ANPE Ourense S.I. PROXECTO DE

Anuncio
ANPE Ourense S.I.
Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
Capítulo:
Epígrafe:
(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia)
SUMARIO:
PROXECTO DE ORDE do de marzo de 2013 pola que se convocan
procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores
de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas
especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da
Comunidade Autónoma de Galicia.
TEXTO:
(Escribir a dous espacios)
A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o
Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos
corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a
disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
1
ANPE Ourense S.I.
ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado
polas respectivas administracións educativas.
O Título III do citado Real decreto 276/2007, regula o sistema de ingreso. O
Capítulo III do título IV regula o acceso ao corpo de inspectores de educación e
o título V o procedemento de adquisición de novas especialidades.
Aprobada polo Decreto 39/2013, do 21 de febreiro (DOG do 4 de marzo), a
oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos
corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:
-Convocatoria do procedemento selectivo para acceso ao corpo de inspectores
de educación .
- Convocatoria de procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.
-Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no
corpo de mestres.
Título I
Procedementos de ingreso e acceso
-Base primeira. Normas xerais.
1.1. Prazas convocadas.
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concursooposición, para cubrir 222 prazas, correspondentes 22 para o corpo de
inspectores de educación e 200 para o corpo de mestres, situadas no ámbito
de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da
Xunta de Galicia, coa desagregación por corpos, especialidades e quendas que
a continuación se indican:
Corpo: Inspectores de educación
2
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
Reserva de
discapacitados
Libre
Total
2
20
22
Corpo: Mestres
Código/especialidade
Reserva
discapacitados
Libre
Total
031
Educación infantil
4
46
50
032
Lingua estranxeira: inglés
4
46
50
036
Pedagoxía Terapéutica
3
47
50
037
Audición e Linguaxe
3
47
50
14
186
200
Total
1.2. Normativa aplicable.
A estes procedementos selectivos seranlle de aplicación: a Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto
básico do empregado público; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; a Lei 17/1993, do 23 de
decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos
nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; o Real decreto
276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso,
accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se
refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime
transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei,
modificado polo Real decreto 48/2010, do 22 de xaneiro; o Decreto 39/2013, do
21 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
3
ANPE Ourense S.I.
a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas
reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade
Autónoma de Galicia, o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se
aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado polas
Leis 2/2009, do 23 de xuño, 15/2010/do 28 de decembro, 1/2012, do 29 de
febreiro, Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación da normativa á
Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade e
demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta
convocatoria.
1.3. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.
As probas selectivas que se convocan terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense,
Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non
realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas,
función do número de solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen
tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar
probas.
se
en
os
as
O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso
selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela,
senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración
educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera
provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter
provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.
1.4. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do
persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao
número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa
posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de
participación.
Cando non sexa posible a localidade solicitada serán asignados a outra
localidade os aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra X e de ser
necesario polas letras inmediatamente seguintes.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
4
ANPE Ourense S.I.
O persoal aspirante pola quenda de reserva de discapacidade e polo
procedemento de adquisición doutra especialidade será asignado ao tribunal
número 1 da especialidade, cando sexa o caso, correspondente.
1.5. Asignación de prazas aos tribunais.
Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, ou no corpo de
inspectores de educación, se é o caso, as prazas serán atribuídas a cada
tribunal por resolución do Director xeral de Centros e Recursos Humanos en
proporción ao número de aspirantes das quendas libre que acudiron ao acto
de presentación establecido na base 8.6 da presente orde e, se é o caso,
aspirantes da quenda da reserva de discapacitados que superaron a fase de
oposición e non entraron na lista de aprobados do concurso-oposición por esta
quenda. Do mesmo xeito se distribuirán as prazas que, se é o caso, queden
vacantes da quenda de reserva de discapacitados. De existir empate nos
restos dos cocientes a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal número
1.
-Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante.
Para seren admitidos aos procesos selectivos convocados nesta orde, o
persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:
2.1. Requisitos xerais.
a) Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea
ou de calquera outro dos estados aos que, en virtude dos tratados
internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de
aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Tamén poderán participar, o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do
cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros estados
membros da Unión Europea ou de estados en que, en virtude de tratados
internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español,
sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o
correspondente tratado, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que os
cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes,
sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo
dos seus proxenitores.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
5
ANPE Ourense S.I.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida,
con carácter xeral, para a xubilación.
c) Estar en posesión das titulacións que se especifican nesta base. No caso de
que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a
correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto
285/2004, do 20 de febreiro (BOE do 4 de marzo), e 1837/2008, do 8 de
novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva
2005/36/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 7 de setembro, e a
Directiva 2006/100/CE, do Consello, de 20 de novembro, relativa ao
recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados
aspectos da profesión de avogado (BOE do 20).
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica
incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e
especialidade á que se opta.
e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de
calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño
de funcións públicas.
Os aspirantes a que se refire a alínea a) desta base, cunha nacionalidade que
non sexa a española, deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a
sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á
función pública.
f) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do
correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás
que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a
cal se refire o título II desta orde, no que o persoal funcionario de carreira
poderá participar.
g) Acreditar o coñecemento do galego.
h) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.
2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de acceso e
ingreso libre.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
6
ANPE Ourense S.I.
