LL

Anuncio
clan_lloba_gal:Maquetación 1
2/10/08
09:18
Página 1
DA
•
DA
•
M A I T E
I
V O L U M E
CLA
LAN
N
L OBA
C A R R A N Z A
I I
DESERTO
DESER
TO
DE X EO
•
•
M A I T E
C A R R A N Z A
•
A
•
V O L U M E
M A I T E
CLA
LAN
N
OBA
L
C A R R A N Z A
•
I I I
MALDICIÓN
DE
DI
M A I T E
C A R R A N Z A
•
Desde tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron
agochándose das sanguinarias bruxas Odish e agardando
a chegada da elixida pola profecía.
Agora os astros confirman que o tempo está próximo. Anaíd,
que viviu durante os seus catorce anos de vida apartada
nunha vila do Pireneo, ignora os segredos que teñen que
ver coas mulleres da súa familia…
MAITE CARRANZA, nacida en
Barcelona en 1958, fixo a carreira
de Antropoloxía. Antes de dedicarse
plenamente á creación de novelas
e de guións, foi profesora nun
instituto de bacharelato. Publicou
máis de corenta títulos, obtivo
importantes premios literarios, entre
eles o Premio da Crítica Serra d’Or
e o Premio EDEBÉ de literatura
infantil. Os seus libros traducíronse
ao francés, ao portugués, ao alemán,
ao grego e ao polaco. Actualmente
compaxina a creación literaria coas
tarefas de guionista e a docencia
universitaria de guións. Ten tres fillos.
A misteriosa desaparición da súa nai, Selene a roxa,
enfróntaa a unha verdade tan arrepiante coma
incrible e obrígaa a percorrer un longo camiño cheo
de perigos e de descubrimentos.
CLA
LAN
N
DA L OBA
V O L U M E
I
M A I T E
V O L U M E
C A R R A N Z A
VOLUME I
www.aguerradasbruxas.com
V O L U M E
CLA
LAN
N
DA L OBA
rodeira
rodeira
rodeira
•
9 788483 492 16 1
I
M A I T E
C A R R A N Z A
•
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
MAITE CARRANZA
rodeira
00:56
Página 3
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
Título orixinal: El clan de la loba
© Maite Carranza, 2005
© Ed. Gal.: Rodeira, 2008
Polígono de Pocomaco, sector A2, nave 16
15190 A Coruña
www.edebe.com
Deseño de cubertas: César Farrés e Marc Sala
Tradución: Pilar Saborido Otero
1.ª edición, outubro do 2008
ISBN 978-84-8349-216-1
Depósito Legal: B. 39146-2008
Impreso en España
Printed in Spain
EGS - Rosario, 2 - Barcelona
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo
excepción prevista pola Lei. Diríxase a CEDRO (www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
Página 4
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
PROFECÍA DE O
E un día chegará a elixida, descendente de Om.
Terá lume no cabelo,
ás, escamas na pel,
un ouveo na gorxa
e a morte na retina.
Cabalgará o sol
e brandirá a lúa.
00:56
Página 5
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
1. A desaparición de Selene
A
nena durmía no seu cuarto de teitos altísimos e paredes unha e mil veces encaladas. Un cuarto alegre
nunha casa de aldea que recendía a leña e a leite acabado de ferver. As contras das fiestras estaban pintadas de
verde, e verdes eran tamén os rombos do kilim que cubría
o piso de madeira, os vales dos debuxos que adornaban as
paredes e os lombos de varios dos libros xuvenís amoreados nos estantes a carón doutros moitos encarnados,
amarelos, alaranxados e azuis. Abundancia de cores mesturadas con atrevemento nos coxíns, na colcha, nas caixas
dos crebacabezas e nas babuchas abandonadas debaixo da
cama. Cores da infancia, que xa non se correspondían coa
ausencia de bonecas, relegadas ao fondo do armario, nin
coa seriedade da mesa de traballo, ocupada case na súa
totalidade por un Pentium de última xeración.
Se cadra, a nena xa non era tan nena ou, se cadra, si.
Pero fose aínda moi nena ou non, estaba lonxe de imaxinar que os acontecementos daquela mañá ían producir
un xiro tan radical na súa vida que a obrigarían a deixar
atrás, definitivamente, a infancia.
