TEMA 3.
“A prosa do primeiro terzo do S. XX: Irmandades da Fala e o Grupo Nós”
As Irmandades da fala
As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916 da man de Antón Villar Ponte,
pouco a pouco iranse espallando por toda Galicia conformando un paso decisivo na proxección
do galeguismo.
As Irmandades estaban formadas por persoas de diferentes profesións que pretendían
redescubrir os sinais de identidade nacional, defendendo a cultura e a lingua galega.
Podemos establecer dúas vías dentro desta institución, por unha banda, unha vía
cultural encabezada por Vicente Risco que terá como obxectivo o impulso da nosa lingua, para
iso crearon editoriais (“Céltiga”, “El Ar”), fomentan o teatro tanto escrito como representado e
crearán un xornal “A Nosa Terra”, que será o voceiro do movemento.
Por outra banda, as Irmandades traballarán no plano político buscando os seguintes
obxectivos:
• Cooficialidade lingüística entre galego e castelán promocionando o galego en
tódolos niveis do ensino.
• Autonomía integral para Galicia, coa finalidade de que os galegos nos
gobernásemos a nós mesmos.
• Formar parte da Sociedade de Nacións.
En 1936 haberá un referendo cun resultado claramente favorable ao Estatuto de
Autonomía grazas, entre outros, a Castelao, pero coa chegada da Guerra Civil nunca entrará
en vigor.
Entre os logros máis importantes das Irmandades estarán:
• O emprego da lingua galega en ámbitos distintos aos antes empregados,
destacando no ensino, na política e no ensaio.
• Potenciación da actividade cultural, promovendo sobre todo o teatro creando o
Conservatorio Nacional da Arte.
• A creación do Seminario de Estudos Galegos en 1923, institución que estudou
historia, xeografía, ciencias, etnografía, etc. na nosa lingua.
Por último destacar no plano político a creación en 1931 do Partido Galeguista, froito da
unión de diferentes partidos de múltiples tendencias pero cunha única finalidade: o amor por
Galicia.
3.1.
O Grupo Nós
O Grupo Nós nace en Ourense en 1920 arredor da revista que lle dá nome ao grupo.
Son homes das Irmandades da Fala que se poñen ao servizo de Galicia e do galeguismo
despois de pasar por unha fase allea ao nacionalismo.
Son coñecidos tamén co nome de “Xeración das Irmandades” ou “Xeración dos
Inadaptados” porque non estaban de acordo coa sociedade na que vivían, parecíalles mediocre
e clasista e tras un proceso de aprendizaxe vital adoptan unha postura defensora do
galeguismo, un galeguismo europeísta, defensor da cultura tradicional e popular.
O núcleo principal (ourensán) da Xeración está formado por: Vicente Risco, Ramón
Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas. Hai tres obras que marcan a traxectoria desta xeración:
son dous ensaios e unha novela.
Os ensaios son: “Nós, os inadaptados” de V. Risco, no que fala da sociedade do
momento e por que non se identificaban con ela, “Dos nosos tempos” de F. Cuevillas no que
fala do mesmo que Risco e a novela é “Arredor de si” de Otero Pedrayo que é unha
autobiografía de toda a Xeración Nós.
En estreita relación con este núcleo ourensán sitúase a figura de Castelao, que será o
director artístico da revista.
A ideoloxía do Grupo Nós pódese sintetizar nas seguintes características:
• Europeizar e universalizar a cultura galega tomando como base as raíces.
• A terra e a paisaxe serán un instrumento que identifiquen o ser galego.
• Defenderán a tradición, rexeitando a modernización e a técnica.
• Defenden a sociedade tradicional fronte ao modelo burgués.
3.2.
3.3.
Autores
3.3.1. Vicente Risco
Natural de Ourense. Membro das Irmandades da Fala, director da revista Nós, pertencía
ao Partido Galeguista do que marchou.
Obras: O lobo da xente (narrativa curta), O porco de pé (narrativa longa) e Nós, os
inadaptados (ensaio).
A súa traxectoria intelectual e humana componse de varias etapas.
• Unha etapa pregaleguista na que a súa ideoloxía mostra fondas afinidades co
irracionalismo de fin de século.
• Unha etapa galeguista na que a súa ideoloxía comeza a achegarse ao
nacionalismo, pero agora dende unha concepción dinámica do mundo baseada
nun particular historicismo, no que se combina o espiritualismo oriental e as
influencias de Nietzsche e Spengler.
• Unha crise ideolóxica na que se deixa ver o profundo impacto que lle produciu a
Risco a visión das loitas de clase e o ascenso do nazismo, que van exercer unha
influencia posterior na súa evolución ideolóxica e política.
• Distanciamento do galeguismo.
3.3.2. Ramón Otero Pedrayo
Natural de Ourense. Fillo de fidalgos liberais. Figura clave na recuperación cultural de
Galicia a través da revista Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Membro das Irmandades
da Fala. Traballou co Partido Galeguista na elaboración do Estatuto para Galicia. Foi
considerado “O pai das Letras Galegas”. Traducía obras do inglés ao galego.
Ciclos da narrativa de Otero e obras:
• Ensaio→ “Ensayo histórico sobre la cultura gallega”
• Teatro→ “A lagarada”
• Novela autobiográfica→ “Arredor de si”.
• Realismo e fantasía rural→ “Pantelas, home libre” (novela breve).
• Ciclo da decadencia da fidalguía→ “Os camiños da vida”.
• Novela histórica e culturalista→ “A romería de Xelmírez”.
3.3.3. Alfonso R. Castelao
Natural de Rianxo. Emigrou a Pampa arxentina e volve a Galicia para estudar o
bacharelato. Representante pontevedrés das Irmandades da Fala. Foi un autor polifacético:
debuxante, narrador, conferenciante, autor teatral, político… Foi un dos principais
organizadores do Partido Galeguista e dos principais promocionadores do Estatuto de
Autonomía.
Obras:
• Narrativa
• “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”
• “Cousas”
• “Cousas . Segundo libro”
• “Os dous de sempre”
• “Retrincos”
• “Cincuenta homes por dez reás” → Obra plástica (álbums de debuxos)
• “Os vellos non deben de namorarse” → Teatro
• “Sempre en Galiza” → Ensaio
3.4.
A narrativa dos “novos”
3.4.1. Rafael Dieste
Obras: “Dos arquivos do trasno” (libro de contos) e “A fiestra baldeira” (teatro)
Descargar