Para participar polo procedemento de acceso e ingreso libre, o persoal
aspirante deberá reunir,
2.2.1. Para o corpo de inspectores de educación.
a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dalgún dos seguintes corpos:
catedráticos de ensinanza secundaria; catedráticos de escolas oficiais de
idiomas; catedráticos de artes plásticas e deseño; catedráticos de música e
artes escénicas; profesores de ensinanzas secundaria; profesores técnicos de
formación profesional; profesores de escolas oficiais de idiomas; profesores de
artes plásticas e deseño; mestres de taller de artes plásticas e deseño;
profesores de música e artes escénicas e mestres.
b) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou
grao correspondente ou título equivalente.
c) Acreditar unha antigüidade mínima de seis anos, como funcionaria ou
funcionario de carreira nalgún dos corpos que integran a función pública
docente e unha experiencia docente de igual duración.
2.2.2. Para o corpo de mestres.
Estar en posesión ou reunir as condicións para a expedición dalgún dos
seguintes títulos:
-Título de mestre ou o título de grado correspondente.
-Título de profesor de educación xeral básica.
-Título de mestre de ensino primario.
2.3. Requisitos específicos para participar
recoñecemento legal de discapacitado.
pola queda para persoas con
2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do
Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei da función pública de Galicia e o Decreto 39/2013, do 21 de
febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a
prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7% das prazas
a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
7
ANPE Ourense S.I.
discapacitado, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta
convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de diminución de, polo
menos, o 33% e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das
tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na
correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes
da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se
é o caso, da Administración central do Estado.
2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade
cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no
punto 11 da base 5 desta convocatoria.
2.3.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal
respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades
habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que
se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente
conforme o previsto no punto 2.3.1 desta base.
O persoal aspirante que concorra por esta reserva non poderá presentarse á
mesma especialidade pola quenda libre. Asemade, só poderá participar nunha
única especialidade por este procedemento.
2.4. Prazo en que se deben reunir os requisitos.
Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no
día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o
momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
2.5. Imposibilidade de concorrer a máis dunha quenda.
Ningún aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria ou outras
dentro da mesma oferta de emprego, a prazas dun mesmo corpo e
especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos
entre corpos de funcionarios docentes.
-Base terceira. Solicitudes e pagamento dos dereito.
8
3.1. Solicitudes.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
A solicitude deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo
http://www.edu.xunta.es/oposicions debendo imprimirse a instancia que se
presentará nalgún dos lugares previsto no punto 3.5 desta convocatoria.
Na instancia, consignaranse os códigos do corpo e, no caso de mestres,
disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo
corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a
presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante
poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización da proba de máis
dunha especialidade.
O persoal aspirante que non autorice na instancia a consulta de datos do
Servizo de Verificación de Identidade deberá achegar coa solicitude unha
fotocopia do documento nacional de identidade.
3.2. Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.
O persoal aspirante incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida
en España, deberá presentar unha fotocopia do documento de identidade ou
pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente
comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de
persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá
presentar unha fotocopia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do
xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta.
No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas
autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha
declaración xurada ou promesa da persoa coa que existe este vínculo, de que
non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal
aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
3.3. Obriga de participación.
9
De conformidade co previsto no punto décimo segundo da Resolución do 10 de
maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
se da publicidade ao texto refundido do acordo do 20 de xuño de 1995, polo
que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino
e substituto, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera
especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia, estará obrigado a
participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función
pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades
ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da ou das súas
especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se
presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións
educativas, deberá achegarse á Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 31 de
xullo de 2013.
De non participar no procedemento selectivo decaerá dos seus dereitos
unicamente na lista da especialidade convocada.
3.4. Instrucións para cubrir a solicitude.
3.4.1. O persoal aspirante deberá especificar cun X o corpo e a quenda pola cal
participa, así como o nome e, se é o caso, o código da especialidade.
O persoal aspirante que alegue estar exento de realizar a proba de
coñecemento de lingua galega, presentará o correspondente documento
xustificativo debidamente cotexado, agás aquel que xa conste como exento na
aplicación informática de xestión do concurso-oposición.
Así mesmo, o persoal aspirante que non posúan a nacionalidade española e,
de conformidade co disposto no punto 6.1.1 desta orde, estea exento da
realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán,
deberá achegar para tal efecto o diploma superior do español como lingua
estranxeira ou certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido
polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en filoloxía hispánica ou
románica, ou certificación académica na que conste que se realizaron no
Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no
corpo. Exceptúase do anterior aquel persoal aspirante que xa conste como
exento na aplicación informática de xestión do concurso-oposición.
10
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
3.4.2. As persoas con discapacidade deberán indicar, no escrito que acheguen
coa solicitude, a discapacidade que padecen e solicitar as posibles adaptacións
de tempo e medios para realizar os exercicios nos casos en que estas
adaptacións sexan necesarias.
3.5. Lugar de presentación das solicitudes.
As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, podendo ser
presentadas:
a) No rexistro xeral da Xunta de Galicia.
b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.
c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado
precepto. No caso de que se optase por presentar a solicitude ante unha
oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e
selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.
O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no
artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, efectuarase mediante a
resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante
admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.
3.6. Solicitudes cursadas no estranxeiro.
As solicitudes subscritas polas persoas que residan no estranxeiro deberán
cursarse no prazo sinalado no punto seguinte a través das representacións
diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente
á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos
de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta
convocatoria.
3.7. Prazo de presentación de solicitudes.
11
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a
partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de
Galicia.
3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.
Os dereitos de exame serán os seguintes:
-Corpo:
Inspectores de educación: 40,74 euros.
Mestres: 35,08 euros.
Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación
documental:
a) Persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33%.
b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na
categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha
bonificación do 50%.
c) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos,
o mes anterior á data de convocatoria de probas selectivas de persoal
convocadas para a selección de persoal da comunidade autónoma nas que
soliciten a súa participación. Serán requisitos para o gozo da exención que, no
prazo do que se trate, non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se
negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción,
formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas
superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
O importe dos dereitos de exame e, se é o caso, os gastos de transferencia
correspondentes faranse utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no
anexo VIII. O dito impreso facilitaráselles aos interesados xunto co impreso de
solicitude e débese cubrir cos códigos que figuran no referido anexo.
A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da
entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
12
ANPE Ourense S.I.
presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación en
tempo e forma da solicitude.
Tamén poderá efectuarse o pagamento pola internet no enderezo:
http:/www.conselleríadefacenda.es/web/portal/oficina-virtual-tributaria/tramitestributarios-sen-certificado (unha vez aí entrar na oficina virtual, servizos de
acceso libre).
Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o
pagamento.
-Base cuarta. Admisión de aspirantes.
4.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.
Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista
provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, reservas e, no caso de
mestres, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome
e número de documento nacional de identidade dos aspirantes, e se están
exentos ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e
de lingua castelá. No caso dos aspirantes excluídos, especificarase a causa de
exclusión.
4.2. Reclamación contra a lista provisoria.
Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá interpoñer, no prazo
máximo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Centros
e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no
artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
4.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.
As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución
pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente
se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet
http://www.edu.xunta.es/.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
13
ANPE Ourense S.I.
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza ao
persoal interesado a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que
se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe
presentarse no caso de seren aprobados, se desprenda que non posúe algún
dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que puidesen
derivar da súa participación nestes procedementos.
4.4. Recurso contra a lista definitiva.
Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos o
persoal interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir
do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o
disposto no artigo 115º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a
redacción dada pola Lei 4/1999.
4.5. Reintegro dos dereitos de exame.
Os dereitos de exame seranlles reintegrados, por petición do persoal
interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da
realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para
tomaren parte nas devanditas probas.
-Base quinta. Órganos de selección.
5.1. Tribunais.
A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para
o efecto, sen prexuízo do previsto nos puntos 6.3 e 7.3 desta orde respecto aos
tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da
lingua galega.
5.2. Nomeamento.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais
que xulgarán o proceso selectivo , e fará pública a súa composición no Diario
Oficial de Galicia.
Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
14
ANPE Ourense S.I.
5.3. Composición dos tribunais.
Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7º do Real
decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por funcionarios de carreira en activo dos
corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores de Educación ou
de inspectores ao servizo da Administración educativa para extinguir.
Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade,
polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser
titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade
entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres
sexa superior ao de homes manterase esa porcentaxe na composición dos
tribunais.
En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou
superior grupo ao do corpo ao cal optan os aspirantes.
Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:
Prazas do corpo de inspectores de educación
-Una
presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, entre persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de
educación ou do corpo de inspectores ao servizo da administración educativa.
-Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática
entre los funcionarios y funcionarias de carreira dos corpos de inspectores de
educación ou do corpo de inspectores ao servizo da administración educativa
en situación de servizo activo.
Prazas do corpo de mestres
-Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
-Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática
entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo e especialidade
correspondente, e que estean impartindo esta.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
15
ANPE Ourense S.I.
Se con posterioridade tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente
do tribunal, o titular será substituído polo correspondente suplente ou, no seu
defecto, nas que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os
nomeou. Se non puidese actuar o suplente número catro pasaríase ao suplente
número 1.
De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética
da especialidade ou no caso de inspectores, dos corpos de inspectores de
educación ou inspectores ao servizo da administración educativa.
Quedarán exentos da participación no sorteo aqueles mestres que presten
servizos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou
nas súas xefaturas territoriais.
5.4. Tribunais suplentes.
Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento un tribunal
suplente.
5.5. Sorteo público.
O sorteo público terá lugar o día 13 de maio de 2013, ás nove horas, na Sala
de Xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.
5.6. Constitución dos tribunais.
5.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os
tribunais no prazo máximo de quince días desde a súa publicación no DOG,
sendo precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso,
do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.
Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o
correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.
Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no
corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
16
ANPE Ourense S.I.
5.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas
pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos
os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e
abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non
obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non
puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de
garantir o dereito dos aspirantes á participación no proceso selectivo.
5.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos vogais,
polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá
recaer no vogal suplente respectivo ou, no seu defecto, nos que o sigan,
segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.
5.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de
conformidade co disposto no artigo 8º.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de
febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a
suplencia,ademais de nos supostos previstos na Lei 30/1992, do 26 de
novembro, a aquelas persoas que a soliciten e actuaran como membros dun
tribunal de oposicións durante os anos 2009, 2010 ou 2011,sexan directores
ou directoras dun centro ou liberados sindicais.
5.7. Abstención e recusación dos tribunais.
Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias
sinaladas no artigo 28º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do
mesmo xeito, de acordo co artigo 8º.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de
febreiro, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas
de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo
corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.
Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando
concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo
29º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
17
5.8. Categoría dos tribunais e comisións da avaliación da fase de prácticas.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
Para os efectos previstos no artigo 26º.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño
(DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría
primeira.
5.9. Indemnizacións por razón do servizo.
Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na
normativa vixente.
5.10. Funcións dos tribunais.
Os tribunais con plena autonomía funcional, serán responsables da
obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da
convocatoria.
Correspóndelles aos tribunais:
a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décima e décimo
primeira.
b) A determinación dos criterios de actuación.
c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da
primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.
d) A valoración dos méritos da fase de concurso.
e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.
f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase
de oposición, a ordenación dos aspirantes e a elaboración das listas dos
aspirantes que superasen ambas as fases.
g) A declaración dos aspirantes que superaron as fases de concurso e
oposición e resulten seleccionados, a publicación das listas correspondentes a
eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos.
