CASTELAO SEMPRE - Asociación Socio

Anuncio
Mª Carmen Suárez
Mª Carmen Gasamáns
UNIDADE DIDÁCTICA
Que acompaña ao espectáculo teatral presentado pola compañía “Espello
Cóncavo” e co-producido pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega
(Pre-edición)
1
ÍNDICE
1. ¿Como é a obra Castelao Sempre?
2. ¿Que pretendemos con esta proposta de actividades?
3. ¿Que vos propoñemos para antes de ver a obra?
A) Actividades para unha ou dúas sesións.
B) Outras actividades.
4. Proposta de lecturas para os diferentes niveis da ESO
5. Comentarios dalgúns textos literarios que aparecen representación teatral.
6. Avaliación da actividade.
A) Individual
B) Do grupo.
C) Da proposta de actividades.
7.- Anexo I: Guía para desenvolver o tema
8.- Anexo II: Ficha de traballo sobre a representación teatral
9.- Anexo III: Cronoloxía
10.- Bibliografía
2
1. ¿Como é a obra Castelao Sempre?
Como todos sabedes o sete de xaneiro deste ano 2000 celebramos o cincuenta aniversario do
pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na cidade de Bos Aires. É este un bo momento para
reflexionar sobre a importancia que esta figura ten para todos nós e transmitirlles aos nosos alumnos e
alumnas parte das súas ensinanzas e facilitarlles o contacto directo coa súa obra que é a mellor homenaxe
que se lle pode facer a un autor.
A representación teatral Castelao sempre segue a vida de Castelao, pero dunha maneira orixinal que
axuda a coñecer ao mesmo tempo a súa obra xa que nela aparecen personaxes, textos narrativos
escenificados, fragmentos do Sempre en Galiza e de Os Vellos non deben de namorarse así como
referencias a outras obras narrativas e á súa producción plástica.
Como co-protagonista da obra figura o personaxe da Marquesiña, quen acompaña a Castelao nunha
rememoración da súa vida. Na obra vanse mencionando unha serie de datas, ordenadas
cronoloxicamente, importantes na vida de Castelao e na historia do país. É nesa estructura marcada polas
datas onde os textos de Castelao cobran protagonismo.
2. ¿Que pretendemos con esta proposta de actividades?
Estas actividades están destinadas, por un lado, a que o alumnado que vaia presenciar a
representación teatral entenda as referencias tanto históricas como literarias da mesma e, por outro,
aproveitar a oportunidade que esta representación nos ofrece para traballar dun xeito máis atractivo
tanto o contexto histórico do primeiro tercio do século XX como a figura de Castelao.
Por suposto, o
ideal é realizar estas actividades ao redor da data da vosa asistencia á
representación teatral, pero poden ser utilizadas en calquera momento do curso que consideredes
oportuno.
En coherencia coa proposta da obra de teatro CASTELAO SEMPRE, partimos do presuposto de que o
importante é que o alumnado teña un contacto directo cos textos e coa obra gráfica de Castelao, xa
que a lectura de textos dos clásicos é unha actividade fundamental para o ensino da lingua e a
literatura.
Para facilitar o seguimento desta unidade partimos da utilización de materiais publicados de fácil
acceso e sobradamente coñecidos polo profesorado.
A nosa proposta serve, coas adaptacións oportunas, para todos os niveis de ensino secundario
obrigatorio e para o bacharelato. Por este motivo cada grupo de actividades contén propostas de diferente
dificultade e profundidade.
Canto á extensión pensamos que como mínimo sería conveniente unha sesión antes de acudir á
3
representación co fin de tratar o contexto histórico e algúns textos literarios e outra despois para extraer
conclusións e facer unha avaliación da experiencia. Por isto propoñemos unhas “Actividades mínimas”
pensadas para dous periodos lectivos e outras, baixo o epígrafe de “Para profundizar”, que se poderían
desenvolver en sesións sucesivas.
O noso obxectivo é despertar o interese do alumnado por coñecer a figura e a mensaxe de Castelao
e reflexionar sobre a súa actualidade.
3 ¿Que vos propoñemos para antes de ver a obra?
Se queremos que a representación sexa entendida polo alumnado temos que facer fincapé no
aspecto no que acostuma a ter máis dificultades, é dicir, o contexto histórico, social e literario: É
importante situar o autor no seu tempo e relacionar os acontecementos históricos coas produccións
literarias.
Materiais e metodoloxía
Dadas as características da obra teatral que van presenciar, onde o protagonismo reside nos propios
textos de Castelao, consideramos indispensable que o alumnado coñeza ao mesmo tempo os
acontecementos históricos e as produccións do autor. Para que o alumnado manexe a obra impresa de
Castelao sería coveniente usar todos os textos que teñades no centro, por este motivo, propoñémosvos
que a primeira sesión a fagades na Biblioteca. Os alumnos e as alumnas sentaranse en grupos de traballo
de maneira que todos os grupos teñan material suficiente.
O material de consulta posible sería o que aparece na bibliografía. Non obstante, tendo en conta as
referencias que aparecen na obra de teatro é conveniente dispoñer dos seguintes textos:
4

Obra narrativa de Castelao de diferentes editoriais

Álbumes de Cousas da vida, Álbum Nós, Atila en Galicia, Galicia Mártir,

Edición facsímil de A Nosa Terra.

Edición facsímil da Revista Nós.

Gran Enciclopedia Gallega.

Especiais de A Nosa Terra de Castelao e Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo, Risco.

Historia da Literatura Galega da AS-PG/ANT.

Historia Xeral de Galicia.

Ensino da Língua: Por un cámbio de rumo. Introdución teórica e unidades didácticas.

Libros de texto.
A obra gráfica de Castelao axudaranos a explicar o contexto histórico, despertando e mantendo o
interese do alumnado ao longo da sesión e fixando certos conceptos históricos importantes. Por iso, é
conveniente dispoñer dun proxector de opacos, un retroproxector ou no seu defecto facer circular polas
mesas os libros ou/e as láminas de que dispoñades.
