ANPE Ourense S.I. ANTONIA MARBÁN VÁZQUEZ ELIXIDA POR UNANIMIDADE DOCENTE EXEMPLAR OURENSANA 2011 No transcurso dunha sesión plenaria, presidida polo Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, do Presidente da Deputación e polo Presidente de ANPE (*), actuando de secretaria Da. Elena Orbán Cerredelo e contando coa presenza de máis de corenta destacados docentes de tódolos niveis educativos da nosa capital e provincia, tivo lugar a elección por unanimidade de D. Antonia Marbán Vázquez como “Docente Exemplar 2011” (en documento adxunto remítese a composición do xurado 2011) Estamos nas vésperas do GRAN DIA DAS LETRAS GALEGAS, no que recordaremos e honraremos o poeta LOIS PEREIRO, e o que nos nos sumamos con este acto. Que mellor maneira de celebrar este día que homenaxear a unha mestra exemplar que dedicou a maior parte da súa vida (máis de corenta e cinco anos) a ensinar a ler, a escribir, e por riba de todo a amar as nosas linguas, a miles de nenos e nenas ourensás. Antonia simboliza como ninguén a vocación de mestra que ten como principal meta facer mellores persoas aos nosos ANPE Ourense S.I. R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003 Tlfno. 988255852 Fax. 988391843 www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com 1 ANPE Ourense S.I. alumnos e de paso, como agora, recordarlle á sociedade a importancia da FUNCION DOCENTE. Antonia Marbán foi, e segue a ser, unha mestra exemplar como funcionaria docente ao servizo da educación pública. Non nos equivocaremos se dicimos que “Toñita”, así a coñecen tódolos seus compañeiros e amigos, foi o máximo expoñente na nosa provincia da “Ensinanza non directiva” ou “Pedagoxía de persoa a persoa” de Karl Rogers. Nesta corrente educativa, o profesor non dirixe con obxectivos resultadistas o alumno, porque iso sería decidir por el e manexalo, pero tampouco se priva de participar, nin é indiferente ao proceso educativo. O que fai e acompañalo na procura do coñecemento para que o alumno chegue a ser quen é, e tome decisión baseadas nas súas propias experiencias educativas que vai interiorizando coa aprendizaxe. Trátase de conseguir un ambiente de comprensión, de confianza en si mesmo, que lle permita ir descubrindo os valores propios. Por iso outro dos postulados básicos de Rogers, levados á práctica por Antonia Marbán como directora durante 17 años da Escola Normal de Prácticas no barrio da Ponte, foi a necesidade de propiciar unhas condicións favorables, en medios e recursos humanos e materiais no Centro Educativo, para que medren as capacidades dos alumnos. 2 ANPE Ourense S.I. R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003 Tlfno. 988255852 Fax. 988391843 www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com ANPE Ourense S.I. Este recoñecemento terá lugar no trancurso dun solemne acto académico que terá lugar no Teatro Principal de Ourense, coincidindo coa inauguración do curso escolar 2011/12 dentro do “Homenaxe ó Docente 2011”. Paralelo o mesmo terán lugar as “VI Xornadas sobre Convivencia Escolar” que este ano estarán dedicadas a “Non directividade” de Kal Rogers e a o Ilustre escritor e pedagogo Rabindranat Tagore no 150 aniversario do seu nacemento. En Ourense, 15 de maio de 2011 Secretaría de Comunicación (*) ANPE é unha organización profesional de docentes do ensino público que resultou elixida por primeira vez, recén finalizadas as eleccións sindicais, PRIMEIRA FORZA SINDICAL POR NÚMERO DE DELEGADOS ELECTOS (11) DA NOSA PROVINCIA EN EDUCACIÓN. Hoxe, ANPE Ourense, é a voz sindical da maioría dos docentes do ensino público. 3 ANPE Ourense S.I. R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003 Tlfno. 988255852 Fax. 988391843 www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com