1. 5. GALICIA TRAS A GUERRA CIVIL. A GALICIA DO EXILIO GALICIA TRAS A GUERRA CIVIL O estatuto de Autonomía e a Guerra Civil. A posguerra Coa Guerra Civil española (1936−1939), a vida cultural galega tronzouse dun xeito traumático. Anos atrás, en 1931 instaurárase en España a II República, polo que se daban as condicións para que Galicia puidese ter un Estatuto de Autonomía propio. Este sería votado favorablemente polo pobo galego o 28 de xuño 1936, pero vinte días máis tarde o exército do xeneral Franco sublevouse contra o lexítimo goberno da República, inciándose así unha dura guerra civil que rematará co triunfo de Franco e que impediría que continuase o proceso do noso estatuto. A dictadura de Franco, que se prolongou durante 40 anos, prohibiu os partidos políticos e os sindicatos, pechou xornais e revistas e instalou a censura. Todo isto afectou á expresión cultural en linguas que non fosen a castelá. Galicia nos anos de posguerra De modo que os anos corenta foron moi duros para a poboación galega: − A comida escaseaba (anos de fame). − A xente procura non utiliza−lo galego en público (o réxime de Franco opoñíase o seu emprego). − Clausuráronse editoriais, revistas e xornais. − Algunhas persoas relacionadas ca cultura foron fusiladas (Ánxel Casal), outras víronse na obra de marchar ó exilio (Castelao, Emilio Pita) ou quedar mudas no país, nun dramático exilio interior. O rexurdir editorial Só co paso dos anos, de xeito moi tímido, comezan a publicarse algúns libros en galego. Nos anos cincuenta fúndanse empresas editoriais que tratan de devolver ó libro galego a continuidade quebrada tras a Guerra Civil. A máis importante é a editorial Galaxia, que nun primeiro momento publicaron a revista cultural Grial e algunhas traduccións. A GALICIA DO EXILIO O traballo cultural dos exiliados Nos anos da posguerra a continuidade da tradición literaria sólo era posible nos lugares onde se exiliaron os escritores (Bos Aires, principalemente). Entre as iniciativas para manter viva a cultura galega que puxeron en marcha exiliados como Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela ou Eduardo Blanco Amor, destacamos as seguintes: − Edición de revistas culturais e literarias (Galicia Emigrante, Correo Literario). − Creación de editorias para a publicación de libros galegos (Nova, Citania, Botella al Mar). 1 − Consolidación dun teatro galego. Os escritores do exilio Poesía Luis Seoane A súa poesía ten como temas fundamentais a emigración e o exilio (dalle a voz a emigrantes anónimos), polo que é unha poesía de denuncia social. Destacamos as seguintes obras: Fardel de eisiliado, Na brétema Sant−Iago. Lorenzo Varela A súa breve obra poética está recollida nos libros Catro poemas pra catro gravados e Lonxe; neste último atopamos poemas intensamente reivindicativos e outros cargados de nostalxia pola Galicia que tivo que abandonar. Narrativa Eduardo Blanco Amor A súa obra narrativa é de enorme importancia, pois trouxo a literatura galega novos temas e formas de narrar. Sobresaen A esmorga, Xente ao lonxe e Os biosbardos. − A esmorga: construída como unha declaración ante un xuíz dun dos protagonistas (Cibrán), está narrada cunha linguaxe dura e realista, polo que o libro consegue unha atmósfera tráxica e opresiva. − Xente ao lonxe: narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais, cóntasenos, a través dos ollos dun neno, a historia dunha familia obreira e de esquerdas. É unha novela emotiva e chea de forza. − Os biosbardos: recolle sete contos onde Blanco Amor explora diversas facetas da infancia e da adolescencia. 1. 6. A NARRATIVA POSTERIOR A GUERRA: ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE ÁLVARO CUNQUEIRO Obra narrativa As características esencias da súa narrativa (novelas e relatos) son as seguintes: − Unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. − Procedencia dos seus personaxes de vellos mitos doutras culturas (en Merlín e familia, o protagonista é o mesmo mago Merlín compañeiro do rei Arturo, retirado agora en terras galegas). − Emprego de técnicas propias da narración realista o que provoca no lector unha viva apariencia de realidade. − O humor. 