ficha - Catalogación da alta Limia

Anuncio
Igrexa parroquial de San Xoán
Datos de Localización
Nomenclator:
3209002
Coord. UTM:
X: 59979713
080072
Igrexa
Y: 466041090
Concello:
Vilar de Santos
Parroquia:
VILAR DE SANTOS
Lugar:
Vilar de Santos
Tipoloxía:
Arquitectura Relixiosa
Tipo:
Igrexas
Subtipo:
Igrexa
Denominación:
Igrexa parroquial de San Xoán
Etapa Histórica:
Idade Media
Estilo relevante
Románico
Outros Estilos:
Descrición:
A primitiva igrexa parroquial de San Xoán, de estilo románico, estaba situada preto da aldea de Saa, concretamente
onde hoxe está o cemiterio. O abandono desta, unido á construción da estrada que une Xinzo con Celanova e ao
despertar do núcleo de Vilar de Santos levaron a trasladar o templo a un lugar máis próximo, levantándoo na súa
actual localización, o parque da Cachalgura, no ano 1955.
Trátase dun edificio exento de planta rectangular reforzada por contrafortes (tres a cada lado), ábsida poligonal de
seis lados e tellado a dúas augas de tella francesa. Muros de perpiaño regular (algúns con marcas de canteiro)
rematados nunha cornisa con canzorros figurativos (temas profanos) da antiga construción románica. Na fachada
presenta portada de arco de medio punto lixeiramente apuntado e con arquivoltas, artelladas con semicolumnas con
capiteis figurativos. A arquivolta exterior presenta decoración de dentes de serra e a interior unha inscrición coa
lenda: "ESTA ES IGLESIA D REFUGIO SAGRADO". Dous escudos da Orde de Santiago flanquean a portada.
Situados sobre esta, un óculo e un pequeno escudo. Remata a fachada cunha espadana composta de dous corpos o primeiro de dous arcos e o superior dun só- separados por unha cornixa, frontón horadado e cruz. Nun dos sillares
do zócalo, do lado do Evanxeo, hai unha inscrición volteada: "[mar]TIN GARCIA". (Segundo o libro de contas da
Parroquia: "El Lcdo Martin Garcia vezino del lugar de Villarino fra de San Juan de Villar de Santos de la encomienda
de la Barra en el Reino de Galicia digo que abia algunos años funde en dicha yglesia parroquial de villar de santos
con licencia de los prelados de la Orden de santiago un altar con su retablo de las animas del purgatorio a modo
de .capilla y en la superficie puse una piedra y en ella mis armas para conservacion de mi memoria y dar exemplo a
que otros se animasen a fundar obras pias [.. ..]". (Libro 35-12-14, ano 1688, folio 7).
A fachada Sur presenta portada con arco de medio punto artellado con columnas adosadas e capiteis figurados.
Presenta decoración de dentes de serra nas arquivoltas e na imposta do arco neste caso moi desgastada, e de
bolas e vexetal no tímpano; obsérvanse restos de encalado.
No ano de 1736 anótanse diferentes descargos para obras da sacristía (Libro 35-12-14, folio 154 volto-156). Por
último un descargo de "533 rls de los salarios de pedreros, carpinteros, cal, clabaje y madera para la sacristia de la
yglesia" (Libro 35-12-14, 159 volto). No libro de fábrica que recolle os anos 1756-1903, aparecen anotados nos anos
1756-1760, dous descargos: de 360 rls en compoñer e pintar a bóveda da capela maior e 110 rls do cruceiro ao
redor da igrexa (Libro 35-12-12, folio 9). En visita pastoral do ano 1799 sinálase que o enlousado está desigual e
moi deteriorado (Libro 35-12-12, folio 78). Entre 1799-1804, facer a "osera", reparala e compoñer o cruceiro da
igrexa e as cruces do calvario, costou 410 reais (Libro 35-12-12, folio 83). En 1815 constrúese un : "[.. ..] quarto
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
capaz contiguo a la misma yglesia en donde se puedan custodiar con seguridad los effectos indicados, preparando
en uno de sus ángulos un hogarito, en que pueda conservarse la lumbre " (Libro 35-12-12, folio 103).
O Retablo Maior é do século XVIII, barroco, cun relevo da Anunciación. Ten tallas da Virxe co neno e de Xoán
Bautista de boa calidade. Nos libros parroquiais existe unha anotación do que costou o retablo: "[.. ..] Ajustase el
retablo y frontal del altar mayor de esta yglesia de san Juan de Saa con los escultores de la Villa de Zelanova [.. ..]
en 1302 rls y mº"(Libro 35-12-14, ano 1728, folio 136). Outro descargo en 1728-1729: "2341 rls el retablo mayor y
dos colectorales [.. ..] en que se yncluie el que tubieron los tres frontales".(Libro 35-12-14, folio 144). No ano 1734
costaron as "puertas, visagras y horla del tabernácuo del retablo mayor que hizo Jose Seguin vezino y escultor de
Raeriz " (Libro 35-12-14, folio 149 volto). Ao redor do ano 1750 gastáronse: "1196 rls que tuvo de coste componer,
renovar el retablo mayor de la yglesia [.. ..] asi en materiales, como manufactura y echura del nuevo santo San Juan
que todo hizo constar por recivos de maestros" (Libro 35-12-14, folio 186 volto).
