2005-04-15-deslinde-costas-areeiros.doc

Anuncio
Grupo Municipal
RIBEIRA
Mª DOMINGA BRION SANMIGUEL, Concelleira-portavoz do grupo Municipal do
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), neste Concello, presenta a seguinte moción ante o
Pleno Municipal, en relación coa aprobación do deslinde de costas dos Areeiros.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A Demarcación de Costas de Galicia ven de notificar ao Concello de Ribeira (con data
de entrada 7-04-05) e as persoas afectadas a aprobación do deslinde de bens de dominio
público-terrestre do tramo de costa duns 1.725 metros de lonxitude, da praia de Aguiño (Ribeira),
referencia C.39/19-D de 100 metros a altura dos Areeiros e parte de Aguiño.
A aprobación desta liña de servidume de 100 metros representa un claro retroceso con respecto
ao anterior deslinde recolleito nos planos que se achegaron ao escrito remitido pola Demarcación de
Costas de Galicia ao Concello de Ribeira con data de 11 de abril de 2002, no que en parte se recollía
unha servidume de 20 metros, e ao que se presentaron alegacións, tanto por parte dos afectados como
do propio Concello para acadar os 20 metros de servidume en toda a zona dos Areeiros, xa que toda ela
se considera zona urbana dende antes de 1988.
Esta actuación arbitraria da Demarcación de Costas de Galicia, da que hai abondosas mostras
da súa falta de criterio no noso Concello, foi feita, ao parecer, en base a un informe negativo da
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que amosa un claro descoñecemento da realidade do noso
Concello, e unha actitude prepotente ante quen ben a coñece, como é o propio Concello e os afectados
e afectadas, aos que este deslinde con 100 metros de servidume lle ocasionará agravios comparativos
con respecto a outras zonas ademais de moitos prexuízos, xa que supón un atentado contra a
propiedade privada.
Polo exposto, o Grupo Municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do
seguinte
ACORDO:
1. Que se esgote toda a vía legal e mesmo se recorra a outros organismos como poden
ser o Valedor do Pobo, El Defensor del Pueblo, etc. co obxecto de acadar os 20
metros de servidume de costas en todas as zonas urbanas do Concello,
nomeadamente na zona dos Areeiros.
2. Que, paralelamente, se fagan as xestións pertinentes, por parte do Alcalde e do
Grupo de Goberno, tanto diante da Xunta de Galicia como do Xefe da Demarcación
de Costas de Galicia e da propia Ministra de Medio Ambiente co mesmo fin.
Ribeira, 15 de abril de 2005
Asdo.: Mª Dominga Brión Sanmiguel
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBEIRA
Descargar