O sol entraba con forza pola abertura das persianas a
medio cerrar mentres Anaíd, que así se chamaba a nena,
rebulía inquieta e falaba en soños. Un raio de sol ascendeu
7
Página 7
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
traballosamente pola colcha, alcanzou a súa man, desprazouse lento pero teimudo polo seu pescozo, polo seu nariz,
polas súas meixelas e, finalmente, ao rozar as súas cerradas pálpebras, fíxoa acordar.
A Anaíd escapoulle un berro e abriu os ollos. Estaba
confusa. Faltáballe o alento e resultáballe estraña a intensa
luz que invadía o cuarto. Encontrábase nesa situación de
entresoño na que aínda non se distingue con claridade o
mundo real do soñado.
No seu pesadelo, tan vívido, corría e corría baixo a tormenta buscando acubillo na carballeira. Por entre o fragor
da treboada podía oír a voz de Selene, que berraba: «detente!». Pero ela non facía caso da orde da súa nai. Ao seu
redor, os raios caían sen parar, a centos, a miles, cegándoa,
inundando a carballeira cunha choiva de lume. Finalmente, un raio alcanzouna e caeu fulminada ao chan.
Anaíd pestanexou e sorriu aliviada: o culpable da súa
angustia fora aquel raio de sol atrevido que se filtrara
a través das persianas do cuarto sen lle pedir permiso a
ninguén.
Xa non quedaba rastro da tormenta eléctrica que a noite anterior castigara o val. O forte vento varrera as nubes, e
os ceos, coa cara lavada, resplandecían coma a auga violeta dos lagos.
E esa luz tan intensa? Tan tarde era xa? Que raro!
Como é que Selene aínda non a espertara para ir á escola?
Saltou da cama sen pensalo dúas veces e sentiu un arrepío ao poñer os pés espidos sobre o kilim. Vestiuse, coma
sempre, sen lle dedicar á súa indumentaria máis dun segundo e buscou apresurada o reloxo. As nove! Era tardísimo! Xa perdera a primeira clase da mañá. E a súa nai?
Como é que Selene aínda non se erguera? Ocorreríalle
algo? Sempre a espertaba ás oito, e xa eran as nove.
8
Página 8
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
—Selene?
Chamou baixiño mentres empuxaba a porta do cuarto
da súa nai e trataba de dominar a angustia do seu pesadelo, que comezaba a invadila de novo.
—Selene?
Repetiu incrédula ao comprobar que no cuarto non había ninguén, excepto ela mesma e o aire xélido do norte,
que entraba pola fiestra aberta de par en par.
—Selene!
Exclamou enfadada como facía sempre que a súa nai
lle gastaba unha broma pesada. Pero esta vez Selene non
saíu de detrás da cortina, rindo coas súas ledas gargalladas, nin a apertou contra o seu peito para rodar xuntas
sobre a cama medio desfeita.
Anaíd respirou fondo unha vez, dúas... e lamentou que o
vento xa levara consigo o aroma a xasmín que impregnaba
o cuarto de Selene, ese recendo que a ela tanto lle gustaba.
Despois, cerrou a fiestra tremendo de frío. Nevara. A pesar
de que maio estaba moi avanzado, e de que xa rebentaran
os primeiros gromos primaverais, esa noite nevara. A lousa
negra do campanario da ermida de Urt, na distancia, aparecía peneirada de branco, talmente coma un pastel de nata.
Pensou que era un mal agoiro ao tratarse dun ano bisesto,
e cruzou os dedos como lle aprendera a facer Deméter.
—Selene? —repetiu unha vez máis Anaíd, agora na
cociña.
Pero alí todo parecía estar tal e como quedara a noite
anterior despois da discusión, antes da tormenta e do pesadelo. Anaíd escrutou todo meticulosamente. Nin rastro
dunha cunca de café no vertedoiro, nin unha galleta á que
lle faltara un bocadiño, nin un vaso de auga bebido durante a noite. Non, Selene non puxera os pés na cociña.
Segurísimo.
9
Página 9
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
—Selene! —insistiu Anaíd, alzando a voz, cada vez
máis nerviosa.
E seguiu chamando no soportal, na eira, e diante do antigo alpendre que servía agora de garaxe. Abriu a vella
porta de madeira e detívose un instante no limiar, esforzándose en afacer os seus ollos á penumbra do interior. O
coche estaba alí, cuberto dunha fina capa de po e coas chaves no contacto. Sen el, Selene non podía ir moi lonxe. Urt
quedaba afastado de todas as partes e a medio camiño de
todos os sitios. Era necesario coller o coche para ir á cidade, á estación do tren, ás pistas de esquí, á montaña, aos
lagos e mesmo para ir ao supermercado que abriran nas
aforas. Daquela..., se non collera o coche...