Propoñémosvos traballar a partir dunha ficha que podedes atopar como ANEXO 1 desta proposta de
actividades, na que figura un esquema dos principais termos e conceptos que deben manexar os alumnos
e alumnas.
Para cada apartado da ficha propoñemos unha metodoloxía e unhas actividades determinadas, a fin
de que poida ser utilizada en todos os niveis. Segundo o tempo de que dispoñamos podedes acollervos só
ás “Actividades mínimas” ou acudir ás de “Para profundizar“.
Comezamos coa avaliación inicial: ¿Que saben de Castelao? Por medio de preguntas axudarémolos a
lembrarse de textos lidos ou comentados na clase este curso ou os cursos anteriores, de conceptos
estudiados que teñan relación coa época histórica, coa historia da literatura ou coa historia da lingua,
dalgunha noticia de actualidade... Despois de averiguar os coñecementos previos que posúen,
completaremos os mesmos con aqueles que consideramos que necesitan saber para entender a obra. Para
isto seguimos o esquema do ANEXO 1.
1. Daniel Castelao
Actividades mínimas
Non insistiremos en cuestións biográficas porque van aparecer na obra, pero recomendámosvos “O
cartel de cego” de Díaz Pardo de Ediciós do Castro, e en todo caso, podedes usar as referencias que se
mencionan no ANEXO III.
Proxéctanse algunhas das fotografías da vida de Castelao que aparecen entre outros libros no
Especial de A Nosa Terra, que normalmente traen un pé de foto explicativo.
O alumnado cumprimentará os apartados correspondentes á producción do autor e lerase
“Chámanlle a Marquesiña” Cousas (ver proposta de actividade no COMENTARIO 1.
Para profundizar
1.1. Obra narrativa:
Irán cubrindo a ficha cos textos que teñen nas mesas; ese material ten que circular por toda a clase.
Como indicamos ao comezo desta proposta a diferencia de niveis virá dada polo que esixamos nós como
resposta (máis completa, con datas de edición, contido de cada libro...) segundo os coñecementos que xa
5
posúa o alumnado. Nesta altura voltamos a insistir en que o que nos interesa é o contacto directo coas
obras de Castelao. Facemos unha posta en común para comprobar que as respostas son as correctas.
Aproveitamos esta actividade de grupo para escoitar algún resumo de alguén que lera algún dos libros,
etc ...
Para traballar este apartado propoñemos a lectura e comentario de Retrincos, segundo figura nos
COMENTARIOS 6, 7 e 8 das páxinas seguintes. Podemos aproveitar a lectura de “O Retrato” para
introducir o apartado seguinte.
1.2. Obra gráfica:
É conveniente ver algunas das láminas de Cincuenta homes por dez reás porque moitos destes
personaxes van aparecer na obra de teatro. O ideal sería que puidesen ver tamén Cousas da vida.
Como actividade relacionada coa obra gráfica propoñemos seleccionar algunhas das estampas que
máis lles interesen para logo amplialas a tamaño cartolina, por exemplo, e facer unha pequena exposición
no centro. O mesmo se podería facer con moitas das portadas dos libros deseñadas polo propio Castelao.
Acompañando as portadas pode seleccionarse un fragmento do libro ou facer un breve resumo do mesmo.
Por último propoñemos a lectura e comentario do fragmento da conferencia AHumorismo. Dibuxo
humorístico. Caricatura A que aparece na obra de teatro:
“Na miña primeira mocedade, dina da “A casa da Troya”, cando a miña ialma sofría de xarampón, e
non pensaba mais que en sair de tuno tocando a guitarra polas ruas, fixen os primeiros dibuxos
humorísticos nunha revista para ”americanos”.
Acúsome de ser eu quen deu empezo a isas caratoñas porcas, a ises monicreques noxentos, a ise
humorismo de taberna que aínda hoxe campa na mesma revista pra regalía dos Licenciados de
Universidade. Abafado de vergonza confésome culpable e renego da miña primeira mocedade. (...)
Polo que vai dito parece que eu non son amigo de rir, e trabucado estará quen tal pense. Eu ben quixera
que o meu ente rise con esa risa dos meniños, dos bos, dos sans e dos felices; mais como humorista
galego, fondamente e sinceramente galego, teño que afogar as miñas risas diante dunha Verdade que
chora. Eu ben quixera, ben, poder decir con Victor Hugo:
“Soyons joyeux, Dieu le désire
La joie aux hommes attendris.
Montre ses dentes, et semble dire:
Moi que pourrai mordre, je ris (...)”
Mais o meu galeguismo estame sempre dicindo á orella: Ti, que podías rir; morde (...)
6
Pra rematar direivos que cando poida pintarei as sinfonías da nosa paisaxe e se teño vida morrerei sendo
paisaxista. Moitas gracias”.
1.3. Autor Teatral:
Remitímosvos aos COMENTARIOS 3 e 11 que aparecen nas páxinas seguintes.
1.4. Obra ensaística:
Preferimos traballar os textos de Sempre en Galiza que aparecen na obra teatral nos apartados
desta ficha cos que o texto seleccionado se relacione. Como introducción propoñemos a lectura dun
fragmento presente na obra de teatro:
“Estou lonxe da miña terra, en Badajoz. Cóbreme un inmenso fanal azul. Atópome na torre de “Espanta
Perros” e vexo dende aquí as ruas ensarilladas da cidade. Unha cigoña lanzal vixía no borde do seu niño e
as pombas bravas chían no ar.(...)
Lémbrome de algúns galegos que viven para o seu bandullo, porque son ben asisados e non sofren as
inquedanzas dos demais. (...)
Parez que teñen o escepticismo dos que están de volta e ainda non se arriscaron a viaxar. Parez que
son donos da verdade e ainda non pasaron fames nin sedes. Parez que trunfaron en algunha loita terrible,
decisiva, e non fixeron mais que fuxir diante dos perigos.(...)
