PROXECTO DE

Anuncio
PROXECTO DE Decreto .../2011, do....., polo que se regula a cobertura de diversas
prazas en réxime de comisión de servizos por persoal funcionario e laboral docente que
imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación.
O decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, regula nos seus artigos 29 e 30 a
provisión de postos de traballo. Así mesmo, o artigo 14.2.12 prescribe que lle
corresponde á conselleira ou conselleiro competente en materia de función pública
autorizar as adscricións en comisións de servizo para postos de traballo e o artigo 52.2
determina que o persoal funcionario estará en situación de servizo activo cando estea
en comisión de servizos de carácter temporal conferida pola consellería competente en
materia de función pública.
O artigo 1.2 do Decreto-lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece que se poderán
ditar normas especiais para adaptar esta lei ás peculiaridades do persoal docente, e no
uso desta habilitación procédese a regular as comisións de servizo para o persoal
docente que imparte as ensinanzas na lei orgánica de educación e para o persoal
pertencente ao corpo de inspectores de educación e do corpo de inspectores ao
servizo da administración educativa.
O decreto prevé, con carácter xeral, que a conselleira ou conselleiro competente en
materia educativa poderá conceder comisión de servizos de carácter voluntario con
ocasión da existencia de praza docente vacante ou que eventualmente non sexa
desempeñada polo seu titular. Ademais, regúlanse as comisións de servizos que
poderán concederse, previa a correspondente convocatoria pública, como son as
referidas a prazas para a atención do alumnado de necesidades educativas especiais
en centros ordinarios, de persoal asesor técnico docente adscrito á consellería
competente en materia de educación ou ó desenvolvemento de programas educativos
ou de convenios.
Tamén se regulan comisión de servizos ás que terán dereito o persoal docente se se
cumpren as condicións que establece o presente decreto e existe vacante que lle
corresponda no procedemento de adxudicación de destinos, como son as comisións de
servizo por razón de saúde, por razón de conciliación da vida familiar e laboral e para o
desempeño de cargos electos nas corporacións locais, e as comisións de servizo por
petición recíproca.
En desenvolvemento da disposición adicional décimo segunda da Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de Educación, apartados 6 e 7 recóllese a posibilidade de desempeñar,
en réxime de comisión de servizos, postos de carácter non definitivo na docencia
universitaria e, finalmente, regúlanse as comisións de servizo para o desempeño da
dirección dos centros docentes públicos, de funcións nos equipos de orientación
específica e na inspección educativa.
Asemade, procede adaptar o decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se
determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios
docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas
distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das
causas de acceso a el a xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no
sentido de computar en determinados supostos a antigüidade xerada no centro de
procedencia a todos os efectos e non unicamente aos efectos da participación no
concurso de traslados.
En virtude do anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de educación e
ordenación universitaria, .......ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de
deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día.....…
DISPOÑO
Artigo 1º.- Obxecto
1.- O presente decreto ten por obxecto regular as situacións e procedementos para a
concesión de comisións de servizos ao persoal funcionario docente dos corpos e
escalas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,
de educación, ó persoal funcionario do corpo de inspectores de educación e do corpo
de inspectores ó servizo da administración educativa e ao persoal laboral docente, para
desempeñar funcións docentes en prazas ou centros distintos aos que estiveran
destinados definitiva ou provisionalmente.
2.- As prazas e funcións docentes pertencerán ao ámbito de xestión da Comunidade
Autónoma de Galicia.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O presente decreto resultará de aplicación ao persoal docente pertencente aos
seguintes corpos e escalas:
a)
b)
c)
d)
e)
f)
g)
Mestres
Catedráticos e profesores de ensino secundario
Profesores técnicos de formación profesional
Catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas
Catedráticos e profesores de música e artes escénicas
Catedráticos e mestres de taller de artes plásticas e deseño
Corpos e escalas declarados a extinguir por normas anteriores á Lei orgánica
1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
h) Inspectores de educación e inspectores ao servizo da administración educativa
i) Profesorado de relixión
Artigo 3º.- Comisións de servizo de carácter especial.