18
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
h) A conformación do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles
sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa
disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o
desenvolvemento do procedemento.
A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei
30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
5.11. Adaptación de tempo e medios.
Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os
aspirantes con discapacidade gocen de similares oportunidades para a
realización das probas que o resto dos participantes. Neste sentido
estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as
adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as
instrucións dadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará a
cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.
-Base sexta. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas
que non posúan a nacionalidade española.
6.1. Acreditación do coñecemento do castelán.
6.1.1. De conformidade co previsto no artigo 16º do Real decreto 276/2007, do
23 de febreiro, as persoas que non posúan a nacionalidade española e non
teñan como idioma oficial o español, deberán acreditar o coñecemento do
castelán mediante a presentación dalgún dos títulos ou certificados seguintes:
-Diploma superior de español como lingua estranxeira.
-Certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas
oficiais de idiomas.
19
-Título de licenciatura en filoloxía hispánica ou románica.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
-Certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español
estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.
6.1.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán da
forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización
dunha proba, na cal que comprobará que posúen un nivel adecuado de
comprensión escrita desta lingua. A Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá
a data na que se realizará a dita proba.
6.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán
axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que
se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8
de novembro).
6.3. Tribunal de valoración.
A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por un presidente
ou presidenta e catro vogais, pertencentes ao corpo de catedráticos ou
profesores de ensino secundario, especialidade lingua castelá e literatura. Os
catro vogais serán designados mediante sorteo público. Da mesma forma
designarase un tribunal suplente.
6.4. Valoración da proba.
O tribunal valorará esta proba de «apto» ou «non apto». Quedarán excluídas
do procedemento selectivo as persoas «non aptas».
Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do
persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa
á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación
ao expediente.
-Base sétima. Acreditación do coñecemento do galego.
7.1. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa
presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da
súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
20
ANPE Ourense S.I.
validación, feita polo órgano competente, o título de licenciado en filoloxía
galego-portuguesa ou certificado de ter o curso de especialización en lingua
galega.
7.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma
prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha
proba.
Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o
temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do
castelán ao galego.
7.3. Tribunais de valoración.
A valoración da proba a realizará o tribunal designado por resolución da
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por un presidente
ou presidenta, designado directamente pola Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e
catro vogais, designado por sorteo público, pertencentes ao corpo de
catedráticos ou de profesores de ensino secundario, especialidade lingua e
literatura galegas. Da mesma maneira designarase un tribunal suplente.
7.4. Valoración da proba.
Os tribunais valorarán esta proba de «apto» e «non apto». Quedarán excluídas
do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».
Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do
persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuasen e
elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa
incorporación ao expediente.
-Base oitava. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo.
8.1. Comezo.
21
O procedemento selectivo dará comezo a partir do 21 de xuño de 2013.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
8.2. Orde de actuación.
A actuación dos aspirantes, cando non sexa simultánea, será realizada pola
seguinte orde:
a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición
doutra especialidade, pola orde que se establece na letra seguinte.
b) A orde de actuación dos restantes aspirantes iniciarase alfabeticamente por
aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra «X», conforme o
sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2013, e publicado no Diario
Oficial de Galicia do 22 de xaneiro. Os tribunais que non conten con aspirantes
cuxo apelido empece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra
ou letras seguintes.
8.3. Citación dos aspirantes.
8.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través do Diario Oficial de Galicia,
para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do
castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación
e a primeira parte da proba prevista na base novena desta convocatoria, con
dez días naturais de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o
lugar en que se realizarán estes actos.
8.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en
único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non
comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e
libremente apreciados polo tribunal.
8.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, non será obrigatoria a
publicación dos sucesivos chamamentos aos aspirantes no Diario Oficial de
Galicia. Estes anuncios deberán facelos públicos os tribunais nos locais en que
se celebren as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, con
24 horas, como mínimo, de antelación.
8.4. Identificación dos aspirantes.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
22
ANPE Ourense S.I.
O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para que
acrediten a súa identidade.
8.5. Exclusión dos aspirantes.
Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento
de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos esixidos por esta
convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a
súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos,
comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola
persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os
efectos que procedan.
Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento
selectivo a aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo
fraudulento durante a realización dos exercicios.
Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá interpoñer recurso de alzada
perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
8.6. Acto de presentación.
Na data, a hora e o lugar que se estableza, conforme o previsto no punto 8.3.1,
celebrarase o acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as
persoas aspirantes dos procedementos selectivos. Este acto de presentación,
que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do
castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non
se admitirán acreditacións nin poderes de representación.
As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos
e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior
debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente,
será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea
adscrito.
Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba
coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe
facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
23
ANPE Ourense S.I.
realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as
medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.
Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas
que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou
similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que
convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para
desenvolvemento do procedemento selectivo.
aspirantes,
documento
consideren
o mellor
-Base novena. Sistema de selección.
9.1. Sistema selectivo.
O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concursooposición. Existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do
proceso selectivo.
9.2. Temarios.
Nestes procedementos selectivos rexerán os seguintes temarios:
- Corpo de inspectores de educación: Orde EDU/3429/2009, do 11 de
decembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do
procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de educación (BOE
número 306 do 21 de decembro)
-Corpo de mestres:
Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de
Educación (BOE do 21 de setembro), no que se refire á parte A, e quedará sen
vixencia para a súa aplicación a este procedemento selectivo o disposto en
canto á parte B.
9.3. Fase de concurso.
9.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal.
Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os
méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de
presentación de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o
baremo que se inclúe como anexo I e II desta convocatoria, segundo se trate
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
24
ANPE Ourense S.I.
de persoal aspirante a acceso ao corpo de inspectores de educación ou de
persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres.
A documentación acreditativa dos méritos alegados, na forma que se establece
no anexo I e II desta orde, só deberá presentala ante o propio tribunal o persoal
aspirante a acceder ao corpo de inspectores de educación que supere a
primeira parte da proba ou o persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres
que supere a primeira proba, no prazo que estableza o propio tribunal ao
publicar no taboleiro de anuncios da sede de actuación, a resolución que faga
pública a relación do persoal aspirante que superou a primeira parte da proba
ou a primeira proba. A documentación acreditativa achegárase xunto cunha
relación dos méritos alegados nos modelos que se publican como anexo III ou
IV desta convocatoria, e que poderá cubrir e imprimirse a través da aplicación
informática.
Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada
documentación, todos os méritos alegados deben posuírse con anterioridade a
data de final do prazo de presentación de solicitudes.
A documentación acreditativa dos méritos de cada aspirante quedará baixo a
custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección xeral de
Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo,
xunto co expediente administrativo.
9.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.
A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto no
anexo I ou II, segundo se trate de aspirantes do corpo de inspectores ou de
aspirantes a ingreso no corpo de mestres e, se é o caso, as instrucións que
poida ditar a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos.
A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicárase no
taboleiro de anuncios da sede de actuación do tribunal e, para os efectos
informativos, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, na dirección de internet http://www.edu.xunta.es.
Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante
escrito dirixido ao mesmo, no prazo de tres días hábiles contados desde o día
seguinte ao da súa publicación.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
25
ANPE Ourense S.I.
9.3.3. Puntuación definitiva.
Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará
pública a puntuación definitiva da fase de concurso no taboleiro de anuncios da
sede de actuación e na dirección de internet http://www.edu.xunta.es.
Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do
persoal aspirante que supere a fase de oposición.
9.3.4. Recurso de alzada.
Contra a resolución que fará publicas as puntuacións definitivas da fase de
concurso poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o
director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria.
Base décima. Desenvolvemento da fase de oposición de acceso ao corpo de
inspectores de educación.
10.1. Fase de oposición.
A fase de oposición consistirá nunha proba na que se valorarán os
coñecementos pedagóxicos, de administración e lexislación educativa
adecuada á funcións inspectora que van a realizar os aspirantes, así como os
coñecementos e técnicas específicas para o desempeño da mesma. A proba
constará de tres partes, nas que haberá que obter unha cualificación mínima de
cinco puntos en cada unha delas.
10.2. Partes da proba.
a) Parte primeira. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema referido
á parte A do temario, elixido polo aspirante de entre dous extraídos ao chou
polo tribunal.
Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun
máximo de tres horas.
26
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
Este exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal, que poderá
formular as preguntas ou aclaracións que estime pertinentes, durante un
período máximo de quince minutos.
b) Parte segunda. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na
primeira parte da proba, realizará esta segunda parte consistente na exposición
oral dun tema, referido á parte B do temario, elixido polo persoal aspirante de
entre dous extraídos ao chou polo tribunal.
O persoal aspirante disporá de trinta minutos para a preparación deste
exercicio e dun máximo de sesenta minutos para a súa exposición oral.
Terminada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións
que estime pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.
c) Parte terceira. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na
segunda parte da proba, realizará esta terceira, que consistirá na análise por
escrito dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da
inspección de Educación, que será proposto polo tribunal
Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun
máximo de tres horas. O exercicio será lido polo persoal aspirante ante o
tribunal.
10.3. Cualificación da fase de oposición.
O tribunal cualificará cada unha das partes da proba de cero a dez puntos,
sendo necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación igual ou
superior a cinco para considerar que o persoal aspirante superou a fase de
oposición e, polo tanto, poder acceder á valoración dos méritos da fase de
concurso.
A cualificación correspondente a cada parte da proba será a media aritmética
da puntuación de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas
con aproximación de ata as dez milésimas, para evitar dentro do posible que se
produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do
tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente
excluídas as cualificacións máxima e mínima, a puntuación media calcularase
entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións
máximas ou mínimas, só será excluída unha delas.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
27
ANPE Ourense S.I.
A puntuación final da proba, unha vez superadas as tres partes da mesma,
será o resultado de ponderar nun 40% a puntuación obtida na parte terceira e
un 30% cada unha das outras partes.
Base décimo primeira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no
corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de discapacitados.
Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e
técnicos da especialidade docente á que opta o persoal aspirante, así como a
aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio
docente.
11.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007,
do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de inglés deberá
desenvolver as probas neste idioma.
11.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no
mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha
mesma sesión.
11.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos
coñecementos específicos da especialidade docente á que se opta, e constará
de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:
11.3.1. Parte A: Incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha
serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao
disposto no anexo VI desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal
aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas
correspondentes á especialidade á que se opte. O tempo asignado para a
realización desta proba será establecido polos tribunais.
11.3.2. Parte B: Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido
polo aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario
oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.
Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da
primeira proba.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
28
ANPE Ourense S.I.
No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito
procederase a súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada
parte realizarase por separado.
11.3.4. Cualificación da primeira proba.
A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos,
ponderándose do seguinte xeito:
- Parte A: A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por
0,7 a cualificación obtida.
- Parte B: A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por
0.3 a cualificación obtida.
Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de
polo menos o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha
puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas
correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta
proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou
e no enderezo de internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións
obtidas polos aspirantes que a superaron.