Estes son os que din:
Eu non sinto a necesidade de falar galego.
¡Porque esa necesidade non se sinte no bandullo!
Eu atópome ben onde poida vivir con desafogo.
!Porque levan a Patria na sola dos zapatos!
Eu non creo en ninguén.
Porque tampouco cren en si mesmos.
Eu renego da política.
¡Porque saben que a política da disgustos!
Eu ríome dos políticos.
¡Porque non toparon a ocasión de lamberlles os pes!
Eu non pertenzo a ningún partido.
¡Porque non queren comprometer a súa tranquilidade!
Calquera día un destes galegos, que non quer meterse en política pasa de súpeto a ser directivo dunha
entidade que defende intereses, e védelo sentado nun banquete, a carón de calquera político inmundo.”
Sempre en Galiza, pp. 9-12
Recomendamos buscar información sobre As cruces de pedra na Galiza e As Cruces de Pedra na
7
Bretaña e do Diario1921.
1.5. Ideólogo:
Para traballar este apartado recomendamos ver Unidade 17 de O Ensino da Lingua: Por un cambio
de rumo.
Apartados 2 e 3: Contexto histórico xeral e feitos históricos destacados no Estado español.
Aclarar os termos que presentan máis dificultades, tratando de que sexa o alumnado o que dea a
información. Tamén poderían buscar na Gran Enciclopedia Gallega e na Historia da Literatura Galega
información sobre Camilo Díaz Baliño e Xaime Quintanilla Martínez.
4. Galiza: crise da economía.
Actividades mínimas
Proxectaranse as láminas do Álbum Nós que se relacionan e que sintetizan as cuestións históricas ás
que se refire este apartado.
- Agricultura:
Redención de foros: Lámina 12
Trabucos e impostos: Lámina 15
Ocaso da fidalguía.
Caciquismo: Lámina 18 e Cousas da Vida: Caciques.
Agrarismo: Lámina 10 “Un padrenuestriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán”
- Crise pesqueira: Lámina 11: “As sardiñas volverían se os gobernos quixesen.”
- A emigración multiplícase: Láminas 22, 24 e 32 do Álbum Nós: “En Galiza non se pide nada. Emígrase”.
Para profundizar
Recomendamos traballar coas Unidades nº 5, 8, 9, 10, 19 do libro O Ensino da Língua: por un
cámbio de rumo. Tamén a lectura de Sempre en Galiza, pp 134-136:
“A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante.
Xa o dixo un dos nosos economistas: “O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre
xenealóxico dun aristócrata.”(...)
“Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os concursos de beleza”.(...)
A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dea de comer a unha vaca non
ten dereito a muxila.(...)
8
Na nosa terra danse os millores albres! O día que saibamos o que vale un albre, aquel dia non teremos
necesidade de emigrar.(...)
O dia que Galiza sexa nosa, os mariñeiros vivirán na fartura.
Buscar na Gran Enciclopedia Gallega Basilio Álvarez.
Lectura de Cousas e COMENTARIOS 1, 2, 3, e 4 propostos nas páxinas seguintes.
5. Galiza: Formulación do nacionalismo galego.
Actividades mínimas
Lectura dun fragmento do Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala celebrada en Lugo:
“Tendo Galiza todas as características esenciais dunha nacionalidade, nós nomeámonos, doxe para
sempre ”nacionalistas galegos”, xa que a verba “rexionalismo” non recolle todas as aspiracións nin encerra
toda a intensidade dos nosos problemas.” (Sempre en Galiza, p. 291)
“Nación é unha comunidade estable, históricamente formada de idioma, de territorio, de vida económica
e de hábitos sicolóxicos reflexados nunha unidade de cultura. Somentes a existencia de todos os siños
distintivos en conxunto, pode formar a nación.
¿Ten Galiza un idioma proprio? ¿Ten territorio diferente? ¿Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha
cultura autóctona? Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o
dereito de autodeterminación; é decir, o dereito a gobernar a súa vida”. (Sempre en Galiza, pp. 39-40)
Para profundizar
Lámina 44 do Álbum Nós.
Lectura de Sempre en Galiza, páxina 46:
“Se o provincialismo foi sustituido polo rexionalismo, gracias aos “precursores” e se a doutrina
nacionalista foi xa esbozada por Brañas e Murguía, non hai dúbida de que foron as “Irmandades da Fala”
iniciadas por Antón Vilar Ponte, en 1916 as que abriron o novo ciclo de reafirmación galega. As
“Irmandades da fala” a “Irmandade Nazonalista” e o Partido Galeguista, marcan as tres evolucións dun
mesmo movemento de liberación galega, que se caracterizou pola súa eficacia, tanto no terreo da política
coma no da cultura”.
Neste apartado parécenos interesante que localicen na Gran Enciclopedia Gallega a Alfredo Brañas e
Manuel Murguía”.
9
Tamén recomendamos as unidades 18 e 19 do libro O Ensino da Língua por un cámbio de rumo.
1916: Irmandades da Fala.
Buscar na Gran Enciclopedia Gallega: Antón Villar Ponte; Antón Losada Diéguez.
1918: Manifesto da I Asemblea (Lugo). Recomendamos a lectura do que é considerado
documento fundacional do nacionalismo, facendo un breve resume dos principais apartados.
1931: Creación do Partido Galeguista: Sempre en Galiza, p. 472
I. Galiza, unidade cultural. Afincamento das características de personalidade galega: língoa, arte, esprito.
II. Galiza, povo autónomo: Autodeterminación política de Galiza dentro da forma de goberno republicán.
III. Galiza comunidade cooperativa: A terra para o traballo; o traballo para a terra.
IV. Galiza, célula de universalidade: Antiimperialismo, federalismo internacional, pacifismo.
Apartado 6. Galiza: labor cultural: 2º Renacemento
Posta en marcha dun programa galeguizador:
“A esta fala popular, viva e groriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu perguntaríalles:
¿Dialecto de que idioma? ¿Do que vós chamades español?. De ninguna maneira, porque o idioma que vós
impuxéches pola forza é un irmán menor do galego. ¿Acaso queredes decir que é dialecto do latín? Pois
entón chamádelle dialecto ao francés, ao italiano, ao rumano, porque tamén son filos do latín e irmáns do
galego.