2 Obra poética Cunqueiro nunca deixou de escribir poemas. − Antes da guerra publicou Mar ao norde, Poemas do si e do non e Cantiga nova que se chama riveira. − Despois da guerra publicou Dona de corpo delgado e Herba de aquí e de acolá. Obra teatral Entre os textos teatrais salientan A noite vai coma un río, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. ÁNXEL FOLE A súa obra como retrato da Galicia máxica e popular Nos relatos de Ánxel Fole, conflúen as referencias á realidade material e concreta de Galicia (paisaxe, festas, costumes) e aquelas que proveñen da cultura espiritual (crenzas, superticións). Retrata, así, unha Galicia misteriosa e máxica, na que cobran relevancia tres aspectos: − As experiencias parapsicolóxicas (aparicións, premonicións) − As crenzas tradicionais (bruxería, meigas) − As supersticións de raizame relixiosa (Santa Compaña) A obra narrativa de Fole Os seus catro libros principais son volumes de contos: − Os dous primeiros, Á lus do candil e Terra Brava, reflicten o mundo rural das terras do Courel; presentan unha estructura narrativa consistente en recoller os relatos que varias persoas narran ó redor da lareira ou dunha mesa. − Os dous seguintes, Contos da néboa e Historias que ninguén cre, aínda que están ambientados no mundo urbano de Lugo, seguen presentando elementos do conto de medo e misterio que caracterizaban os títulos anteriores. 1. 7. A POESÍA DOS ANOS CINCUENTA. A XERACIÓN DO 36 A POESÍA DOS ANOS CINCUENTA O inicio da recuperación poética na posguerra vén marcado pola publicación de Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesias Alvariño, poeta que forma parte da chamada xeración do 36, xunto con outros como Xosé María Díaz Castro. Tamén publican nestes anos autores de xeracións precedentes como é o caso de Luis Pimentel. Luis Pimentel O inicio da Guerra Civil e as súas consecuencias de morte e medo marcaron a súa personalidade e a súa poesía, ateigada de dor e sentimento. Hai polo tanto na obra de Pimentel unha visión pesimista da vida 3 (morte, traxedia) que contrasta coa descripción de ambientes finos. Nos seus versos predominan as sombras e a reflexión sobre o seu traballo poético. Da súa obra destacamos Triscos e Sombra do aire na herba. A XERACIÓN DO 36 Aquilino Iglesia Vilariño A súa producción poética pode encadrarse dentro do chamado paisaxismo humanista, xa que presenta unha paisaxe humanizada chea de resonancias clásicas. Os principais temas son a soidade, o paso do tempo e a morte. As súas composicións posúen unha gran variedade formal e unha ampla riqueza léxica. Da súa obra destacamos Cómaros verdes, primeiro poemario en galego salientable tras a Guerra Civil, De día a día e Lanza de soedá. Xosé María Díaz Castro Caracterízase por ser un poeta do home e da súa soidade íntima. Os temas que tratará son a amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida, o forte arraigo coa terra e a relixión (tema pouco común dentro da literatura galega). En vida só publicou o libro Nimbo. 1. 8. A DERRADEIRA ETAPA DO RÉXIME FRANQUISTA. CELSO EMILIO FERREIRO A DERRADEIRA ETAPA DO RÉXIME FRANQUISTA Unha sociedade en transformación. A oposición á dictadura A derradeira etapa do réxime franquista (1960−1975), foi un período no cal a dictadura tentou levar á práctica un certo aperturismo, pero as transformacións econónicas, sociais e culturais foron entrando en progresiva contradicción coa falta de liberdade que impoñía a dictadura. Isto fixo que se artellara unha oposición organizada ó franquismo. Un tempo de resistencia Entre 1960 e 1975 a cultura galega, maila que vive aínda sen medios axeitados para o seu normal desenvolvemento (o idioma non ten recoñecemento legal e está prohibido no ensino e na administración), vai acadando unha aprezable expansión: − Créanse numerosas asociacións culturais. − A carón de Galaxia, aparecen agora novas editoriais (Edicións do Castro). − A partir de 17 de maio de 1963 (centenario da publicación de Cantares Gallegos) estableceuse a celebración do Día das Letras Galegas. CELSO EMILIO FERREIRO A súa obra é continuadora da poesía cívica iniciada por Curros Enríquez. Tenta conxugar a mensaxe comprometida co mantemento do rigor formal. Celso Emilio pensaba que a misión do poeta era reflectir a época que lle tocou vivir e as relacións dos seres humanos coas circunstancias históricas e sociais. De modo que a poesía belixerante será o seu eixe temático fundamental. Pero tamén haberá outros, de modo que podemos distinguir tres grandes núcleos temáticos: 4 − Unha liña social, solidaria cos oprimidos e denunciadora dos males sociais (Longa noite de pedra). − Unha liña intimista, na que se manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación ca terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou do amor, etc. (O soño asulagdo). − Un liña irónica, na que denuncia a mesquindade humana con ton acedo (Cantigas de escarnio e maldecir). 