11.4 Segunda proba nas especialidades de educación infantil e lingua
estranxeira: inglés. Proba de aptitude pedagóxica.
O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba
que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal
aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A
proba componse de dúas partes:
Parte A: Presentación e defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo
relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán
especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así
como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en
que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
29
ANPE Ourense S.I.
impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades
didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver
completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso,
unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15
unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos,
unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara
e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12
puntos.
Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a
contraportada. Si se computará o índice.
Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa
programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En
ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido
da programación.
As programacións versarán sobre os currículos publicados no Diario Oficial de
Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables
na comunidade autónoma.
A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que
supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que
estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.
Parte B. Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.
A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade
didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade
didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante
ou elaborada a partir do horario oficial da especialidade. No primeiro caso, o
aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou
por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o
contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por
el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade
unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que
perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensinanza e
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
30
ANPE Ourense S.I.
aprendizaxe que se van a formular na aula e os seus procedementos de
avaliación
O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade
didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade
de conexión co exterior, polo que o material que vaia a utilizar non poderá ser
susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.)
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que
considere oportuno e que deberá aportar el mesmo, sempre que sexa
aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se
entregará ao tribunal ao final da mesma.
O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral
da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o
tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da
programación didáctica presentada, que non poderá exceder de vinte minutos,
e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá
de trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de
dez minutos.
11.5. Segunda proba nas especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e
linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.
No caso de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, esta segunda proba
terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e
o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de
asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de
apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas e na
elaboración e exposición oral dun programa de intervención.
Parte A: O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas
específicas deberá basearse na normativa vixente e nas necesidades do
alumnado, do centro e do contexto, e contemplará obxectivos, contidos,
actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e
organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas. Neste plan
deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como
profesor de apoio.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
31
ANPE Ourense S.I.
O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas
deberá entregarse ao tribunal por aqueles que superen a primeira proba, no
centro no que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar
as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.
Parte B: Elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de
intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidades
educativas específicas presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir
do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá
ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidade
educativas especificas (alumnado estranxeiro, con sobredotación intelectual ou
con necesidades educativas especiais). No segundo caso, o aspirante elixirá o
contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou
por el mesmo, do temario oficial da especialidade.
O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación do programa de
intervención e poderá utilizar o material que estime oportuno.
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non
excederá dun folio e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa
exposición.
O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha hora para a defensa do
plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, a
exposición do programa de intervención e posterior debate diante do tribunal. O
persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o
alumnado con necesidades educativas específicas, que non poderá exceder de
vinte minutos, e a continuación realizará a exposición do programa de
intervención, que non excederá de trinta minutos. A duración do debate, se é o
caso, non poderá exceder de dez minutos.
11.6. Cualificación da segunda proba.
Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, debendo
alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou
superior a cinco puntos.
32
11.7. Cualificación da fase de oposición.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética
das puntuacións obtidas nas dúas probas que integran a mesma cando ambas
fosen superadas.
11.8. Cualificación do tribunal.
A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será
a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no
tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para
evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións
outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis
enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima,
calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de
empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída
unha delas.
Estas cualificacións faranse constar no expediente administrativo.
Base duodécima. Acceso á fase de concurso.
A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a
dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á
fase de concurso.
O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao
número de prazas convocadas.
-Base décimo terceira . Forma de cubrir as prazas de reserva.
Os tribunais números 1, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta
convocatoria pola reserva de discapacidados, axustarase ás seguintes normas:
a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os
requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás
prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas
adxudicaráselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.
b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para persoas con
discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o
número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
33
ANPE Ourense S.I.
formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións que os
das prazas libres, segundo a súa puntuación e tal e como se determina na
base 14.
c) No caso de que existan prazas de calquera das reservas que non poidan ser
cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación
mínima requirida, estas acumuláranse ás libres e serán distribuídas pola
Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo co procedemento
establecido na base primeira, epígrafe 5.
Base décimo cuarta.- Superación do procedemento selectivo.
14.1. Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán
definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de
oposición, resultando seleccionados para pasaren á fase de prácticas aqueles
aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global da fase de
oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o úmero
total de prazas asignadas ao tribunal.
De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007,
do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e
concurso para formar a puntuación global será de dous terzos da fase de
oposición e un terzo da fase de concurso.
14.2. As prazas que puideran quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas
pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a
fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición,
unha vez efectuadas as ponderación pertinentes, do tribunal da mesma
especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas
establecido na base 1.5 desta convocatoria.
14.3. Criterios de desempate.
No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo
sucesivamente aos seguintes criterios:
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
34
ANPE Ourense S.I.
a) Maior puntuación na fase de oposición.
b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que
estes aparecen nesta convocatoria.
c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que
estas aparecen nesta convocatoria.
d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que
estas parecen nesta convocatoria.
e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha
proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario
da especialidade no caso de mestres, e á parte B do temario no caso do corpo
de inspectores de educación.Esta proba será elaborada, organizada e avaliada
polo tribunal corresponde. As persoas aspirantes serán convocadas para esta
proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.
14.4. Orde de relación.
Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante
que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle
foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas
bases anteriores.
Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que
se celebraron as probas, así como no enderezo da internet
http://www.edu.xunta.es outorgándose un prazo de dous días hábiles para
reclamar contra posibles erros.
Contra as listas definitivas poderán os interesados interpoñer, de conformidade
co disposto nos artigos 107º e 114º da Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de
alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.
14.5. En ningún caso os tribunais, poderán aprobar nin declarar que superaron
o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
35
ANPE Ourense S.I.
a cada un deles. Calquera proposta de aprobados que contraveña o
establecido neste punto será nula de pleno dereito.
