Liberdade Arnaldo Otegi

Anuncio
Liberdade Arnaldo Otegi
Campaña Internacional por la Libertad de Arnaldo Otegi :: 08/12/2010
[Galego] Rueda de Prensa en VIgo: Presentación del manifiesto por la libertad de Arnaldo
Otegi. Jueves 9, 10h Galeria Sagardelos. Rua Urzáiz 17
As persoas abaixo asinantes, a título
individual ou en representación das súas respectivas organizacións, queremos expresar ao
Presidente do Goberno español, Sr. Rodríguez Zapatero, e á opinión pública en xeral o seguinte:
Entendemos que o Sr. Arnaldo Otegi é recoñecido como un líder polo seu Pobo, non só polo amplo
sector social ao que politicamente representa, senón pola maioría da cidadanía vasca tal e como,
segundo o noso parecer, ficou patente na manifestación, realizada o 17 de outubro de 2009, de
rexeitamento á súa detención, xunto á doutros compañeiros, tanto polo número de organizacións
convocantes (sindicais, sociais e políticas), como pola amplitude da asistencia, moitas decenas de
milleiros de persoas, representando a todo o espectro democrático da sociedade vasca. Semellante
recoñecemento, consideramos que ten na contorna internacional. O Sr. Arnaldo Otegi vén loitando
dende hai moitos anos pola procura dunha solución democrática, a través de vías políticas, ás
lexítimas aspiracións do seu Pobo. Esta aposta súa polas vías políticas, foi reiteradamente
recoñecida por representantes das institucións do Estado Español, incluíndo ao Presidente do
Goberno, así como por sectores mediáticos vinculados ao partido no poder, tal como é o caso do
grupo Prisa e de maneira sobranceira o seu xornal “El País”. Consideramos que o mantemento do Sr.
Arnaldo Otegi na cadea, supón obxectivamente privar ao Pobo Vasco, nun intre histórico de grande
transcendencia como o que hoxe está a vivir, dun dos seus principais líderes e, xa que logo, dunha
das persoas que poden achegar máis para que ese proceso histórico ao que nos estamos a referir,
avance dun xeito xusto e firme. É por todo isto que solicitamos, sabemos que iso é perfectamente
posíbel tal e como se demostrou en numerosas ocasións, que o Sr. Arnaldo Otegi sexa posto en
liberdade. Cremos que unha actitude contraria, poría de manifesto unha falla de vontade na
recondución política do chamado “Conflito Vasco”. INDIVIDUAIS Adolfo Pérez Esquivel, Premio
Nobel da Paz; Xosé Manuel Beiras, ex Voceiro Nacional do BNG; Camilo Nogueira, ex Eurodeputado
do BNG; Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor; Liliana Parada, arxentina – galega Deputada Nacional
(Proxecto Sur), Nora Cortiñas, arxentina – galega, fundadora de Nais de Praza de Maio; Maruchi
Alvarez, Concelleira de ACE; Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG; Inácio Pavón, Coordenadora
Nacional Movemento Galego ao Socialismo; Miguel Anxo Abraira, dirección nacional do Movemento
pola Base; Xosé Collazo, profesor e membro da direción do PCPG; Lois Pérez Leira, Secretario Xeral
lahaine.org :: 1
de Nova Esquerda Socialista; Xose Manuel Graña, Presidente de Nova Esquerda Socialista; Alberte
Moço, Portavoz Nacional de Nós-Unidade Popular; Bruno Lopes Teixeiro, Direcçom Nacional NÓSUP; Carlos Morais Álvares, Secretário Geral de Primeira Linha; Noela Campanha, Mesa Nacional de
BRIGA; Carlos García Seoane, Mesa Nacional de BRIGA; Francisco Xavier Sio, Voceiro da Fronte
Obreira Galega; Brais González Pérez, estudante e militante de ADIANTE; David Pérez Ramos,
Corrente Vermella; Roberto Laxe, Corrente Vermella; Anxo Pérez Carballo, Membro do Secretariado
Confederal da CIG; Serafín Otero, secretario comarcal CIG-Vigo; Manuel Currás Meira, Secretario
Confederal de Institucional (CIG); Paulo Paio Rubido Bará, Secretario Nacional Federación de
