moscú, os fillos dos negros africanos casados con rusas pasaron polo
mesmo suplicio.
Antes, los niños rusos cantaban la Canción de la aurora: <<Que siempre haya un cielo, que siempre haya
sol, que siempre haya mamá, que siempre viva yo. >> Ahora le pusieron otra letra a la alegre melodía:
<<Que siempre haya vodka, que siempre haya arenques salados y salchichón ahumado, cigarrillos en mi
bolsillo y una chica en mi maleta.
♦ XXIV. LA MITAD DEL CIELO
Ceaucescu deixou a Romanía co máis baixo índice de consumo do mundo, a menor cantidade de coches, a
agricultura peor mecanizada e a base industrial máis pasada de moda. As imaxes dos orfanatos rumanos
estremeceron ao mundo. Non había esaxeración. Romanía era un lugar para morrer. No se les alimentaba. Era
algo que tetiña que ver co exterminio infantil. O 65% dos nenos rumanos vivía por debaixo do listón da
pobreza, por eso, se incrementou o tráfico de nenos rumanos e a caza de prostitutas adolescentes con destino a
budeis europeos.
En China, dise que a muller é <<a metade do ceo>> pero no se di que as autoridades obrigan a abortar ás
mulleres que intentan ter máis dun fillo, polo que os seus bebés reciben unha inxección letal ao pouco do seu
nacemento. Durante os <<anos do horror> moito dos corenta mil asilos orfos chinos foron campos da morte.
Fai sesenta anos os nenos chinos morrían nas rúas, agora elimínanos nos orfanatos. En China hai cento doce
varóns por cada cen femias por debaixo do ano de idade como consecuencia da aniquilación das nenas.
No había exageración en los documentales y en los reportajes fotográficos. Esos niños rumanos existían. Los
habían atado a las camas, morían de SIDA, nadie hablaba con ellos, se mecían hacia delante y hacia atrás,
desnutridos y sucios. Era verdad que tenían la mirada perdida, que se acobardaban ante la presencia de
extraños. A veces dos bebés por cuna, varios niños amontonados por cada catre. [...] En 1989 murieron
cuarenta de los cien niños del orfanato. << ¿De qué murieron?>>, preguntó una doctora extranjera. El médico
del orfanato se encogió de hombros: << De deficiencia mental>>, respondió.
9
♦ EPÍLOGO
O epílogo fala de máis guerras, sobre todo de África, onde se atopa máis do 60% da poboación mundial que
ten o SIDA. Guerras entre os hutus e tutsis de Ruanda, o que rematou nun xenocidio, guerras en Sudán,
Angola, Malí, Ghana... Matanzas con machetes...
Máis guerras, máis nenos desamparados, máis nenos−soldado, máis fame, máis familias rotas...
Un experto francés en temas africanos decía: <<Comprender por qué murieron es quizá el mejor homenaje a
las víctimas. Que la razón de esas muertes quede en la ignorancia, que sea distorsionada por la propaganda, o
simplemente malentendida al aceptarse clichés demasiado simplistas, supondría añadir el último toque al
trabajo de los asesinos, completando la deshumanización de sus víctimas.>> Hannan Arendt pidió: <<En la
medida en que resulte verdaderamente posible superar el pasado, la superación consiste en contar lo hecho en
su desnuda totalidad.>> La única respuesta es la memoria, la necesaria memoria, la lucha de la memoria
contra el olvido.
♦ BIBLIOGRAFÍA Y AGRADECIMIENTOS
• Comentario, valoración persoal da obra, crítica.
Persoalmente, este libro resultoume impactante, polo contido das historias e pola súa cantidade. Parece
mentira que se fagan cousas deste calibre no mundo, e despois dicimos que o home se diferencia do animal
pola capacidade de razoamento cando hai miles e miles de homes e mulleres que levan a cabo actos brutais
sen remordementos coma os que se recollen neste libro.
O que non me convenceu da obra foi a maneira de redactar do autor. Desde o meu punto de vista, a
información recollida ó ser redactada tería que estar máis organizada, por exemplo, de Hitler e do nazismo se
fala no capítulo 1 e o tema se retoma, entre outros, no capítulo XV. Penso que quizais sería máis fácil de ler se
estivese concentrado todo no mesmo, aínda que resultasen máis capítulo porque serían máis específicos.
10
Documentos relacionados
Descargar