1. 9. A XERACIÓN DOS 50. AS VOCES DUNHA XERACIÓN A XERACIÓN DOS 50 A xeración dos 50 protagonizou unha fonda renovación temática e formal. Os nomes máis salientables son Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, Manuel María, Bernardiño Graña e Xohana Torres. Nos seus primeiros libros apréciase unha forte influencia das ideas existencialistas e da literatrua do absurdo, predominantes en Europa. Trátase dunha poesía de desarraigo e angustia, presedida polo conflicto da persona consigo mesma e coa vida (tendencia denominada Escola de Tebra). Conforme avanza a década dos sesenta, moitos autores desta xeración evolucionaron cara á poesia social, nunha liña de denuncia da falta de liberdades que se daba na sociedade. AS VOCES DUNHA XERACIÓN Uxío Novoneyra En Uxío Novoneyra a paisaxe agreste do Courel marcou decisivamente a súa obra poética, na que se distinguen dúas vertentes: − A principal é, precisametne, a paisxística (Os eidos, Elexías do Courel e outros poemas). − A outra é a social, de carácter político e reivindicativo (Poemas caligráficos, Do Courel a Compostela) Avilés de Taramancos A súa é unha poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta ca natureza. É salientables o alento épico, ás veces con resonancias mitolóxicas; aínda que tamén atopamos poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo. Da súa obra destacamos O tempo no espello, As torres no ar e Última fuxida a Harar. Manuel María Na súa poesía podemos distinguir tres etapas: − Na primeira adscríbese a Escola de Tebra (Advento e Terra Chá) polo ton intimista e desacougado. Con todo, Terra Chá xa é un libro distinto, pois nel fai un retrato fondamente humano da súa bisbarra natal. − Na segunda a crítica social ocupa xa un lugar principal (Versos pra un país de manifesto, Poemas pra construir unha patria). − Na última, co remate da dictudura, predominan os temas persoais, de carácter íntimo ou amoroso (As 5 lúcidas lúas de outono, A primavera de Venus). Bernardiño Graña A súa poesía distínguese pola exaltación da vida e da natureza, aínda que o tema do amor tamén aparece con frecuencia na súa obra. Da súa obra destacamos Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen, Himno verde, Sen sombra e sen amor. Xohana Torres É a principal voz femenina dentro da Xeración dos 50. Da súa obra destacamos Estacións ao mar e Tempo de ría onde nos ofrece unha voz chea de autenticidade, que, con imaxes cargadas de forte simbolismo, nos fala da vida, do paso do tempo e do paisaxe que a rodea. A súa condición como muller faise patente de xeito explícito en moitos dos poemas. 1. 10. A NARRATIVA DOS SESENTA: TEMPOS DE CAMBIO. NOVAS VOCES NA NARRATIVA A NARRATIVA DOS SESENTA: TEMPOS DE CAMBIO Tres polas na narrativa De 1960 a 1975 podemos identificar tres liñas diferenciadas na narrativa galega: 1. A dos autores que xa iniciaran a súa obra en anos anteriores (Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Ánxel Fole). 2. A da corrente realista, que reflicte algunas facetas da vida da época (Xosé Neira Vilas) 3. A da Nova Narrativa, a máis importante, formada por escritores mozos (X. L. Méndez Ferrín ou Carlos Casares). A Nova Narrativa Galega Este movemento narrativo caracterizouse polos seguintes motivos: − Busca romper co ruralismo. − Aborda temas novos: problemas existenciais, mestura do real e do onírico. − Introduce cambios formais: multiplicidade de voces narradoras, ruptura da linealidade temporal, ollada obxectalista (descripción fría de persoas e obxectos, como se fose unha cámara de cine), etc. As raíces deste aire novo hai que buscalas nos autores europeos e americanos (F. Kafka, W. Faulkner, J. Joyce). Os autores da Nova narrativa Os autores máis destacados da Nova Narrativa foron Gonzalo R. Mourullo, Xosé Neira Vilas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, Mª Xosé Queizán. NOVAS VOCES NA NARRATIVA 6 Xosé Neira Vilas Da súa amplísima obra narrativa destacamos: − Memorias dun neno labrego (primeira novela), cuio protagonista, un neno aldeán, cóntanos como é a súa vida e os conflictos que lle toca vivir. Nunha prosa sinxela e vibrante, obtemos