Servizos da CIG; Laura Bugalho, Secretaria Confederal de Políticas Sociais da CIG; Francisco
Cartelle Pérez, Secretario Confederal de Campañas CIG; Etelvino Blanco, secretario comarcal da
CIG Ourense; Enrique Fernández Oliveira, Executiva Federal do Metal da CIG; Victor Mariño
Fernández, Executiva Comarcal da CIG de Vigo; Rogelio Veiga Lago, Executiva Comarcal do Metal
da CIG Vigo; Isabel Vilalba Seivane, responsable na Executiva do Sindicato Labrego Galego da área
de Soberanía Alimentaria e Servizos ao medio rural; Xosé Ramón Cendán. Membro da Executiva
Nacional do SLG Lídia Senra. Membra da Executiva Nacional do SLG Manuel Docampo, Membro da
Executiva Nacional do SLG; Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT; Manuel Camaño Fandiño,
Executiva da CUT; Xan Carballo militante da CUT; Antonio José Arruti Baqueiro, brasileiro-galego
Coordenador Xeral do Movemento de Liberación dos Sim Terra (Brasil) integrante da corrente do PT
Brasil Socialista; Luis Fernández, Secretario da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina;
Graciela Adriana Alba Burgos, militante da CIG; Gustavo Luca de Tena, xornalista; Dario Xoan
Cabana, escritor; Carlos Taibo, profesor Universidade Autónoma de Madrid; Dionisio Pereira,
historiador; Anxo Angueira, escritor; Gustavo Garcia (avogado); Luis Piña, Colectivo Vigués pola
Memoria Historica do 36; José Miguel “Pucho” Gómez Millán, (militante da memoria do 36); Manuel
Vázquez, poeta; Liliam Pompey, avogada; Gustavo Maradini, avogado; Juan José Fernández Ageitos,
Nova Esquerda Socialista –arxentina; Manuel Vilavoa, militante comunista; Guillermo Somoza,
director de teatro; Ana Cristina Juncal Blanco, comercial; Xabier Cordal, escritor e profesor; Xosé
Manuel García Crego, editor; Manuel Vidal Villaverde. escritor, poeta e xornalista; Uxío Breogán
Diéguez Cequiel, historiador, director da Revista de Historia "Murguía"; Celso X. López-Pazos,
profesor de secundaria; Gonzalo Amoedo López, funcionario e investigador; Rubén Afonso Lobato,
funcionario; María do Tránsito Fernández, sindicalista da CIG; Bernardo Máiz Vázquez,
historiador; Xosé Antón Laxe Martiñán, procurador; Mª Victoria Juncal Blanco, graduado social;
Xosé Chacón Benítez, productor artístico; Manuel González Cruces, productor artístico; Fernando
Vilavoa Martínez, editor; Carlos Ríos Vilaboa, traballador da administración pública; Montserrat
Fernández Arén, licenciada en Filosofía desempregada; Bráulio Amaro Caamaño, profesor e
sindicalista; Anxela Mariño López, profesora; Xosé Carlos de la Fuente Estevez, CIG metal Vigo;
Antonio Somoza, historiador; Francisco Sampedro, profesor e escritor; Xosé Luis Santos Cabanas,
traballador USC e escritor; Francisco Fernández Rei, catedrático USC e académico RAG; Xan Lueiro
Amoedo, biólogo; Santiago Balea Durán, técnico de radio; Iria Medranho Gonçalves, traballadora;
Carlos Velasco Souto, historiador e profesor da UDC; Frank van Gerwen, traductor; Xabier P.
DoCampo, escritor; Antón Dobao, escritor e cineasta; Iñigo J. Ansotegui Suárez, industrial; Maurício
Castro, editor do Diario Liberdade; Sara Arias Lopes, programadora informática; Xosé Lois Romero
Falque; José Ángel Brandariz García, profesor universidade; Bruno Vilela López, técnico florestal;
Antón Robledo Pérez; Rexina Vega, profesora e escritora; Xosé Estévez, profesor Universidade de
Deusto; Marcos Seixo Pastor, profesor Ensino Medio; Manoel Irixoa Cousillas, xubilado; Juan Carlos
Merlo, ex futbolista Deportivo A Coruña… COLECTIVAS Redes Escarlata; Fronte Obreira Galega;
Esquerda Anticapitalista de Galicia; Movemento Galego ao Socialismo.
_______________
http://www.lahaine.org/mm_ss_est_esp.php/liberdade-arnaldo-otegi
lahaine.org :: 2
Descargar