Na cabeza de Anaíd agromou unha sospeita. Regresou
á casa e escudriñouna a conciencia. Efectivamente, as pertenzas de Selene estaban intactas. A súa nai non podería ir
a ningún sitio sen abrigo, sen bolso, sen chaves e sen zapatos. A nena, cada vez máis preocupada, tivo a certeza de
que algo non ía ben, e experimentou a mesma ansiedade que a atormentara a mañá da morte da súa avoa Deméter. Era absurdo, pero todo parecía indicar que Selene
desaparecera só co posto, sen un miserable prendedor para
o pelo, a medio vestir e descalza.
Co corazón desbocado, arrincou o seu groso anorak de
plumas do colgadoiro da entrada. Púxoo de calquera maneira, comprobou que as chaves estaban no peto, pechou
a porta e abandonou a casa ás carreiras. Na rúa, o vento
xeado coábase asubiando e zigzagueando polo estreito
corredor que deixaban as casas, de grosos muros, construídas a resgardo do norte.
Urt, de casas de pedra con tellados de lousa, alzábase
na cabeceira do val de Istain, ao pé dos Pireneos, rodeada de altos cumes e de ibóns xeados. Na praza, e orientada
10
Página 10
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
cara ao leste para recibir no seu altar o primeiro raio de
sol, erguíase a igrexa románica.
No alto, dominando o val e a entrada do desfiladeiro,
divisábase unha torre en ruínas, morada de corvos e morcegos. Antigamente, o vixía permanecía alerta día e noite
cunha única encomenda: manter aceso o facho co que
prender a fogueira en caso de divisar o inimigo. A torre vixía de Urt era a torre nai de varios vales á redonda. O seu
sinal avistábase desde seis localidades diferentes, e conta
a lenda que a fogueira de Urt detivo o avance implacable
das hostes sarracenas a través dos vales pirenaicos, alá
polo século VIII, nunha fazaña ignorada e anónima.
Anaíd mantívose ao abrigo do vento ata que franqueou
as ruínas das vellas murallas da vila. Unha vez a campo
descuberto, recibiu a labazada do norte en plena cara.
Dúas grosas lágrimas esvaráronlle polas meixelas, pero
non se amedrentou; facéndolle fronte ao vendaval, enfilou
o camiño da carballeira e non se detivo nin unha soa vez.
A centenaria carballeira amencera esa mañá cun aspecto penoso. Pólas esgazadas, troncos carbonizados, follas
que se arremuiñaban polo chan, ramallos chamuscados...
Aquí e acolá a tormenta deixara feridas que só o tempo
podería cicatrizar. Anaíd, coa axuda dunha vara, esculcaba
palmo a palmo o enlamado manto agrisado que cubría o
chan. Temía encontrar o que con tanto afán buscaba. Temíao tanto que o negaba unha e outra vez. Pero así e todo,
e a pesar do seu pánico, facía o seu traballo concienciudamente. Propuxérase percorrer a carballeira de cabo a rabo,
escrutando palmo a palmo todos os seus recunchos.
Buscaba o corpo de Selene.
Anaíd nunca podería esquecer a mañá en que desaparecera Deméter, nin a noite que precedeu a súa morte. Deméter, a súa avoa, morrera na carballeira nunha noite de
11
Página 11
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
treboada, había pouco menos dun ano, cando regresaba de
atender o que sería o seu derradeiro parto. Era parteira. Ao
lembralo, Anaíd aínda notaba o sabor salgado das lágrimas que derramara por ela.
Aquela mañá, despois dunha aparatosa tormenta, o val
amencera cuberto por unha bruma descolorida. Selene estaba inquieta porque Deméter non durmira na súa cama, e
Anaíd sentiu un medo abstracto, impreciso. Selene non
permitiu que a acompañara á carballeira. Quixo ir ela soa;
cando regresou aterecida de frío e cos ollos cubertos por un
veo de dor, non podía articular as poucas palabras que necesitaba para lle comunicar a morte da súa avoa. Pero non
foi necesario, porque Anaíd xa o sabía. Notara o amargo
sabor da morte subíndolle pola gorxa nada máis espertar. A
súa nai, con moita dificultade, explicoulle que ela mesma
encontrara o corpo de Deméter na carballeira. Despois calou. Selene, tan faladora de seu, quedou en silencio e non
respondeu nin unha soa das preguntas que Anaíd lle fixo.
