Resolución do 31 de xullo de 2012: Adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2012/2013

Anuncio
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
HOJAS PARA EL DIARIO OFICIAL - PÁG - 1 -
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
Capítulo:
Epígrafe:
(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia)
SUMARIO:
Resolución do 31 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola
que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2012-2013.
TEXTO:
(Escribir a dous espacios)
En aplicación do disposto na base vixésimo terceira da Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG do 12 de xuño)
pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisorio para o curso 2012-2013, aos mestres
que non teñen destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos,
RESOLVE:
Primeiro.- Facer pública no anexo a esta resolución a adxudicación definitiva dos destinos provisionais
obtidos para o curso 2012-2013 polos mestres que non teñen destino definitivo.
Segundo.- A toma de posesión dos referidos destinos será a do 1 de setembro de 2012. Para o persoal
interino con nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do 10 de setembro de
2012.
Non obstante ao anterior, este profesorado deberá presentarse o día 1 de setembro no destino que se publica
nesta resolución.
(NO ESCRIBIR EN EL DORSO)
A4 (210x297) UNE
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
HOJAS PARA EL DIARIO OFICIAL - PÁG - 2 -
Para o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos administrativos e económicos serán do 12 de
setembro de 2012, debendo presentarse este mesmo día no destino que se publica nesta resolución.
Terceiro.- Os nomeamentos serán remitidos no mes de setembro aos interesados ao centro de destino
obtido neste proceso.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012
José Manuel Pinal Rodríguez
Director Xeral de Centros e Recursos Humanos
INSÍRASE NO DOG
(NO ESCRIBIR EN EL DORSO)
A4 (210x297) UNE
Descargar