E diríalles máis: Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un
complexo de inferioridade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar
ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no
idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de
xusticia e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque
dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o
noso idioma está vivo. Sodes, pois uns imperialistas fracasados.
Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie.
Son os mesmos que buscan a perfeición baixando pola escala zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas
e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas
que produce a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e
renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, ca súa variedade de culturas, é o
siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: Un can de
Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo
de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animais aínda están no idioma universal ...” (Sempre en
Galiza, pp. 42-43).
10
Para profundizar
Recomendamos traballar coas Unidades nº 3 e 4 do libro O Ensino da Língua: por un cámbio de rumo.
Buscar na Gran Enciclopedia Gallega Ánxel Casal
Comentario da introducción da Revista Nós (ver a guía de comentario do libro de Lingua e Literatura 4º
ESO, ed. AS-PG/ANT, Unidade 9).
Ver tamén os COMENTARIOS nº 9 e 10 das páxinas seguintes.
4. Proposta de lecturas para os diferentes niveis da ESO:
1º ESO:
Retrincos
Cousas (Lectura de algunhas a escoller segundo o nivel do alumnado)
Sempre en Galiza, Libro primeiro, capítulo IV
2º ESO:
Os vellos non deben de namorarse
Cousas (Lectura de algunhas a escoller segundo o nivel do alumnado)
Sempre en Galiza, Libro primeiro, capítulo IV
3º ESO:
Un ollo de vidro
Sempre en Galiza, Libro primeiro, capítulo III; Libro cuarto, capítulos VI eVII
4º ESO:
Os dous de sempre
Cousas da vida. Mulleres
Escolma de textos de Sempre en Galiza dos mencionados para os cursos anteriores ou outros
diferentes segundo a consideración do profesorado.
Recomendamos dous libros para traballar os textos de Sempre en Galiza:
- GARCIA NEGRO/COSTA CASAS. (1995) O Ensino da Língua: por un cámbio de rumo, AS-PG.
- REI ROMEU, ED. (1997) Sempre en Galiza. Antoloxía. Col. A nosa literatura, AS-PG/ANT.
11
5. Comentario dalgúns textos literarios que aparecen na
representación teatral
Cousas, 1934
COMENTARIO 1. “Chámanlle a marquesiña”
-
Presentación do personaxe: ¿Quen é a marquesiña? ¿Que sabemos dela?
-
Sinala todas as repeticións que aparecen no texto. ¿Cales son? ¿Que cres que pretendeu o autor
ao empregalas?
-
A pesar da concisión do texto, podemos intuir moitos temas relacionados coa historia, de
seguido propóñense algúns, tenta xustificalos con elementos do texto, despois completa ti a lista
de temas posibles.
-
Condición social da protagonista.
-
Situación da muller na época.
-
Explotación.
-
Pobreza.
-
...
-
¿Por que pensas que a chaman a marquesiña? ¿Que recurso estilístico emprega o autor neste
alcume?
-
Inventa unha historia que explique o porqué da situación da marquesiña.
-
Como actividade complementaria a este texto proponse a lectura de “Na morte de Estreliña” de
Rafael Dieste (incluido en Dos Arquivos do Trasno); unha vez lido cómparense os dous textos
nas súas similitudes e diferencias.
-
Téñanse en conta tamén as suxestións para o comentario deste texto que aparecen en: MATO,
PALLARÉS, SALINAS. (1988) Literatura do século XX, ed. Vía Láctea. (p. 30)
COMENTARIO 2. “Chegou das Américas”
-
¿Quen chega das Américas? ¿Que ten de especial?
-
¿Por que aparece Panchito relacionado cunha mona, un papagaio, un fonógrafo...?
-
¿Como aparece descrito Panchito? Busca no texto todos os datos que o autor inclúe sobre el.
-
Dous temas son os centrais deste texto: A emigración e o nacionalismo. Define ámbolos dous
termos e tenta explicar coas túas palabras cal é a postura do autor sobre eles.
12
¿Que outros temas aparecen no relato?
En Sempre en Galiza, p. 41, Castelao di:
“Fai moito tempo escrebin un conto. Érase un “habanero” que trouxo un rapaciño negro, como podía
traer un papagaio ou un fonógrafo... O “habanero” morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como
calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non-o deixaba vivir
alí. E farto de chorar voltou â súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl valeiro e moita
ledicia no corazón. Aquel negro era galego.”
-
¿Que significa ser galego?
-
Téñanse en conta tamén as suxestións para o comentario deste texto que aparecen en: GARCIA
NEGRO, COSTA. (1995) O ensino da Língua: por un cámbio de rumo, AS-PG. (pp. 213-217)
COMENTARIO 3. “Se eu fose autor”
-
¿Quen son os protagonistas dos dous lances desta peza? ¿Por que cres que Castelao escolleu
estes e non outros?
-
¿Como sería a escenografía da obra?
-
Ao presenciar a hipotética obra teatral, o público responderá de diferente xeito segundo o lance
e segundo a súa ubicación no teatro, ¿por que?
-
¿Cres que é posible representar esta peza? Xustifica a túa resposta.
-
A peza en dous lances ten un marcado carácter social. ¿Por que? ¿Que é o que preocupa a
Castelao?
-
Castelao escribiu unha obra teatral, Os vellos non deben de namorase. Le o prólogo e as
indicacións finais da mesma. ¿Cal é a proposta teatral de Castelao? Xustifica a túa resposta.
-
Agora é o momento de que ti demostres a túa valía como autor/a teatral. Sobre o texto de
Cousas escribe unha obra teatral que poida ser representada (podédelo facer en grupos e
chegar a realizar unha representación para os vosos campañeiros e compañeiras).