Nos días seguintes, a casa encheuse de familiares e
amigos, que chegaron de todas as partes do mundo. Recibiron centos de chamadas telefónicas e de correos electrónicos, pero ninguén se atrevía a aventurar as causas da
morte. Finalmente dixeron que a morte fora producida por
un raio, e a médico forense, unha especialista que voou
desde Atenas, así o certificou. O corpo estaba irrecoñecible. Deméter quedara tan carbonizada que Anaíd non lle
puido dar un derradeiro bico antes de metela no ataúde.
Na vila falouse durante moito tempo do raio que alcanzou a avoa de Anaíd esa noite de tormenta eléctrica, pero
ninguén se explicou nunca, nin sequera Anaíd, que facía
Deméter na carballeira a esas horas da noite. O seu coche
apareceu na estrada, aparcado ao lado da cuneta do camiño forestal, co cristal da porta do condutor baixado, os
12
Página 12
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
faros de posición acesos e o intermitente pestanexando
con insistencia.
Anaíd detívose, e o presente reinstalouse veloz entre as
sombras das follas dos carballos. O seu pau batera con
algo, un vulto cuberto por un montón de follas. Sen poder
remedialo, as mans traizoárona e comezou a tremer coma
un xunco. Viñéronlle á cabeza os consellos de Deméter
para vencer o pánico cando este nos atenaza e se apodera
da nosa vontade. Deixou a mente en branco e, moi lentamente, comezou a apartar as follas coas botas; por uns instantes contivo o alento, pero en seguida respirou aliviada:
alí no chan, aos seus pés, xacía un corpo morto, aínda
quente; pero non pertencía a un ser humano, era... era... un
lobo, mellor dito, unha loba, xa que se distinguían perfectamente as súas tetas inchadas de leite. Os lobiños non debían andar moi lonxe. Pobres, sen o leite da nai, estaban
condenados a morrer de fame. Anaíd pensou que ao mellor
xa eran o suficientemente grandes como para sobrevivir
coa axuda da manda. Observou o animal. Tratábase dun
exemplar moi fermoso. O seu pelo, a pesar da lama que o
cubría, era dun gris perla, suave e sedoso ao tacto. Sentiu
pena pola pobre loba e cubriuna outra vez con follas secas,
ramallos e pedras para evitar que acabase devorada polos
animais preeiros. A loba estaba lonxe das montañas, baixara ao val aventurándose no territorio dos humanos e nel
encontrara a morte. Por que baixaría ao val?
Anaíd mirou o reloxo. Eran as doce do mediodía. Decidiu que era mellor volver para a casa e comprobar se todo
seguía igual. Ás veces, as circunstancias cambiaban inesperadamente, e aquilo que unhas horas ou uns minutos antes nos parecía tan terrible, de repente, deixaba de selo.
Confiando na remota posibilidade de encontrar a Selene na casa, iniciou esperanzada o regreso sen preocuparse
13
Página 13
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
polo camiño que tomaba. A súa mala fortuna levouna a
encontrarse cos compañeiros de clase, que saían naquel
momento en tropel da escola. Dar explicacións ou buscar
respostas convincentes para preguntas molestas era o último que desexaba facer naqueles momentos. Tampouco se
vía con ánimos de lles facer fronte ás súas chanzas. Sen
pensalo, deu media volta e saíu disparada en dirección á
rúa da ponte. Virou por ela e xirou a cabeza para comprobar se os perdera de vista. Non se fixou en nada máis, por
iso non viu o land rover azul que baixaba a costa, só escoitou un renxer de freos e sentiu un forte golpe na perna.
Despois, un berro. E despois, nada.
Anaíd permanecía tendida no chan, atordada, sen poder moverse. A condutora do vehículo, unha turista vestida con roupa deportiva, cabelo louro, ollos azuis, acento
estranxeiro, estaba axeonllada ao seu lado, lamentándose
e apalpándolle o corpo.
—Pobriña, déixate estar, non te movas, tranquila que
vou chamar unha ambulancia. Como te chamas?
Antes de que Anaíd abrise a boca, un coro de voces
respondeu por ela.
—Anaíd Tsinoulis.
—A anana sabichona.
—A chapona da clase.