Irmandades da Fala e o Grupo Nós

XXNovela galegaVicente RiscoCastelaoPrimeiro terzo do SAfonso RRamon Otero
Literatura galega contemporánea

Literatura galega contemporánea

Ramón CabanillasPoesíaNarrativa de posguerraObrasEnsayoCaracterísticasMovementos de vangardaNoriega VarelaTeatroXeración NósLiteratura galega no exilioSéculo XXAutoresNovela

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Vida y obraEscritorGaliciaPolíticoPintorNacionalismo gallegoObra narrativaCousasDibujante

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

ArgumentoNovela gallegaBiografía del autorTemaEspacio y tiempoNarrativa del siglo XXEscritores de la Xeración NósLiteratura española contemporáneaContexto histórico y literario

Época Nos

Época Nos

Lírica de la Guerra Civil y posguerra # XeraciónLiteratura española contemporánea del siglo XXNarrativa gallega

•

Vicente RiscoOtero PedrayoNeotrobadorismo

1.Busca informació sobre el fauvisme.

1.Busca informació sobre el fauvisme.

Impresionismo # Avantguarda artisticaDufyArte contemporáneo del siglo XXVanguardias artísticasPintura francesaFauvismeMatisseDerainBraque

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Narrativa cuentística gallegaTeatro gallegoBiografía # Escritores galegosGaleguismoLiteratura española contemporánea

A ESMORGA EDUARDO BLANCO AMOR El

A ESMORGA EDUARDO BLANCO AMOR El

PersonajesArgumentoLiteratura española contemporánea del siglo XXNarrativa gallega popular

Castelao

Castelao

Narrativa cuentística galegaContosVida y obraLiteratura española contemporánea

Cat Stevens

Cat Stevens

BiografíaComposicionesVidaRock y pop británicoCantautor inglés contemporáneoDiscografía

Grupo Nós

Grupo Nós

Literatura galegaRiscoCastelaoOtero PedrayoLópez CuevillasLosada Diéguez

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Biografía del autorTemaNarrativa del siglo XXEscritores de la Xeración NósLiteratura española contemporáneaContexto histórico y literarioAdrián SolovioPersonajesDon BernaldoArgumentoNovela gallegaEspacio y tiempoVocabulario

Liberalisme espanyol segle XIX

Liberalisme espanyol segle XIX

Bienni progressistaRègencia d'EsparteroDécada moderadaHistoria de España # Canvis polìtics