Documento 3349709

Anuncio
II CICLO DE CINE E HISTORIA: “A HISTORIA QUE VIVIMOS”
Santiago, 18 e 25 de xaneiro, 1, 8 e 15 de febreiro de 2007
Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche
(Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16)
ORGANIZAN:
Asociación Cultural Sine Nomine
Nova Escola Galega
COLABORAN:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Concello de Santiago – Departamento de Educación e Mocidade
Facultade de Xeografía e Historia – Dpto. de Historia Contemporánea.
Fundación 10 de marzo.
Fundación Araguaney.
DESTINATARIOS:
Profesorado de Ensino Primario e Secundario do ámbito das Ciencias
Sociais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da
educación.
XUSTIFICACIÓN:
Este é o II Ciclo de Cine e Historia, titulado “A Historia que vivimos” e
que organizamos como actividade de formación tendo en conta que o
ano pasado levamos a cabo o I ciclo de Cine Documental e Historia e
estamos satisfeitos tanto cos resultados obtidos como coa avaliación
que do mesmo fixeron os asistentes, e tamén pola acollida do
profesorado a quen ía destinado, que en moitos casos está agora
mesmo a preguntar se este Ciclo non ten continuidade este curso.
A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado
fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de
ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola
historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas
aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que
esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización
política que se fai da mesma.
Desde esta perspectiva está na nosa intención axudar e dar ao
profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas incorporen
tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta
ao diálogo cos rapaces e rapazas, polo que os documentais escollidos
tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove
unha mirada crítica á historia que nos ocupa.
Engadimos a cada documental unha conferencia de persoas expertas
na materia que nos abran horizontes de pensamento, discusión e
reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en
argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase.
De cara ao alumnado tamén se entregará material didáctico que
facilite a preparación da clase correspondente.
Ademais Sine Nómine asinou un convenio de colaboración co
Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, e un
dos obxectivos do mesmo é abrir esta actividade ao profesorado de
ensino primario en xeral e a outros profesionais da educación que,
non traballando estritamente as Ciencias Sociais, poidan estar
interesados ou interesadas nesta experiencia.
OBXECTIVOS:
1. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currícula os
problemas do mundo actual.
2. Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas
valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
3. Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como
material de traballo na aula.
4. Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo
da materia de Historia Contemporánea.
5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o
punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da
materia de Historia Contemporánea.
6. Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as
persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
7. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito
crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces
non reflexionamos sobre eles.
PRAZAS:
40- 50 prazas
PROGRAMA:
Xoves, 18 de xaneiro:
17.30 h. Recepción e entrega de documentación.
17.45 h.
17.45 h. Inauguración oficial.
18.00 h.
Coordinadora xeral do Ciclo.
Presidenta da Asociación Cultural Sine Nómine.
Presidente de Nova Escola Galega.
Representante do Concello de Santiago.
18.00 h. Tema central: O conflito palestino – israelí.
22.00 h.
Película: Promises.
(Carlos Bolado, B.Z. Goldberg e Justine Shapiro, 2001).
Conferencia: O conflito palestino – israelí. Unha visión entre Galiza e Palestina.
Ghaleb Jaber Ibrahim, Presidente da Fundación Araguaney.
Presenta: Concha Gómez Ruiz-Matas, profesora do IES de Vila de Cruces.
Xoves, 25 de xaneiro:
18.00 h. Tema central: O mundo do traballo.
22.00 h.
Película: El efecto Iguazú.
(Pere Joan Ventura, 2002).
Conferencia: O mundo do traballo.
Carlos Domènech de Aspe, Coordinador da Inspección de Traballo de
Galicia.
Presenta: Víctor Santidrián, profesor do IES de Arzúa.
Xoves, 1 de febreiro:
18.00 h. Tema central: Dereitos humanos hoxe.
22.00 h.
Película: La espalda del mundo.
(Javier Corcuera, 2000).
Conferencia: Dereitos humanos.
Carlos Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid.
Presenta: Xosé Cabido.
Xoves, 8 de febreiro:
18.00 h. Tema central: As migracións.
22.00 h.
Película: The March.
(David Wheatley, 1990).
Conferencia: A inmigración en Galiza hoxe.
Miguel Fernández, representante de Cáritas e portavoz do Foro da
Inmigración.
Embai Lo, Presidente da Asociación de Senegaleses d’A Coruña.
Presenta: Ricardo R. de Rávena, profesor do IES “Xulián Magariños”, de
Negreira.
Xoves, 15 de febreiro:
17.30 h. Tema central: A memoria histórica.
21.30 h.
Película: La memoria es vaga.
(Katie Halper, 2004).
Conferencia: Memoria e poder.
Ramón López Facal, Profesor de Historia en Secundaria, Profesor da
USC.
Victoriano de la Torre, representante de Amnistía Internacional.
Presenta: Carme Alvariño, profesora do IES de Sar (Santiago de Compostela).
21.30 h. Posta en común, avaliación e conclusións das Xornadas.
22.00 h. Clausura oficial
En trámite a homologación da actividade, por un total de 21 horas, por parte da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria.
COTAS DE INSCRICIÓN E MATRICULA:
Ata o 12 de xaneiro de 2007:
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 5 euros.
Parados/as: 5 euros (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 10 euros.
A partir do 13 de xaneiro de 2007:
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 10 euros.
Parados/as: 10 euros (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 15 euros.
Transferencia bancaria a BANESTO
nº de conta: 0030 – 6149 – 15 – 0298019273
É posible solicitar axuda económica para a asistencia a esta
actividade de formación, segundo a Orde do 20 de decembro de 2005
(DOG de 27 de decembro de 2005) e a Orde do 24 de marzo de
2006 (DOG do 12 de abril de 2006).
CONTACTOS:
Nova Escola Galega
Apdo. 586 – Santiago de Compostela
[email protected]
Tfno/Fax 981.56.25.77
www.nova-escola-galega.org
Descargar