Anaíd quixo desaparecer de repente e negouse a abrir
os ollos. Acababa de escoitar a voz de Marion, a rapaza máis guapa da súa clase e a que organizaba as festas
máis macanudas. Festas ás que nunca era invitada. E tamén escoitara a voz de Roc, o fillo de Helena, co que xogara de pequena, pero que xa non lle falaba, nin a miraba,
nin sequera a vía... Quería morrer.
Supoñía que todos os voitres da clase a estaban rodeando, cos ollos cravados na súa pobre figura, sinalándoa co
14
Página 14
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
dedo, alegrándose da súa desgraza, véndoa pequena, anana, miserable, fea e tomando a broma o seu accidente...
Sentía tanta vergonza que quería morrer.
Desde que as rapazas da súa clase medraran e medraran
e a deixaran atrás, ríndose da súa estatura de nena, Anaíd
sentíase unha marciana. Nin Marion nin o resto de compañeiras a invitaban ás súas festas de aniversario, nin ás saídas
nocturnas á cidade, nin compartían con ela os seus segredos, nin intercambiaban con ela a roupa ou os CD. E non
era porque lle tivesen manía ou envexa por sacar mellores
notas, senón porque nin sequera a vían. O seu problema,
o seu gran problema, era que, a pesar de que xa cumprira
catorce anos, medía coma unha nena de once e pesaba coma
unha de nove.
Era invisible. Fose a onde fose, pasaba inadvertida, excepto na aula. Na aula brillaba con luz propia, e aí residía a
súa pequena traxedia. Tiña a mala sorte de entendelo todo
á primeira e de sacar as mellores notas, así que, cando respondía as preguntas ou levaba un dez nun exame, os seus
compañeiros burlábanse dela chamándolle a anana sabichona. E por riba, a súa intelixencia tamén molestaba a algúns profesores, e en máis dunha ocasión tivo que arrepentirse por non calar a tempo. Ultimamente xa non levantaba
a man na clase, e incluso cometía algún que outro erro nos
exames para baixar un chisco a nota. Pero tanto tiña, continuaba sendo a anana sabichona. E iso doía. Vaia se doía!
Anaíd, deitada no chan, só quería que marchasen dunha maldita vez e deixasen de observala cos seus ollos
burlóns e pouco compasivos.
—Fóra de aquí, nenos, liscade! —ordenoulles a estranxeira.
A mesma voz doce e firme que se interesara polo seu
estado, volvérase dura e inflexible. E fixéronlle caso. Os
15
Página 15
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
rapaces da súa clase saíron en desbandada, e Anaíd, tirada
no medio da calzada, escoitou como se afastaba o ruído
dos seus zapatos ao correr polo chan empedrado das rúas
de Urt. Corrían para propagar aos catro ventos a noticia do
atropelo.
—Tranquila, Anaíd, xa marcharon —animouna a fermosa estranxeira.
Anaíd abriu os ollos e sentiuse reconfortada. O primeiro que viu foi un amplo sorriso cómplice e uns ollos azuis
e profundos coma un lago, o recibimento máis agarimoso
que unha nena puidese soñar despois da serie de sucesos
tristes que estaba vivindo.
—Creo que non é nada —comentou, animada por un
súbito optimismo, mentres observaba a perna ferida.
—Non, agarda, non te levantes! —intentou impedir a
turista.
Pero Anaíd xa se puxera en pé dun salto e movía as articulacións, unha a unha, para demostrar que non tiña nada
grave. Estaba perfectamente.
—Non o podo crer —falou baixiño a estranxeira mentres lle subía a perneira do pantalón e lle buscaba a fractura alí onde supoñía que recibira o impacto do land rover.
—De veras que estou ben, só foi unha rascadela. Mire
—dixo Anaíd.
A nena amosou a perna e sentiu a suave caricia da man
delicada, moi branca, sobre o seu xeonllo.
—Sube, creo que non é necesaria a ambulancia. Voute
levar eu mesma ao médico —determinou a muller.
E colleuna da man para lle axudar a subir ao coche alugado.
—Non, non podo ir ao médico, non teño tempo —resistiuse Anaíd.
A estranxeira pareceu dubidar:
16
Página 16
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
—Ten que verte un médico. Ao mellor hai que facer
radiografías, probas...
Anaíd desculpouse con vehemencia:
—De verdade que me é imposible. Teño que ir inmediatamente á casa.
—Vale, pero acompáñote eu e falo coa túa nai.
