2008051401.pdf

Anuncio
8.634
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
zos de drenaxe, residuais, abastecemento, saneamento e iluminación pública.
Nº 92 앫 Mércores, 14 de maio de 2008
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estimou axeitado o cambio de titularidade do treito comprendido entre o p.k. 0+000 e o
2+680 da estrada PO-300 Nogueira (PO-531)-Cambados (VG-4.3), susceptible de cesión ao Concello
por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de
xuño, polo que se aproba a relación de estradas de
titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia,
tendo en conta que a estrada citada adquiriu características netamente urbanas.
Resolución do 7 de maio de 2008, da
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a
designar os membros e facer pública a
composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato
correspondentes ao curso 2007-2008, e se
ditan instrucións acerca da realización
das probas correspondentes.
Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do
14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta
da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas
e Transportes e logo de deliberación do Consello da
Xunta de Galicia en reunión do día vinte e catro de
abril de dous mil oito,
De conformidade co establecido no artigo 5 e 6 da
Orde do 25 de abril de 2008, pola que se convocan
os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2007-2008, esta dirección xeral
DISPOÑO:
Artigo 1º
Apróbase o cambio de titularidade a favor do Concello
de Meis do treito da estrada PO-300 Nogueira (PO-531)Cambados (VG-4.3) p.k. do 0+000 ao 2+680, sitos no
termo municipal de Meis.
Artigo 2º
En aplicación do previsto no artigo 4 da Lei 4/1994,
do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o treito
mencionado incorporarase á relación de estradas de
titularidade do Concello de Meis.
Artigo 3º
Correspóndelle ao Concello de Meis, a partir da
formalización da entrega, todas as actividades de
xestión, mantemento, conservación e explotación da
vía; así como o exercicio das funcións de disciplina
viaria e calquera outra que puidese corresponderlle
como nova Administración titular da estrada.
Artigo 4º
A entrega da vía formalizarase, durante os dous
meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Disposición derradeira
O presente decreto producirá efectos desde o día
seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e catro de abril de
dous mil oito.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
María José Caride Estévez
Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e
Transportes
RESOLVE:
Primeiro.-Designar os membros do tribunal que
deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública
a súa composición, que é a que figura no anexo a
esta resolución.
Segundo.-Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos
candidatos.
1. As probas terán lugar o día 24 de xuño de 2008
de acordo co seguinte horario:
9.30 horas, presentación dos candidatos.
10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.
12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.
2. Centros en que se realizarán as probas.
Provincia da Coruña:
-IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase s/n,
A Coruña.
Provincia de Lugo:
-IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, nº 171, Lugo.
Provincia de Ourense:
-IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo,
nº 12, Ourense.
Provincia de Pontevedra:
-IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.
3. Presentación dos candidatos.
a) Os candidatos deberán realizar as probas na
provincia a que pertenza o IES en que se atope o seu
expediente académico.
b) Para a realización das probas os candidatos
acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou
calquera outro documento recoñecido en dereito.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2008.
Mª José Pérez Mariño
Directora xeral de Ordenación e Innovación
Educativa
Nº 92 앫 Mércores, 14 de maio de 2008
ANEXO
Tribunal:
Presidente: José Graña Carrodeguas, subdirector
xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación da directora xeral de
Ordenación e Innovación Educativa.
Vogais:
-Agustín Hermida López, inspector de educación.
-Alberto Rodríguez Rogina, profesor de ensino
secundario.
-Belén Santos Lago, profesora de ensino secundario.
-Emilio Pérez Sánchez, inspector de educación.
-Francisco José Lado Vara, profesor de ensino
secundario.
-Gonzalo Sanmartín Brey, profesor de ensino
secundario.
-José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
8.635
En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado na súa reunión do día 14 de
abril, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concederlle o Premio Antonio Casares y
Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para
investigadores sénior a Carlos Pajares Vales.
Segundo.-Concederlles o Premio Antonio Casares
y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para
investigadores mozos a Miguel Ángel Correa Duarte
e a Roberto López Valcarce, ex aequo.
Terceiro.-Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 e) da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2008.
P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de
febreiro)
Emilio Nogueira Moure
Secretario xeral da Consellería de Innovación
e Industria
-María Luisa Calderón Fernández, profesora de
ensino secundario.
-Olga Amigo Devesa, profesora de ensino secundario.
-Samuel Lago Fernández, inspector de educación.
Secretario: Leopoldo Bahillo Varela, funcionario
da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación
Educativa.
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN
E INDUSTRIA
Resolución do 23 de abril de 2008 pola
que se concede o Premio Antonio Casares
y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores sénior e o Premio
Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores mozos, correspondentes aos Premios
Galicia de Investigación 2007.
Pola orde da Consellería de Innovación e Industria
do 13 de setembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 197, do 10 de outubro), convocáronse os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación
Científico-Técnica correspondentes aos Premios
Galicia de Investigación 2007.
De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a
coñecer mediante a correspondente publicación no
Diario Oficial de Galicia.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Corrección de erros.-Orde do 10 de abril
de 2008 pola que se exclúe do Catálogo de
montes de utilidade pública da provincia
de Lugo o monte Teixeira, situado no concello de Foz.
Advertido un erro na antedita orde, publicada no
Diario Oficial de Galicia nº 88, do 8 de maio de 2008,
é necesario efectuar a seguinte rectificación: na páxina 8.280, onde di: «Cabida pública: 15,1451 ha»,
debe dicir: «Cabida pública: 115,1451 ha».
Orde do 7 de maio de 2008 pola que se
someten a información pública as propostas
dos plans de prevención e defensa contra os
incendios forestais de distrito en Galicia.
A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e
defensa contra os incendios forestais de Galicia no
capítulo II do título II, baixo a rúbrica de planeamento da defensa do espazo rural, atribúe aos plans
de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito a función de desenvolvemento das
orientacións previstas no Plan de prevención e
defensa contra os incendios forestais de Galicia,
concretando a estratexia de distrito.
Descargar