COMENTARIO 4. “O pai de Migueliño”
-
Presentación do personaxe: ¿Quen é Migueliño? ¿Que sabemos del?
-
¿Quen son os americanos que aparecen no texto?
-
¿Como pensa Migueliño que é o seu pai?
-
¿Como é en realidade?
-
Le agora en voz alta a quinta parte do poema de Rosalía “Pra Habana!”,
pertencente a Follas
novas. ¿Ten algunha relación coa historia de Migueliño? ¿Quen son as viúvas de vivos?
13
-
Como xa sabes o tema deste texto é a emigración e as consecuencias desta na familia. Busca
datos sobre a emigración nos principios do século XX, podes tamén preguntar aos teus avós ou
a persoas maiores que viviran esta experiencia.
-
Sobre este texto, intenta agora elaborar un guión cinematográfico para unhacurtametraxe, se
dispoñedes de vídeo no centro mesmo podedes intentar gravalo.
-
Téñanse en conta tamén as suxestións para o comentario deste texto que aparecen en: BARÁ,
LOURENZO. (1996), Lingua galega e Literatura 3. A narración, ed. Xerais.(p. 45)
ACTIVIDADES DE SÍNTESE SOBRE AS COUSAS:
1. Partindo dos textos comentados na clase tenta agora respostar as seguintes cuestións: ¿Que son as
cousas? ¿Que tipo de xénero narrativo constitúen? ¿Que innovacións presentan dentro do panorama
narrativo da época?
2. Características das Cousas:
a.
b.
c.
d.
3. Tipo de narrador que presentan estes relatos.
4. Os protagonistas de tres das Cousas que traballache son nenos. ¿Por que pensas que Castelao os
emprega como protagonistas dos relatos? ¿Que visión da infancia podemos deducir a partir destes
textos?
5. As Cousas presentan unha clara mensaxe de contido social, resume os temas que ti pensas que máis
lle preocupan a Castelao neles.
Retrincos, 1934
COMENTARIO 5. “O segredo”
-
Le atentamente o texto e busca no diccionario aquelas palabras que non
-
¿Cando sucedeu esta historia?
-
¿Onde sucede o relato?
-
¿Quen é o narrador do relato? ¿Cal é a diferencia entre narrador e autor?
-
¿En que persoa está contada a historia? ¿Como o sabes? ¿Por que cres que o autor elixiu esta
persoa?
14
Estructura do relato: Presentación, nó e desenlace.
coñezas.
-
Personaxes principais e secundarios e a súa función dentro do relato.
-
No conto o medo do protagonista ten unha gran importancia. ¿Que técnicas
emprega
o
autor para expresar este sentimento? Busca todas as referencias do relato sobre este tema.
-
Neste texto a adxectivación adquire un papel moi importante. Suliña todos os
atopes e tenta facer un cadro clasificatorio dos mesmos segundo
adxetivos que
caractericen
aos
personaxes ou aos lugares e segundo posúan connotacións positivas ou negativas.
-
O rapaz protagonista deste relato débese enfrontar a unha “proba” que deberá superar para
converterse en adulto, ¿cal é esta proba?
-
En moitas sociedades primitivas ( tamén nas desenvolvidas baixo formas
menos aparentes) os
adolescentes debían superar unha ou varias probas iniciáticas para atinxir o estatuto de adulto.
Busca nunha Enciclopedia exemplos que ilustren esta afirmación.
-
Outro tema que aparece no texto é a emigración. Galiza e Arxentina presentan consideracións
moi diferentes. Busca todas as referencias do texto a ambos os dous lugares, despois analízaas.
¿Como aparece descrito cada un destes lugares? ¿Por que?
-
A presencia da morte deixará pegada no protagonista do relato así como no propio autor. Coa
axuda do/a profesor/a busca outros textos de Castelao onde apareza tratado o tema da morte.
Non esquezas consultar a obra gráfica.
COMENTARIO 6. “O retrato”
-
Le atentamente o texto e busca no diccionario aquelas palabras que non
coñezas.
-
¿Quen é o narrador do relato?¿En que persoa está contada a historia?¿Como o sabes?
-
Estructura do relato: Presentación, nó e desenlace.
-
¿Cal é o tema central do relato?
-
Personaxes principais e secundarios e a súa función dentro do relato.
-
¿Cando sucedeu esta historia?
-
¿Sabemos onde sucede o relato?
-
Neste conto aparece a relación que se establece entre a vida e a arte, e entre
o real e o
idealizado. Xustifica esta afirmación.
-
Gustave Flaubert na súa obra L=Éducation sentimentale narra un feito moi similar ao do retrato.
Le o texto de Flaubert (pódese localizar en CARVALHO CALERO, R. (1989) Escritos sobre
Castelao, ed. Sotelo blanco, páx. 214-215) e tenta establecer as correspondencias entre ambos
os dous relatos.
-
Le agora o Retrinco “Peito de lobo”. ¿Atopas algunha similitude con este relato? Sinala as
semellanzas e as diferencias topadas entre os dous.
-
Escribe agora ti un conto en primeira persoa onde o tema sexa as relacións entre o real e o
15
imaxinado.
COMENTARIO 7. “Sabela”
-
Le atentamente o texto e busca no diccionario aquelas palabras que non
coñezas.
-
Establece o narrador e o punto de vista do relato.
-
¿Cal é a estructura do mesmo?
-
¿Cal é tema do conto? Xustifica a túa resposta.
-
Personaxes principais e personaxes secundarios.
-
¿Quen é Sabela? ¿Como aparece descrita no texto? Busca todas as referencias que aparezan en
relación a este personaxe.
-
No conto dáse unha oposición entre as traxectorias do estudiante e de Sabela. Anota todas as
referencias ás mesmas que atopes:
-
Traxectoria do estudiante:
.
.
.
-
Traxectoria de Sabela:
-
.
-
.
-
.
-
¿Cal é a conclusión do relato? ¿Como afecta aos protagonistas do mesmo?
