Asunto: solicitude de conta de correo temporal En relación coa súa solicitude, para poder participar no concurso de traslados nesta Comunidade Autónoma, deberá achegar ao número de FAX 981-545 484 ou oa enderezo [email protected] / ou ao número de FAX 881999241 ou ao enderezo [email protected] a seguinte documentación e datos: - Certificación expedida polo órgano competente da administración da que dependa con indicación expresa dos seguintes datos: Nome, apelidos e NIF Corpo ao que pertence, especialidade de acceso e especialidade/s das que é titular e ten recoñecida/s Data de nomeamento/posesión como funcionario/a de carreira Situación administrativa actual Causa de acceso e data do último destino definitivo. - Datos: enderezo/domicilio, un número de teléfono móbil e dirección de correo electrónico, no que recibirá unha clave de activación (PIN) para activar a súa conta de correo no enderezo: : https://www.edu.xunta.es/contausuario/, e elixir a opción 2.2 “Activar conta”. Seguidamente, poderá entrar, tanto na aplicación informática do concurso, como na aplicación informática de datos persoais, na que poderá alegar os méritos, méritos que deberá xustificar de acordo co establecido nas bases da convocatoria Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016