Entre os anos 1760 e 1763 gastáronse 1100 reales no retablo de Nosa Señora e 260 reales da reedificación do
retablo do Santo Cristo (Libro 35-12-12, folio 15). Nas contas dos anos 1763-1766 recóllese un gasto de 1650 reais
en dorar o altar do Santo Cristo (Libro 35-12-12, folio 20 volto).
Ten pezas de ourivería dende o XVII ao XIX, entre as que destaca unha Cruz Parroquial do século XVII. No libro de
contas da parroquia, anótase : "50 rls da a ocho escudos de plata para el material de la cruz de plata que entregue a
Dn Martin Garcia de Noboa por quenta de Francisco de Penin que se los libro en mi mano" (Libro 35-12-14, contas
do ano 1710, folio 79). "[.. ..] 78 pessos que se pagaron en Sevilla a Don Francisco de Penín por la hechura de la
cruz con mas seis reales de plata para lo mismo [.. .] que son 1181 rls [.. ..]" (Libro 35-12--14, folio 79 volto).
No 1713 Don Joseph Pegudo del Pozo, nese momento residente en Sevilla, dá: "[.. ..] una custodia de plata para
quando esta el santisimo patente y llevar en las manos en Prozesion que tiene tres quartas de alto gravado con sus
echuras y serafines en el pie y al redor del zirquillo con sus estrellas y sobredorado el zirquillo de los vidrios = y asi
como un yncensario de plata con su nabeta y cuchara de lo mismo [.. ..]" (Libro 35-12-14, 79 volto).
En visita de 1714 citase un cáliz: "[.. ..]con su patena sobredorado y con sus dibujos y un letrero que dice asiz es de
dicado este caliz a la iglesia de San Juan de Saa costedio Santiago del Pozo y Manuel del Pozo y se advierte que
no sea para otra parte = mas remitieron los sobredichos un rosario para la imagen de Nuestra Señora de dicha
Yglesia de piedras rubies con los padre nuestros de medallas de oro con el letrero de Jesus en medio y el de la
cruz con el letrero de Maria y la cadena al parecer de lo mismo y los sobredichos estan asistentes en Yndias y
vecinos que fueron de esta vecindad [.. ..]" (Libro 35-12-14, 84 volto).
Existía unha ermida de Nosa Señora das Neves, situada ao carón da casa reitoral, onde hoxe está a parada de
autobús e unha fonte de auga, da que temos novas nunha visita pastoral de 1726: "[.. ..] Visita la capilla de Ntra Sra
de las Niebes ynmediata a la cassa Prioral se alla amenazando ruina sin tener caudal [.. ..] se saque de la fábrica"
(Libro 35-12-14, folio 128).
Recóllese no libro a anotación dun descargo para rehabilitar a capela: "[.. ..] para aiuda de reedificar la capilla de
nuestra Sra de las niebes que es propia de dichos sres priores se ace cargo a dicho prior de 1000 rls que declaro
aver recibido de limosna para aiuda de reedificar la hermita de Ntra Sra de las niebes propia de dichos señores
priores; cuia cantidad remitio D. Francisco de Penin natural desta feligresia y residente en la ciudad de Sebilla" (Libro
35-12-14, Circa. De 1727 consérvase a anotación dun descargo aos canteiros de 972 rls por: "azer las paredes de
dicha hermita" (Libro 35-12-14, folio 135). Na visita de 1736 é atopada "con decencia" (Libro 35-12-14, 154).
Hoxe en día esta capela xa non se conserva, pois foi desfeita nos anos 50 do século XX, sendo reutilizados os seus
sillares na construción da igrexa parroquial na súa nova ubicación.
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario de la Diócesis de Orense. Fundación Barrié de la Maza,
Pontevedra, 1983, p. 222
- JUANA de, J. (dir.), A Alta Limia (A Terra que medrou vencellada aunha Lagoa).. Ir Indo, Vigo, 1993, p. 107.
- LÓPEZ DE PRADO, X. L. Guía Monumental. Deputación Provincial de Ourense, Ourense, p. 107
DOCUMENTACIÓN:
-Catálogo de Bens Culturais do Concello de Vilar de Santos. PXOM de Vilar de Santos. Clave: VAR1.
- Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1979.
- A.H.D.OU.
Libro de Contas de fábrica 35-12-14 (1678-1888).
Libro de Fábrica 35-12-12 (1756-1903)
Libro de Fábrica 35-12-13, (1859-1871).
Igrexa parroquial de San Xoán
Características Construtivas
Plantas:
Baixa
Edif. Anexas:
Mat. Fachada:
Granito
Mat. Estrutura:
Granito
Mat. Cuberta:
Tella
Elementos singulare
Construtivos:
Decorativos:
Delimitación do Ben e da contorna
Situación:
Outros
Area de Proteción:
100 m.
Proteción
Inventariado
Tipo de ben:
Proposta de tipo de ben:
Estado de Tramitación:
Declarado
Nivel de Protección Arq.:
Integral
Proposta Nivel de Protección Arq.
Grao de Protección Arq.:
-----
Proposta Grao de Protección Arq.
-----
Xustificación da Protección:
Titularidade
Polígono:
Parcela:
Conservación-Intervención
Estado de Conservació
Bo
Uso Actual:
Relixioso
Alteracións Morfolóxicas
Tipo:
Data:
Descrición:
Cableado eléctrico na fachada principal e
altofalantes na espadana.
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Proxecto:
Axentes:
Observacións:
Bens Mobles
Sería recomendable realizar labores de limpeza da maleza que presenta no tellado e
retirar o cableado aéreo e os altofalantes.
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Igrexa parroquial de San Xoán
080072
Descargar