un retrato fiel da Galicia campesiña. − Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho, obras que seguen a liña anterior. − Historias de emigrantes, sobre os emigrantes galegos en América. − A muller de ferro, sobre os labregos de Galicia. Xosé Luis Méndez Ferrín Menéndez Ferrín é unha figura clave para entender a narrativa e a poesía da 2ª metade do século XX. A súa vida está fundamentalmente marcada pola militancia política. Obra narrativa Na súa obra narrativa, escrita nunha prosa onde se combinan de xeito maxistral a dureza e o lirismo, atopamos temas moi diversos, dende relatos realistas ata outros de misterio ou terror, moitas veces cun claro transfondo político. Da súa obra destacamos Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Retorno a Tagen Ata, Crónica de nós, Esmeraldina, No ventre do silencio. Obra poética En paralelo coa narrativa, desenvolveu unha obra poética de temática comprometida e de gran riqueza formal, que influíu moito nos novos poetas (Poesía enteira de Heriberto Bens, Con pólvora e magnolias, Estirpe). Carlos Casares Da súa obra narrativa destacamos Vento ferido, Cambio en tres (onde experimenta con diferentes técnicas vanguardistas), Xoguetes pra un tempo prohibido (onde fai un retrato da súa xeración), Os mortos daquel verán, O sol do verán. Obras todas elas moi traballadas tecnicamente, e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ó meirande número de lectores. María Xosé Queizán É un dos nomes más salientables das voces femeninas da Nova Narrativa, xunto con Xohana Torres. Da súa obra narrativa destacamos A orella no buraco (marcada polas técnicas obxetalistas), Amantía, A semellanza, Amor de Tango e Ten o seu punto a fresca rosa (estas últimas escritas dende unha perspectiva conscientemente femenina). 1. 11. DENDE 1975 Á ACTUALIDADE. AS NOVAS XERACIONS POÉTICAS DENDE 1975 Á ACTUALIDADE 7 Un novo marco político para Galicia En 1980 o pobo galego aproba en referendo o Estatuto de Autonomía. Nel defínese a Galicia como nacionalidade histórica e o galego como a lingua oficial de Galicia, xunto co castelán. Por primeira vez o galego aparece nas aulas, na administración pública, nos medios de comunicación de masas, etc. Cara á normalización do galego En 1983 a aprobación da Lei de Normalización Lingüística fixo oficiais algunhas das medidas imprescindibles para que o galego deixase de ocupar unha posición subordinada. Introdúcese o galego en todos os niveis do ensino. Xa había as condicións necesarias para que se dese un medre da industria editorial e de tódolos ámbitos culturais. A consolidación da industria editorial Coa aparición dos novos mercados, o mundo editorial galego experimentou un significativo medre. Creáronse novas editoriais (Xerais, Ir Indo, Espiral Maior) e as xa existentes (Galaxia, O Castro) aumentaron tamén a súa producción. Este aumento de publicacións foi posible, principalmente, porque apareceron novos autores, medrou o número de lectores e creáronse novos premios literarios (Blanco Amor, Xerais, Martín Códax). AS NOVAS XERACIÓNS POÉTICAS A ruptura co social−realismo En 1976 deuse un cambio de rumbo na poesía galega, dominada ata daquela pola corrente do social−realismo, na que predominaba o contido sobre a forma. Agora apréciase unha nova sensibilidade estética e unha maior preocupación polos aspectos lingüísticos, o que deu lugar a unha poesía aberta a novos campos temáticos e estéticos. Os libros que romperon ca tendencia do social−realismo foron Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, e Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín, xa que ofrecían unha alta calidade formal. A aparición de novos grupos poéticos Un dos fenómenos salientes de esta etapa é a aparición de colectivos poéticos. Nos anos setenta, os máis salientables foron Rompente (Anton Reixa, Alberto Avendaño, Alfonso Pexegueiro) e Cravo Fondo (Ramiro Fonte, Xesús Rábade, Helena Villar); nos oitenta, De amor e desamor; e na década dos noventa, Batallón literario da Costa da Morte, Ronselz. A Xeración dos oitenta A eclosión poética que se deu na década dos oitenta, denominada por algúns idade de ouro, deu lugar a aparición dun grupo de autores de gran calidade coñecido como Xeración dos oitenta (Xavier R. Baixeras, Xavier Seone, Pilar Pillarés, Manuel Forcadela, Román Raña, Manuel Rivas, etc.). Malia a enorme diversidade da súa obra, son autores que teñen en común o seguintes trazos: − A forte preocupación polos aspectos formais. − As múltiples referencias a outros poetas do panorama mundial. − Un gran rigor no uso da lingua. 