-
Este conto fai refencia a dous tempos diferentes. ¿Cales? ¿Por que?
-
No texto faise referencia ás festas populares, investiga como se celebraban nesa época, quen
asistía, como eran, como se bailaba, etc. Compara agora toda a información recollida coas
diversións de hoxe.
-
Como tema transversal do relato podémonos achegar á situación da muller naquela época.
Busca referencias no texto e recaba información ao respecto. Compara esta situación coa de
hoxe. ¿Cales son as diferencias?
ACTIVIDADES DE SÍNTESE SOBRE OS RETRINCOS:
-
Unha vez lidos os contos de Retrincos imos reflexionar sobre o conto como xénero literario:
a) Establece as características formais: narrador, punto de vista, estructura, tempo, lugar,
personaxes, temática, etc.
16
b) conto popular e conto literario.
c) conto popular galego.
d) conto literario na nosa literatura.
Recomendamos a “Introducción” de Luís Alonso Girgado á súa Antoloxía do conto galego. Século
-
XX, ed. Galaxia. Asimesmo, pódense ler outros contos incluídos nesta edición de autores como
Blanco Amor, Dieste ou Fole.
COMENTARIO 8. Un ollo de vidro, 1922
-
Resume brevemente a obra que ves de ler.
-
narrador e o punto de vista: ¿Quen narra a historia? ¿Cantos narradores hai? ¿Cales son as súas
funcións?
-
Estructura do relato. Segundo o profesor Carvalho Calero esta historia pódese dividir en tres
partes: Prólogo, logos (as Memorias propiamente) e epílogo. Sinala no texto cada unha desta
partes. Fíxate na relación de cada unha delas co/s narrador/es sinalados no apartado anterior.
-
recurso do manuscrito achado é bastante común en literatura. Busca outros exemplos que
utilicen este mesmo artificio.
-
esqueleto refire as súas vivencias en primeira persoa, mais nas súas memorias aparecen tamén
outras voces, pois inclúe os seus diálogos con outros personaxes. Sinala quen son estes
personaxes.
-
Fíxate agora na actitude do narrador cara a estes personaxes. Sinala cales lle resultan
antipáticos e por cales sente piedade. Tenta dar unha explicación a esta actitude.
-
Sinala as ideas máis importantes do pensamento do esqueleto:
1.
2.
3.
4.
5.
-
Temporalización da obra: Diferencia os tempos do prólogo e o epílogo e o das memorias, tendo
en conta que estas indican unha reconstrucción do pasado.
-
Espacio: A obra desenvólvese fundamentalmente nun cimeterio de cidade onde se atopa o
esquelete, pero non é o único lugar onde suceden os feitos, localiza outros espacios na obra.
-
Busca na obra referencias aos seguintes temas:
-
Agrarismo.
-
República e centralismo.
-
Clases sociais.
17
-
Caciquismo.
-
A lingua.
-
A emigración.
-
A muller.
-
A terra e a paisaxe.
-
¿Que visión pensas que nos quere dar sobre médicos, enterradores e cemiterios?
-
Esta obra leuna Castelao por vez primeira en 1920 como parte dunha conferencia sobre
humorismo e caricatura. É claro que o humorismo forma parte esencial do relato, busca no texto
referencias humorísticas, é aconsellable que consultes biblliografía sobre a opinión do autor
sobre este tema, deben tamén consultar a obra gráfica, por exemplo, a serie Cousas da vida.
-
¿Como entende Castealo que debe ser o humor galego?
-
A vida de ultratumba é un tema recorrente en literatura. Busca coa axuda do teu profesor/a
outros exemplos. Nós propoñémoste dous textos de dous compañeiros de xeración de Castelao:
-
RISCO, V. 1919, Do caso que lle aconteceu ao Doutor alveiros
-
OTERO PEDRAYO, R. 1928, O purgatorio de Don Ramiro
-
Propoñemos, tamén, que leas o epílogo de Os vellos non deben de namorarse, que aparece
representado na obra teatral Castelao sempre. Partindo deste epílogo, tenta reconstruir as
historias de don Saturio, don Ramón e don Fuco, ¿Cal foi a causa da súa morte?
-
Escribe ti agora un relato humorístico sobre a morte.
COMENTARIO 9. Os dous de sempre, 1934
Na obra de teatro Castealo sempre aparecen os protagonistas de Os dous de sempre, polo que
recomendamos a lectura desta novela. Un traballo sobre a obra en xeral debería incluír:
-
Breve resume da novela.
-
Explicación do título.
-
Estructura da novela.
-
Significación dos personaxes principais.
-
Oposición Pedro-Rañolas.
-
Narrador e punto de vista.
-
Temas: A pobreza, a emigración, o caciquismo, a relixiosidade, a burocracia, a búsqueda da
felicidade, etc.
De non ser posible a lectura completa da obra propoñemos unha selección de capítulos: III, XI,
XVII, XIX, XXIV, XXX, XLIII e XLIV. Con esta mostra tentamos que o alumnado teña unha idea
aproximada da novela e pensamos que se poden empregar as cuestións xerais propostas para o
18
comentario global destes capítulos. Como mostra dun comentario posible dun capítulo seleccionamos o n1
III e propoñemos as seguintes cuestións:
-
Estructura do capítulo, non esquecendo comentar o título do mesmo.
-
Narrador e punto de vista.
-
Presentación dos dous de sempre.
-
Características dos personaxes.
COMENTARIO 10. Os vellos non deben de namorarse, 1944
Propoñemos a lectura da obra completa, senón é posible, entón pódese facer a lectura dramatizada
dalgún dos lances.
-
¿Que é unha acotación? Fíxate nas que aparecen na obra (ou no lance). ¿A que fan referencia?
¿Cal é a súa función?
-
O lance aparece dividido en escenas. ¿Cando se produce un cambio de escena?
-
Nalgunhas obras teatrais aparecen cancións, danzas, música e outros elementos artísticos.