1.- Cando unha praza docente quede vacante ou eventualmente non sexa
desempeñada polo seu titular, poderá ser cuberta, con carácter excepcional, en caso
de urxencia e inaprazable necesidade, en comisión de servizos de carácter voluntario,
con persoal docente que reúna os requisitos para o seu desempeño.
2.- Sen prexuízo das prórrogas que resulten procedentes, a duración destas comisións
de servizo non poderá exceder do remate do curso académico no que se conceden.
3.- A praza docente cuberta en comisión de servizo incluírase, sempre que sexa
vacante e a continuidade do seu funcionamento estea prevista na planificación
educativa, na seguinte convocatoria de concurso xeral ou específico de traslados,
segundo proceda.
Artigo 4.- Comisións de servizo por razón de saúde.
1.- Considerase que a comisión de servizos é por motivos de saúde cando:
a) Teña por finalidade adscribir a persoal funcionario afectado por situacións que
impliquen unha notoria mingua das facultades físicas, psíquicas ou sensoriais, sempre
que tal diminución das súas capacidades non sexa susceptible da declaración de
incapacidade permanente.
b) Existan razóns de enfermidade grave do seu cónxuxe, parella de feito ou dun
familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que impliquen, con carácter
xeral, un grao de discapacidade recoñecido de, polo menos, o 65 por 100, que conviva
ou dependa exclusivamente del.
2.- Outros requisitos
a) Ter, se é o caso, destino definitivo a unha distancia superior a cincuenta km da
localidade que se solicita. Excepcionalmente, poderá ter destino nunha localidade a
unha distancia inferior ou na mesma localidade cando as razóns por motivos de saúde
alegadas así o aconsellen de xeito indubidable e valoradas pola comisión de selección.
b) Ter solicitado, de reunir os requisitos, agás casos excepcionais que serán valorados
pola comisión de selección, praza no último concurso de traslados para a localidade ou
localidades nas que se solicita a comisión de servizos e non ter renunciado ao mesmo.
Non se esixirá este requisito cando as circunstancias que motiven a comisión de servizo
sexan sobrevidas ao remate do prazo de solicitude do concurso de traslados.
3.- Excepcionalmente, poderase autorizar a comisión de servizos por razóns de
enfermidade grave dun familiar de segundo grao de consanguinidade ou afinidade
cando, ademais de concorreren as circunstancias relacionadas nos parágrafos
anteriores, non exista ningún familiar de primeiro grao,.
4.- A comisión de servizos terá unha duración de dun curso académico e, con carácter
xeral, non poderá concederse pola mesma circunstancia máis doutros tres cursos. A
consellería de educación e ordenación universitaria poderá verificar previamente á
concesión da prórroga da comisión de servizos que esta se utiliza para a finalidade
pola que se demanda.
Artigo 5º. - Comisión de servizo por razón de conciliación da vida familiar e laboral.
1.- Poderán solicitar está comisión de servizos o persoal docente que reúna os
seguintes requisitos:
a) Ter u fillo menor de catro anos, dous fillos menores de seis ou tres fillos menores de
nove anos. Poderá, así mesmo, efectuarse a solicitude cando exista embarazo a termo
final no mes de febreiro do ano seguinte no que se presenta a instancia. No caso de
adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, a idade computarase desde a
resolución xudicial ou administrativa.
b) Ter, se é o caso, destino definitivo a unha distancia superior a sesenta km de todas
as localidades ou centros que se solicitan.
c) Ter solicitado, de reunir os requisitos, agás casos excepcionais que serán valorados
pola comisión de selección, praza no último concurso de traslados para a localidade ou
localidades nas que se solicita a comisión de servizos sen ter renunciado ao mesmo.
2.- Cando os dous cónxuxes ou parella de feito sexan persoal funcionario docente, só
un deles poderá solicitar a comisión de servizos.