8 Voz de muller Un dos fenómenos máis salientables na poesía dos últimos 15 anos é a aparición dun significativo número de voces femeninas: Ana Romaní, Chus Pato, Marica Campo, Olga Novo, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, etc., algunhas delas pertencentes xa a Xeración dos 90. Os poetas últimos Dende os primeiros anos noventa, hai unha incorporación de numerosas voces novas: Fran Alonso, Miro Villar, Estevo Creus, Xabier Cordal, Martín Veiga, etc. 1. 12. A NARRATIVA ACTUAL. A NARRATIVA MÁIS NOVA A NARRATIVA ACTUAL A expansión da narrativa Os factores que influíron na aparición de novas voces narrativas a partir de 1980 son os seguintes: − O novo marco político que se foi conformando a partir da aprobación do Estatuto de Autonomía (1981). − A creación de editoriais con vontade empresarial (Xerais, Vía Láctea). − A aparicion de premios literarios de narrativa (Blanco Amor, Xerais, Torrente Ballester). Estes novos narradores conectaron coas expectativas das novas xeracións de lectores e dotaron dunha ampla pluralidade temática (liñas histórica, mítico−fantástica, experimentalista, de ciencia−ficción, etc.) e formal a nosa narrativa. A continuidade de autores consolidades Os autores que iniciaron o seu labor literario a fins dos 50 ou principios dos 60, algúns deles agrupados na Nova Narrativa, continúan a publicar con regularidade durante esta nova xeira, influíndo na obra dos escritores máis novos. Destacamos a Xosé Luis Méndez Ferrín (No ventre do silencio), Carlos Casares (Os mortos daquel verán), María Xosé Queizán (Ten o seu punto a fresca rosa) e Xosé Neira Vilas (Tempo novo). A xeración dos oitenta Constitúena un grupo de escritores que se dan a coñecer ou se consolidan a partir de 1980, cuias obras abordan novos xeitos de entender a narrativa, ensaiando temas e enfoques de escasa presenza na nosa literatura (novela histórica, policial, etc.). Destacamos a Víctor F. Freixante (A cidade dos césares), Alfredo Conde (Xa via o griffón no vento, Xavier Alcalá (Código morse), Paco Martín (Desde a muralla) e Carlos Reigosa (Crime en compostela). A NARRATIVA MÁIS NOVA Unha nova sensibilidade 9 Un grupo de autores, nados na década dos cincuenta, introducirán novidades temáticas e formais dentro da narrativa galega. Destacamos os seguintes autores. − Suso de Toro, que con Polaroid marca o inicido deste anovamento xa que é un libro fragmentario, escrito cunha linguaxe que abala entre o coloquial e o experimentalismo máis radical. − Manuel Rivas, que aínda sendo autor de novelas moi estimadas (O lapis do carpinteiro), cultiva o relato con especial mestría (Un millón de vacas, Contos de Nadal). Caracterízase por tratar o tema do conflicto entre o mundo rural e o urbano cunha prosa de imaxes poéticas. − Darío Xohán Cabana, do que destacamos as novelas Galván en Saor e Morte de rei e os relatos Cándido Branco e Mitos e memorias. − Outros autores salientables son Cid Cabido (Fálame sempre), Xavier Queipo (Os ciclos do bambú) ou Ramón Caride (Escáner). Voces para o novo milenio Ó longo dos anos noventa e dos primeiros anos do novo século danse a coñecer un grupo de autores máis novos (cun número significativo de voces femeninas) que seguen os camiños temáticos e formais que transitaron outros narradores anteriores, aínda que sen deixar de experimentar: Xosé Carlos Caneiro (Un xogo apócrifo), Fran Alonso (Males de cabeza), Aníbal Malvar (Unha noite con Carla) ou Rosa Aneiros (Veu visitarme o mar). A consolidación da literatura infantil−xuvenil Un dos fenómenos salientables destes últimos vinte anos é o forte medre e consolidación da literatura infantil e xuvenil. Destacamos os seguintes autores neste eido: Marilar Aleixandre (A banda sen futuro), Fina Casalderrey (Lúas de nácara), Agustín Fernández Paz (Noite de voraces sombras), Paco Martín (Lembranza nova de vellos mestres). A vitalidade do teatro Desde mediados dos anos sesenta, cando se formaron os primeiros grupos do chamado teatro independente, o teatro galego coñeceu un medre significativo. Un fito destacable foi a creación do Centro Dramático Galego. Entre os creadores de textos dramáticos destacamos a Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Raúl Dans ou Cándido Pazó. 10