Fíxate nos que aparecen neste lance, ¿cal é a súa función?
-
Nas “Indicacións” o autor di: “Esta é unha obra maxinada por un pintor e non por un literato”.
¿Que cres que quixo dicir? Busca exemplos no texto que xustifiquen esta afirmación.
-
No xénero dramático non hai un narrador, senón que son os propios personaxes os que se
expresan diante dos espectadores. ¿Que sabemos dos personaxes a traves dos diálogos?
-
¿Cales pensas que son os temas principais da obra?
-
Se les a obra completa compara a estructura e os personaxes dos tres lances.
-
Analiza as motivacións das personaxes femininas da obra.
-
Téñanse en conta tamén as suxestións para o comentario que aparecen nas Guías de Lectura de
Os vellos... de:
DÍAZ PINHEIRO, M.J. (1992), Ed. Do cumio.
GONZÁLEZ/MANSO/SALINAS. (1992) Ed. Bahia.
6. Avaliación
A. Indivivual.
Cremos conveniente que os rapaces asistan á representación teatral provistos dunha ficha de
traballo (ANEXO 2) para cubrir unha vez rematada a obra. Asi, a máis de prestar atención ao que se vai
19
desenvolver no escenario, repasarán os contidos traballados na aula e reflexionarán sobre os
procedementos dramáticos non textuais empregados na representación. A ficha pode traballarse de varias
maneiras, a nosa proposta é recollerlla ao seguinte día da asistencia ao teatro e cuantificala como unha
actividade máis da aula de lingua galega e literatura. Tamén se pode utilizar para a avaliación do grupo,
neste caso poñeranse en común as respostas aportadas polos alumnos e alumnas na primeira parte da
actividade.
B. Do grupo.
Recoméndase adicar unha sesión inmediatamente posterior á actividade para, ao mesmo tempo que
se entrega a ficha realizada polos alumnos para a súa avaliación polo profesor/a, poñer en común os
aspectos máis salientables da experiencia. A nosa proposta para esta sesión é a seguinte:
1. Posta en común dalgúns dos aspectos da ficha individual que o profesor/a considere máis interesantes.
2. Avaliación dos coñecementos adquiridos durante a sesión previa e a representación teatral:
a) ¿Cales son os temas recorrentes na obra de Castelao?
b) ¿Sobre cales dos temas mencionados cres que estás agora máis sensibilizado/a?
c) ¿Hai algún dos temas traballados que pensas que aínda está de actualidade? ¿Cal/es? ¿Por que?
Xustifica a túa resposta.
d) ¿Variou a túa opinión do autor despois de ver a obra? ¿Como? ¿Por que?
3. Traballo sobre o poema “Na morte de Castelao” de Ramón Cabanillas.
A. Contido: Aspectos da vida de Castelao que se mencionan no poema:
- Irmandades da Fala.
- O nome de Daniel.
- O lugar de nacemento e morte.
- Mencións ás súas obras.
- Causas da morte de Castelao.
B. Aspectos estilísticos:
-
Métrica.
-
Un dos recursos máis utilizado neste texto é a personificación. Busca todos os
exemplos do
texto e explica a súa función poética.
-
Sinala as metáforas empregadas no texto.
-
Cabanillas inclúe a expresión “a nosa prenda” (verso 25). Explica o valor afectivo
-
da mesma.
-
Fíxate no verso 30. ¿A que ou quen se fai referencia? ¿Por que Cabanillas escolle esta referencia
literaria e non outra?
20
C. Xénero literario.
-
Aproveitar a ocasión para explicar ou recordar que é unha elexía e relacionala con outros
xéneros como o pranto. Pódeselles mandar buscar máis exemplos de elexías e comentalos na
aula.
Téñase tamén en conta o comentario que sobre este poema se inclúe no libro de Lingua de 3º de
ESO, ed. AS-PG/ANT, páx. 110-111.
C. Da proposta de actividades.
Unha vez rematada esta unidade consideramos importante saber os resultados que do traballo coa
mesma acadastes, así como as dificultades que atopastes para o seu desenvolvemento na aula.
Interésannos moito as vosas opinións polo que pedimos a vosa colaboración e solicitamos nos enviedes as
vosas suxestións para mellorar este traballo.
21
ANEXO 1. Guía para desenvolver o tema
1.Daniel Castelao (
)
1.1 Obra narrativa:
1.2 Obra gráfica:
1.3 Autor teatral
1.4 Obra ensaística
1.5 Ideólogo
2.Contexto histórico xeral
Revolución do 17
Nazismo e Fascismo
II Guerra mundial
3.Feitos históricos destacados no estado español
1931:....................................
1936:....................................
1939-1975:...........................
4.Galiza:crise da economía
Agricultura:
redención de foros
trabucos e impostos
ocaso da fidalguía
agrarismo
Crise pesqueira
Incremento da emigración
5.Galiza: Formulación do nacionalismo galego
1916: Irmandades da Fala.
22
1918: Manifesto da I Asemblea (Lugo)
1931:Creación do Partido Galeguista
Representación no Parlamento
1936:Aprobación do plebiscito do Estatuto
--------------------------------------------6. Galiza: labor cultural: 2º Renacemento
Poñen en marcha un programa galeguizador
Crean editoriais: Nós, Lar
Coleccións de novela curta: Lar, Céltiga
O Grupo Nós
Cultivan xéneros novos
Recréase a historia de Galiza
23
ANEXO 2.- Ficha de traballo sobre a representación
teatral.
1.
¿Que personaxe acompaña ao protagonista ao longo da representación?
2.
¿Que outros personaxes aparecen na obra? ¿Como son? Descríbeos.
3.
¿De cal dos personaxes gostache máis? ¿Por que?
4.
Na obra aparecen uns esqueletos. ¿Que representan? ¿Con que os podes relacionar?
5.
Enumera os diferentes temas que aparecen ao longo da representación.
6.
¿Que significa o termo “asasinado” que se menciona na obra? ¿A que feito histórico fai referencia?
