FAX: 981 545484 DATA: 18 - marzo - 2013 DIRIXIDO A: sindicatos da Mesa Sectorial Docente non Universitaria DE: Mª Sol Fernández Sánchez, secretaria da Mesa De orde do sr. Presidente da Mesa Sectorial, convoco a ese sindicato á sesión que terá lugar o xoves, 21 de marzo, ás 17.00 h. na Aula nº 1 (Colmeiro) da Escola Galega da Administración Pública, de acordo coa seguinte orde do día: 1 Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 28 de febreiro 2 Orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia 3 Orde pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia 4 Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013 5 Rogos e preguntas Asdo: Mª Sol Fernández Sánchez