3.- A idade dos fillos computarase ao 31 de agosto do ano no que se efectúa a
solicitude.
4.- A vixencia da comisión de servizos será dun curso académico, sen prexuízo da
prórroga, que poderá concederse, logo de solicitude do persoal interesado, no suposto
de persistencia das circunstancias que motivaron a súa concesión.
Artigo 6.- Comisión de servizos para o desempeño de cargos electos nas corporacións
locais.
1.- Os membros das corporacións locais que non teñan dedicación exclusiva terán
dereito a prestar servizos no mesmo centro ou, en defecto de vacante, noutro centro
da mesma localidade na que prestaran servizos no momento da elección concedéndose
para estes efectos, cando fose necesario, a correspondente comisión de servizos.
2.- Sen prexuízo do anterior, os membros das corporacións locais poderán solicitar
comisión de servizos en centros da localidade na que resultaron elixidos ou nas
localidades próximas, que lles será concedida con ocasión de vacante.
3.- A duración da comisión de servizos será de un curso académico, sen prexuízo das
prórrogas que podan concederse, logo de solicitude do persoal interesado, ata que
remate o seu mandato como membro da corporación local.
Artigo 7.- Comisións de servizo para desempeñar postos na docencia universitaria.
1.- O persoal docente ao que se refire o presente decreto que acceda a un posto de
carácter non definitivo na docencia universitaria poderá desempeñar o mesmo en
réxime de comisión de servizos durante un prazo máximo de cinco anos.
2.- As retribucións serán as que correspondan ao posto realmente desempeñado e
correrán a cargo da Universidade.
Artigo 8.- Comisión de servizo para a atención do alumnado de necesidades educativas
especiais en centros ordinarios.
1.- Poderá concederse comisión de servizo para a atención do alumnado con
necesidades educativas especiais escolarizado en centros ordinarios ao persoal
funcionario do corpo de mestres da especialidade de pedagoxía terapéutica ou
audición e linguaxe.
2.- A duración da comisión de servizos será por un curso académico prorrogable ata
que o alumnado finalice a etapa educativa na que estea escolarizado, previo informe
da inspección educativa ou do equipo de orientación educativa da provincia ou do
departamento de orientación do propio centro.
Artigo 9.- Comisión de servizos para o exercicio da dirección dos centros docentes
públicos.
1.- Ao persoal docente que, de acordo coa normativa vixente, sexa seleccionado e
nomeado para desempeñar a dirección dun centro público docente no que non teña
destino definitivo, concederáselle unha comisión de servizos pola duración do mandato
da dirección e, se ó caso, das súas prórrogas.
2.- Ao persoal docente que exerza a dirección dun centro educativo e obteña un novo
destino definitivo por concurso de traslados poderá concedérselle unha comisión de
servizos polo tempo que reste para rematar o mandato da dirección e, se é o caso, das
súas prórrogas.
3.- Cando o nomeamento con carácter extraordinario da dirección dun centro recaia en
persoal docente funcionario de carreira que non teña destino definitivo no mesmo e
nos casos de centros de nova creación, a dirección exercerase en réxime de comisión
de servizos por un período de dous anos.
Artigo 10.- Comisión de servizo nos equipos de orientación específica.
1.- As vacantes ou necesidades de persoal nos equipos de orientación especifica
cubríranse en réxime de comisión de servizos, polo persoal pertencente aos corpos de
catedráticos ou profesores de ensino secundario, da especialidade de “orientación
educativa”, e do corpo de mestres das especialidades de “pedagoxía terapéutica” ou
“audición e linguaxe”, entre o profesorado que participou no último concurso de
traslados específico que acadou a puntuación mínima esixida sen obter praza na
especialidade correspondente, e pola orde da puntuación no mesmo.
2.- A duración da comisión de servizos será ata o remate do curso académico
correspondente, prorrogable curso a curso ata a súa provisión definitiva mediante o
sistema ordinario de provisión.