7.
Nos aspectos escenográficos, ¿que foi o que máis chamou a túa atención? ¿Por que?
8.
Unha obra teatral consta de diálogos e acotacións. Ti vés de presenciar os diálogos, tenta inventar
algunha acotación, por exemplo, da escena que mencionas no apartado 7.
9.
Resume en dez liñas a importancia da figura de Castelao para a nosa cultura.
10.
Opinión persoal: Valora a representación que vés de presenciar no seu conxunto (aspectos textuais,
escenográficos, actorais, etc.)
24
ANEXO III.- CRONOLOXÍA. Datas que se mencionan na
obra, seguindo a orde de aparición.
-
1886: Nace en Rianxo
-
1895: Coa súa nai emigra á “rxentina onde xa estaba seu pai.
-
1900: Retorna a Galiza coa familia.Trasládase a Santiago a estudiar, primeiro o bacharelato e logo medicina.
-
1908: Expón no Salón de Humoristas de Madrid. Colabora na ilustración de varias revistas .
-
1909: Licénciase en medicina.
-
1910: Volta a Rianxo, onde exerce a medicina. Funda con Eduardo Dieste e Rei Baltar “El Barbero Municipal”,
periódico anticaciquil.
-
1911: Pronuncia a conferencia "Algo acerca de la caricatura"
-
1912: Casa en A Estrada con Virxinia. En 1913 nace o seu único fillo.
-
1914: Comezan os seus problemas de visión; ten desprendemento de retina. Deixa a medicina e aproba a
oposición a unha praza de auxiliar de estatística no 1915.
-
1916: Adhírese ás Irmandades da Fala. Vai colaborar en A Nosa Terra
-
1918: Participa na I Asemblea das Irmandades en Lugo e suscribe o manifesto.
-
1920: Créase a Revista Nós da que el vai ser director artístico.
-
1921: Viaxe de estudios por Francia, Países Baixos e Alemaña.
-
1929: Viaxe a Bretaña cunha bolsa da "Junta de ampliación de estudios"
-
1931: Proclámase a II República. Sae elixido deputado para as Cortes Constituíntes. Defende a lingua galega no
Parlamento. Créase o Partido Galeguista e ingresa nel.
-
1933: Segundas eleccións da República. Comeza o Bienio Negro. Castelao é desterrado a Badajoz.
-
1935: Fin do desterro. Volta a Pontevedra.
-
1936: Victoria da Frente Popular. Apróbase en plebiscito o Estatuto de autonomía que é entregado no
Parlamento. Insurrección fascista
-
1938: Consegue que se retome a tramitación parlamentaria do Estatuto de Autonomía na sesión celebrada en
febreiro en Montserrat. Intenso labor de apoio e defensa da causa republicana, participa na creación da revista
Nova Galiza. Viaxa como embaixador da República por Europa e América.
-
1940: Establece a súa residencia definitiva en Bos Aires, onde é recibido como un heroe nacional e onde seguirá
desenvolvendo o seu labor político.
-
1944: Créase o Consello de Galiza.
-
1946: É nomeado ministro sen carteira do Goberno da República no exilio, polo que traslada a súa residencia a
París.
-
1947: Volta, na compañía da súa dona a Bos Aires.
-
1950: Morre o 7 de xaneiro e é enterrado no Panteón que o Centro Galego posúe no cemiterio da Chacarita.
25
BIBLIOGRAFÍA:
-
A.A.V.V. Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada Ed. Xixón 1974.
-
A.A.V.V. Historia da Literatura Galega, ed. ASPG/ANT, Vigo 1996. (Tomos 2 e 3)
-
A.A.V.V. Literatura Galega 3º BUP, Ed. Anaya, Madrid 1991. (Tema 10)
-
A.A.V.V. Literatura Galega 3º BUP, Ed, Xerais, Vigo 1991. (Unidade 11)
-
A.A.V.V. Literatura Galega 4º de ESO, Ed. ASPG/ANT, Vigo 1996 (Temas 8,9 e 10)
-
A.A.V.V. Actas do Congreso Castelao, Tomo 2, Universidade de Santiago, 1989
-
A.A.V.V. Actas do Simposio "Castelao na Galiza do século XX", AS-PG - Departamento de
Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa, A Coruña 2.000.
-
ALONSO FERNÁNDEZ, B. “Idade Contemporánea, século XX” in Historia Xeral de Galicia, Ed.
ANT, Vigo 1997.
-
BARÁ, L.; LOURENZO, M. Lingua galega e Literatura 3. A narración, ed. Xerais, Vigo 1996.
-
CARBALLO CALERO, R. Historia da Literatura Galega Contemporánea, ed. Galaxia, Vigo 1981.
-
CARBALLO CALERO, R. Libros e autores galegos, século XX, Fundación Barrie/RAG, A Coruña,
1982.
26
-
CARVALHO CALERO, R. Escritos sobre Castelao, Ed. Sotelo blanco, Barcelona, 1989
-
CASTELAO, A. Obra completa tomos 1 e 2, Akal ed.
-
CASTELAO, A. Cousas da vida, ed. Galaxia, Vigo, 1989.
-
CASTELAO, A. Diario 1921, Ed. Galaxia, Vigo 1977
-
CASTELAO, A. Álbum Nós. Ed. Galaxia, Vigo 1984.
-
GARCIA NEGRO, P; COSTA CASAS, X.O ensino da Língua: por un cambio de rumo, AS-PG, 1995
-
MONTEAGUDO, H. Ed. De viva voz. Conferencias e discursos, Fundación Castelao, 1996
-
REI ROMEU, M. Arte e verdade, Ed. Do Cumio, Pontevedra 1991
-
SEOANE, L. Castelao artista, Ed. Do Castro, Sada 1984
-
VILLARES, R. A Historia, ed. Galaxia, Vigo, 1984 (capítulos IX e X)
-
Extras de A Nosa Terra, 5, 6, 12 e 14
Documentos relacionados
Descargar