14.6. O persoal aspirante que superen no mesmo corpo os procedementos
selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación,
Cultura e Deporte ou noutra comunidade autónoma con competencias en
materia educativa, se optasen polo posto de traballo correspondente ao ámbito
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberán
presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no
prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia
da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación
do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como
renuncia tácita aos restantes.
14.7. Publicación da lista de aprobados.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no
Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet
http://www.edu.xunta.es as listas únicas de aprobados por especialidade, no
caso de mestres, ou do corpo de inspectores de educación, segundo se detalla
nos puntos anteriores, fixándose
A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade
ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se
declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os
criterios establecidos nesta base común 14.
-Base décimo quinta. Presentación de documentos.
15.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en
que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os
aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso no correspondente
corpo ou certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos
para a obtención do título, xunto coa fotocopia compulsada do recibo
acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
36
ANPE Ourense S.I.
de expedición, agás se calquera dos dous documentos fose presentado para a
súa valoración como mérito. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro,
deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de
recoñecemento da titulación para exercer a profesión de mestre.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin
estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co
exercicio da docencia.
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con
discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes da
Consellería de Traballo e Benestar Social que acredite tal condición, e tamén
terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración
sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións
correspondentes.
c) Declaración responsable de que non foron separados mediante expediente
disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública e de non estar
inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que
figura como anexo VII a esta convocatoria.
Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española
deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción
disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función
pública, segundo o mesmo modelo do anexo VII.
15.2. Excepcións.
Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en
situación de servizo activo estarán exentos de xustificar documentalmente as
condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento,
e deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do
organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os
seguintes datos:
a) Corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo
activo.
b) Lugar e data de nacemento.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
37
ANPE Ourense S.I.
c) Título académico que posúen e data de expedición.
15.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os
documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se
reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de
proba admisible en dereito.
15.4. Os que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non
presenten a documentación ou se do exame dela se deduce que carecen
dalgún dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser
nomeados funcionarios en prácticas nin funcionarios de carreira, e quedarán
anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que
incorresen por falsidade na solicitude inicial.
-Base décimo sexta. Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas.
16.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios ou funcionarias en
prácticas.
As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre
ou reserva de minusválidos quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que
a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a
realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados
destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso
selectivo.
Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo
respectivo, serán nomeados funcionarios en prácticas.
A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas será con
efectividade da data que se determine para o comezo do curso.
Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a
realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o
procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema
previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de cinco días naturais
contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
38
ANPE Ourense S.I.
tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
16.2. Destino definitivo.
As persoas aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obter o seu
primeiro destino definitivo nun dos centros ou nunha das sedes, no caso da
inspección educativa,directamente xestionados pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, e están obrigadas, para estes efectos, a
participaren nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se
convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.
16.3. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario
ou funcionaria en prácticas.
Desde o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas ata o
nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídicoadministrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en
prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente ou un posto da
Inspección educativa.. En todo caso, a súa incorporación á realización das
prácticas producirase con ocasión de vacante.
16.4. Aprazamento da fase de prácticas.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa
xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da
fase de prácticas.
16.5. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de inspectores de
educación.
Estará exento da realización da fase de prácticas o persoal aspirante
seleccionado que acredite ter prestado servizos, polo menos durante un ano,
como inspector ou inspectora de Educación, con carácter provisional. Esta
exención deberá ser solicitada pola persoa interesada ante a Dirección xeral de
Centros e Recursos e Humanos.
Sen prexuízo do recoñecemento como exento da avaliación da fase de
prácticas, a situación administrativa destes, ata o seu nomeamento como
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
39
ANPE Ourense S.I.
persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación, será a
de persoal funcionario en prácticas, e estarán obrigados a desempeñar os
destinos provisionais que lles asigne a Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos.
16.6. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de mestres.
Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aqueles aspirantes que
acrediten unha experiencia dun ano como persoal funcionario de carreira dun
corpo docente.
16.7. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.
O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e
que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como
funcionarios de carreira, interinos, contratados administrativos ou como persoal
laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa
normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción
das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en
prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de
febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21
de febreiro (BOE do 1 de marzo). A falta de opción expresa, enténdese que se
opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.
-Base décimo sétima. Fase de prácticas no corpo de inspectores de educación.
17.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.
As prácticas terán por obxecto garantir que o persoal aspirante que superou a
fase de concurso-oposición posúa a adecuada preparación para levar a cabo
as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de Educación. Serán tuteladas
por un funcionario ou funcionaria de carreira co corpo de inspectores ao
servizo da Administración educativa ou do corpo de inspectores de Educación.
Realizáranse nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño
da función inspectora con plena validez.
A súa duración será de catro meses.
17.2. Constitución das comisiones cualificadoras.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
40
ANPE Ourense S.I.
En cada xefatura territorial constituirase una comisión cualificadora da fase de
prácticas integrada pola xefatura de la inspección, que exercerá la presidencia,
y dos funcionarios o funcionarias de carreira del corpo de inspectores ao
servizo da Administración educativa o do corpo de inspectores de Educación.
17.3. Funciones do titor ou titora.
Las funciones del inspector o inspectora titora consistirán en asesorar, informar
e avaliar, tal como se indica en el punto seguinte, ao persoal en prácticas,
sobre las funciones propias de las inspectoras e inspectores de Educación. Al
final del período de prácticas, o titor o titora emitirá un informe sobre todos ls
datos que considere de interese e o remitirá á comisión cualificadora.