Artigo 11.- Comisión de servizos na función inspectora.
As vacantes no corpo de inspectores de educación poderán cubrirse, en réxime de
comisión de servizos, polo persoal aspirante a acceder ao corpo de inspectores de
educación que non superou o último procedemento selectivo, pola orde de puntuación
obtida no mesmo.
Artigo 12.- Comisión de servizos como persoal Asesor técnico docente adscrito á
consellería competente en materia de educación.
1.- No anexo de persoal docente da Consellería con competencias en materia de
educación poderán figurar prazas de asesores técnicos docentes, que deberán ser
cubertas en réxime de comisión de servizos, dun ano de duración prorrogables ata un
máximo de seis, por concurso de méritos especifico entre persoal docente que reúna
os requisitos que se establezan na convocatoria.
2.- O persoal docente seleccionado percibirá as retribucións que lle correspondan como
persoal funcionario do corpo ao que pertenza e o complemento específico establecido
para os asesores técnicos docentes.
Artigo 13.- Comisións de servizos para programas educativos e prazas de convenios.
1.- Poderán convocarse prazas para o desenvolvemento de programas que teñan por
finalidade a mellora de lectura, escritura e cálculo, o reforzo, orientación e apoio do
alumnado con dificultades e problemas de aprendizaxe, redución do abandono escolar
e do absentismo, mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e outros
similares dirixidos á mellora do éxito escolar.
2.- Nos convenios que a Consellería con competencias en materia de educación
estableza con outras administracións públicas, universidades, institucións, entidades ou
empresas públicas ou privadas sen ánimo de lucro, para realizar actividades educativas
ou desenvolver programas, poderá, se é o caso, determinarse o sistema de cobertura
de prazas que poidan resultar necesarias para o cumprimento deles.
3.- As prazas cubriranse a través dun concurso específico de méritos, para a súa
provisión en réxime de comisión de servizos, polo período de tempo que se estableza
na correspondente convocatoria, que non poderá exceder de seis anos.
Artigo 14.- Comisións de servizo a petición recíproca.
1.- Poderán solicitar esta comisión de servizos dous ou máis funcionarios de carreira
con destino definitivo ou provisional, en situación de servizo activo, e os funcionarios
en prácticas, sempre que vaian a desempeñar a súa función docente no centro
educativo durante o curso académico correspondente sempre que, de reunir os
requisitos, participaran no concurso de traslados ou na adxudicación de destinos
provisionais solicitando os centros nos que se pretende prestar servizos.
2.- A concesión da comisión de servizo implicará o intercambio de forma temporal, ata
o remate do curso académico, dos destinos definitivos ou provisionais que lles
correspondía desempeñar.
3.- A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e
efectuarase nos dez primeiros días de setembro de cada ano, ou, de ser o caso, no
prazo dos cinco días seguintes ao da adxudicación de destino provisional para o curso
académico correspondente.
4.- Unicamente se poderá conceder comisión de servizo a petición recíproca entre
persoal funcionario do mesmo corpo e especialidade, ou que non sendo titulares
estean adscritos á mesma especialidade. Para estes efectos, considerarase o mesmo
corpo:
a) O corpo de inspectores de educación e o corpo de inspectores ao servizo da
administración educativa.
b) o corpo de catedráticos de ensino secundario e o corpo de profesores de ensino
secundario.
c) o corpo de catedráticos de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de
escolas oficiais de idiomas.
d) o corpo de catedráticos de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores de
escolas oficiais de idiomas.
5.- Non se poderá conceder comisión de servizo a petición recíproca máis de tres anos
continuados a un mesmo funcionario ou funcionaria, agás informe favorable da
comisión de valoración a que se fai referencia no artigo 17.
6.- Non se poderá conceder comisión de servizo a petición recíproca máis de dous anos
continuados aos mesmos solicitantes, agás informe favorable da comisión de
valoración.
7.- O director xeral de centros e recursos humanos, con carácter xeral, resolverá
favorablemente as solicitudes de comisión de servizo a petición recíproca que non
excedan dos anos previstos neste decreto, e non causen graves prexuízos a terceiros
interesados ou interesadas.
Artigo 15.- Réxime de desempeño das comisión de servizo.
Ao persoal funcionario de carreira con destino definitivo que se lle conceda una
comisión de servizos terá reserva do posto do que sexa titular.
Artigo 16.- .- Convocatorias específicas de comisións de servizo.
1.- As comisións de servizo reguladas nos artigos 8, 12 e 13 do presente decreto serán
obxecto de convocatoria específica na que a valoración dos méritos poderá constar de
dúas fases. Na primeira valoraranse, polo menos, a antigüidade, o traballo
desenvolvido e os cursos de formación e perfeccionamento superados e os impartidos.
A segunda fase consistirá na comprobación e valoración dos méritos específicos
adecuados ás características de cada posto. Con tal fin poderá establecerse a
elaboración de memorias e/ou a celebración de entrevistas, que deberán especificarse
necesariamente na convocatoria.
2.- Nesta segunda fase poderá establecerse a elaboración de memorias e/ou a
celebración de entrevistas, que deberán especificarse necesariamente na convocatoria.
Nestes supostos, na convocatoria figurará a descrición do posto de traballo, que
deberá incluír as especificacións derivadas da natureza da función encomendada a el e
a relación das principais tarefas e responsabilidades que o caracterizan. Así mesmo,
deberá fixar os criterios específicos adecuados ás características dos postos mediante a
delimitación dos coñecementos profesionais, estudos, experiencia necesaria, titulación,
se é o caso, e demais condicións que garantan a adecuación para o desempeño do
posto.
3.- As convocatorias establecerán a puntuación máxima e mínima da segunda fase.
4.- A memoria consistirá, se é o caso, nunha análise das tarefas do posto e dos
requisitos, condicións e medios necesarios para o seu desempeño a xuízo do persoal
candidato, baseada na descrición contida na convocatoria.
5.-As entrevistas versarán sobre os méritos específicos adecuados ás características do
posto, de acordo co previsto na convocatoria e, se é o caso, sobre a memoria.
6.- O persoal aspirante con algunha discapacidade poderá solicitar na instancia de
participación as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización da
entrevista.
Artigo 17.- Comisións avaliadoras
1.- Para as resolucións das comisións de servizos por motivos de saúde, de conciliación
da vida familiar e laboral, atención do alumnado de escolarización preferente en
centros ordinarios, asesores técnicos docentes, para programas o convenios, e a
petición recíproca, constituíranse comisións de avaliación coa composición que se
determine no desenvolvemento do presente decreto.
2.- As organizacións sindicais integrantes da mesa sectorial de persoal docente non
universitario poderán nomear un representante por sindicato para asistir ás reunións
da comisión.
Artigo 18.- Persoal interino
O persoal interino poderá solicitar as comisións de servizo por motivos de saúde, de
conciliación da vida familiar e laboral e por desempeño de cargos electos nas
corporacións locais, podendo concedérselle sempre que lle corresponda ser nomeado
para o curso académico correspondente conforme a normativa aplicable.
Artigo 19.- Adxudicación de destino.
1.- O persoal que se lles conceda unha comisión de servizos por razóns de saúde e
para a conciliación da vida familiar e laboral deberán efectuar solicitude de
adxudicación de destino, no prazo de cinco días naturais desde a súa concesión,
conforme á regulación establecida para a adxudicación de destinos provisionais para o
curso académico e corpo correspondente.
2.- Terán prioridade na adxudicación de destinos as comisións de servizo por motivos
de saúde sobre as comisións de servizo por razón da conciliación da vida familiar e
laboral.