17.4. Actividades de inserción y formación.
Las actividades de inserción no posto de traballo consistirán no
desenvolvemento de actividades tuteladas polo inspector ou inspectora titora
en relación ao plan de actuación da Inspección educativa.
As actividades de formación serán programadas pola Consellería de Cultura,
Educación y Ordenación Universitaria, ben como actividades específicas para o
persoal aspirante, ben dentro da oferta xeral de formación. Versarán sobre as
competencias propias da Inspección educativa. A súa duración non será
inferior a sesenta horas. Sobre o desenvolvemento destas actividades emitirán
informe as persoas responsables da actividade, se se trata dunha oferta
específica, ou mediante o certificado correspondente se se trata de actividades
incluídas na oferta xeral..
17.5. Memoria final.
O persoal aspirante elaborará un informe-memoria final no que fará una
valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e
dos apoios recibidos. Este informe entregarase ao final da fase de prácticas á
comisión cualificadora.
17.6. Avaliación das inspectoras e dos inspectores en prácticas.
A avaliación do persoal aspirante efectuarase pola comisión cualificadora a
partir dos informes emitidos pola inspectora ou inspector titor, do persoal
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
41
ANPE Ourense S.I.
responsable das actividades de formación e do informe-memoria presentado
pola persoa aspirante.
A comisión cualificadora trasladará ao director xeral de Centros e Recursos
Humanos a relación de persoas en prácticas coa cualificación obtida.
Las prácticas cualificaranse como apto o no apto.
Os aspirantes cualificados de non aptos na fase de prácticas poderán repetir
esta fase por unha soa vez no curso académico seguinte. Os que non se
incorporen ou sexan declarados ou declaradas non aptos por segunda vez
perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios o
funcionarias de carreira.
Base común décimo oitava. Fase de prácticas do corpo de mestres.
18.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.
A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a
comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias
para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles
correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións,
con desempeño de función docente con plena validez académica.
A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas
xustificadas.
18.2. Constitución das comisións cualificadoras.
En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora
integrada pola xefatura da inspección provincial, que actuará como presidente;
dous inspectores de educación e dous directores de centros designados polo
xefa ou xefe territorial.
42
18.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a
titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo,
preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión
cualificadora da provincia.
18.4. Funcións do titor ou titora.
As funcións do profesor titor consistirán en asesorar, informar e avaliar o
funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos
seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a
programación didáctica da materia, a programación de aula e a avaliación dos
alumnos. Ao final do período de prácticas, o profesor titor emitirá un informe
sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión
cualificadora.
O profesorado que tutele as prácticas dos aspirantes seleccionados nos
concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento
de 30 horas de formación pola función desenvolvida cun máximo de sesenta
horas por sexenio.
18.5. Actividades de formación.
Formando parte da fase de prácticas, os aspirantes seleccionados deberán
realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este
curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado,
consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os
aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lles permita
aos funcionarios en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas
funcións e tarefas.
18.6. Avaliación do profesorado en prácticas.
As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha
valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e
dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de
prácticas á comisión cualificadora.
43
A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a
partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou
inspectora responsable do centro e do informe presentado polo propio
aspirante.
A presidencia da comisión cualificadora, en caso de que o considere necesario,
disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta
servizos o funcionario ou funcionaria que está realizando as prácticas, visite o
dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O
informe da inspección engadirase aos do director e profesor-titor para que,
xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario en prácticas, sirvan
para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.
18.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e
Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa
cualificación obtida.
18.8. Cualificación da fase de prácticas.
As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.
18.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.
As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderá
repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte
promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao do
último seleccionado na súa especialidade. No caso de que non houbese
convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas
no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non
aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como
funcionarios ou funcionarias de carreira.
-Base décimo novena. Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira.
19.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.
Rematada a fase de prácticas e verificado que os que a superaron reúnen os
requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria,
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o
expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado nos
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
44
ANPE Ourense S.I.
correspondentes corpos ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o
nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de
carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2014.
19.2. Destino definitivo en Galicia.
De acordo co previsto no artigo 10º d) do Real decreto 276/2007, do 23 de
febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o
seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación
forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.
Título II
Procedemento de adquisición doutras especialidades
-Base vixésima.
Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de
mestres poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido
nas seguintes bases:
20.1. Normas xerais.
As especialidades que poderán adquirirse no corpo citado anteriormente
mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as
convocadas para o procedemento de ingreso libre.
A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no
punto 1.2. desta orde, así como as restantes bases do título I que non se
opoñan ao disposto neste título.
20.2. Requisitos das persoas candidatas.
Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán
reunir os seguintes requisitos:
a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, con destino no
ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
45
ANPE Ourense S.I.
b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que
se pretenda adquirir.
20.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.
As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido
na base 3 desta convocatoria.
20.4. Órganos de selección.
Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire
a base 5 desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as
mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.
20.5. Comezo e desenvolvemento das probas.
O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co
disposto na base 8 desta convocatoria.
20.6. Sistema de selección.
-Para todas as especialidades.
A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta,
elixido polo aspirante de entre tres extraídos ao chou polo tribunal,
O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación, e poderá utilizar o
material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima
dunha hora.
Na especialidade de lingua estranxeira: inglés, a exposición realizarase nesta
lingua.
20.7. Cualificación da proba.
Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de apto ou non
apto e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto.
20.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
46
ANPE Ourense S.I.
Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo
a cualificación de apto reúne os requisitos exixidos na base 15 desta
convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declaran aptos ao
persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.
20.9. Exención da fase de prácticas.
O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará
exento da fase de prácticas.
Santiago de Compostela, ..... marzo de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
47
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º
Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com
www.defensordoprofesor.com
Descargar