3.- Nas comisión de servizo por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, a
prioridade virá determinada polo número de fillos menores de nove anos e, no caso do
mesmo número de fillos, pola antigüidade como persoal funcionario de carreira no
corpo, e antigüidade no centro e puntuación no concurso-oposición, sucesivamente.
4.- A non obtención de destino implicará a denegación da comisión de servizos por
inexistencia de vacante.
Artigo 20.- Toma de posesión
A toma de posesión será, con carácter xeral, con efectos da data que dispoña a
Consellería competente en materia de educación nas súas normas reguladoras do
comezo de curso.
Artigo 21.- Revogación das comisións de servizo.
1.- As comisións de servizo poderán ser revogadas a petición do persoal interesado,
sempre que a revogación non afecte substancialmente á prestación dos servizos.
2.- Asemade, a Consellería competente en materia de educación poderá proceder a
revogación da comisión se as necesidades do servizo así o requiren.
Disposición adicional primeira.- Comisión de servizos para o desempeño de postos
docentes nos Conservatorios superiores de música.
En tanto non se regula o acceso e ingreso ao
escénicas as prazas correspondentes aos
desempeñaranse, en réxime de comisión
pertencente ao corpo de profesores de
correspondente convocatoria pública.
corpo de catedráticos de música e artes
conservatorios superiores de música
de servizos, por persoal funcionario
música e artes escénicas previa a
Disposición adicional segunda.- Comisión de servizos como persoal asesor docente nas
estruturas de formación permanente do profesorado.
O persoal asesor docente nas estruturas de formación permanente do profesorado será
nomeado en réxime de comisión de servizos conforme se estableza na súa normativa
específica.
Disposición adicional terceira.- Modificación do Decreto 140/2006, do 31 de agosto,
polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e
funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten
ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en
función das causas de acceso a el.
a).- O artigo 6º do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, queda redactado do seguinte
xeito:
“Artigo 6º.- Cómputo da antigüidade nos supostos de desagregación, desdobramento,
fusión, transformación, supresión, ou calquera outra situación que supoña modificación
do destino definitivo.
1. O persoal funcionario docente que teña destino definitivo nun centro como
consecuencia de desagregación, desdobramento, fusión, transformación,
supresión ou calquera outra situación que supoña modificación do destino que
viña desempeñando, manterá, a efectos de antigüidade no novo centro, a
xerada no seu centro de orixe.
2. O exercicio de dereitos de conciliación da vida familiar e laboral en ningún caso
repercutirá negativamente no cómputo da antigüidade.”
b) O artigo 7º.1 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, queda redactado do seguinte
xeito:
“Artigo 7º.- Integración total ou parcial ou cambio de ensinanzas desde un centro a
outro.
1.- Dentro do ámbito territorial que a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria determine, nos casos nos que se produza unha integración total ou
parcial ou un cambio de ensinanzas desde un centro a outro, o persoal funcionario
docente das especialidades afectadas, de existir vacante ou no caso no que esa
integración ou cambio orixine vacante no centro receptor de ensinanzas, quedarán
adscritos definitivamente ao novo centro, mantendo para todos os efectos a
antigüidade que posuían no centro de orixe. Na determinación do referido ámbito
territorial a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria valorará as
necesidades de conciliación da vida familiar e laboral do persoal funcionario docente
afectado.”
Disposición transitoria
No caso de supresión da praza, o persoal asesor técnico con destino definitivo na
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria terá dereito preferente a outra
praza na localidade ou zona educativa na que estaba ubicado o centro de procedencia
ou na do posto que se suprime, a opción do persoal interesado.
Disposición derrogatoria.
Queda derrogado o decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura
de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas de
niveis non universitarios, a Orde do 17 de xuño de 2004 pola que se regulan as
permutas provisionais, por petición dos interesados, dos funcionarios dos corpos
docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria e todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ao
establecido no presente decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar,
dentro do ámbito das súas competencias, as normas precisas para a aplicación e o
desenvolvemento deste decreto.
Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela,
Descargar