—Non pode ser! —berrou Anaíd mentres botaba a
correr pola rúa, xa totalmente recuperada da caída.
—Para aí! Agarda! —berraba a fermosa muller, desconcertada, sen saber que facer.
A nena desapareceu pola primeira rúa da esquerda e,
ao cabo duns instantes, xa se apresuraba a abrir a porta
da casa.
A pesar das súas esperanzas, a casa continuaba baleira.
Selene non regresara.
Anaíd sentou no mexedor, que tempo atrás estaba reservado para Deméter, e balanceouse durante un bo anaco.
O movemento reiterativo de botar o corpo cara a diante e
cara a atrás bambeando a súa tristeza, freando o seu desacougo, acabou por tranquilizala e relaxar a súa mente. Non
debía precipitarse, tiña que facer as cousas con orde, con
método, unha tras outra. Selene tiña que estar nalgunha
parte e, se non había forma de se comunicar con ela, podía, polo menos, intentar seguir a súa pista.
Antes de acudir a ninguén en busca de axuda, Anaíd
imprimiu todos os correos electrónicos recibidos e enviados durante o último mes desde o enderezo da súa nai,
apuntou relixiosamente o número das últimas cincuenta
chamadas que constaban na memoria do seu aparello telefónico e copiou todos os movementos que rexistraban as
súas contas bancarias, para estar segura de que non retirara cartos na última semana e de que non houbera ningún
ingreso estraño durante o último mes.
17
Página 17
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
Tamén comprobou a correspondencia que gardaba no
seu escritorio, correspondencia basicamente editorial e
bancaria, e revisou a súa axenda persoal, onde anotaba escrupulosamente citas, compromisos e nomes. Ao repasar
os datos, decatouse de que o número de teléfono máis repetido nas chamadas recibidas e efectuadas correspondía a
Xaca, a cidade máis próxima a Urt, a cidade á que Selene
se desprazaba con certa frecuencia para ir de compras.
Anaíd marcou o número sen titubear. Ao outro lado da
liña respondeu unha voz masculina: «Son Max. Neste momento non estou na casa. Se queres poñerte en contacto
comigo, déixame unha mensaxe». Pero Anaíd colgou sen
deixar ningunha mensaxe. Quen era ese Max? Por que Selene non lle falara nunca del? Era un amigo? Ou era algo
máis ca un amigo? Nos seus correos electrónicos e na súa
axenda, non obstante, non había rastro do tal Max, nin
nada que destacar, excepto unha correspondencia cada vez
máis íntima e frecuente cunha admiradora que se declaraba entusiasta lectora dos seus cómics e que lle pedía unha
cita para poder coñecela persoalmente.
Asinaba S.
Gaia estaba corrixindo exames a carón do lume. Ás veces, como sucedera aquela tarde, prendíao sen necesidade,
polo simple pracer de achegar as mans ás lapas e gozar da
súa caricia. Estaba arrepentida de aceptar aquela praza de
mestra en Urt. Tiña demasiados alumnos, o inverno duraba dez meses, e non lle quedaban nin ganas nin tempo para
a música. Pareceulle que sería un destino tranquilo, e que
o illamento lle permitiría compoñer, pero equivocouse. E
non era unicamente o frío o que facía morrer as notas, conxeladas, antes de que nacesen, eran as continuas interferencias que, unha tras outra, se producían na súa vida.
18
Página 18
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
Enganárana. Fora parar ao ollo do furacán. Estaba absorta nestes pensamentos cando chamaron á porta, e Gaia
soubo, polo desasosego que sentía, que o peor aínda estaba por chegar.
A que viña de visita non era outra senón Anaíd, a filla
de Selene, que faltara á clase durante todo o día. Precisamente acababa de corrixir o seu exame. Un bo exame. Demasiado bo. Por iso lle baixara un punto coa desculpa de
que facía a letra demasiado angulosa. E non se trataba
de que lle tivese unha especial manía á nena, non. Anaíd
era tímida e pouco agraciada, pero non molestaba na clase.
O que amolaba a Gaia era que Selene se apuntase todos
os méritos da súa filla, e un dez era excesivo para a petulancia daquela roxa narcisista.
—Que pasa, Anaíd?
Anaíd non acababa de arrincar, tiña os ollos avermellados e parecía asustada. Gaia impacientouse e obrigouna a
asoar os mocos e a beber un vaso de auga fría. Anaíd verteu parte do líquido sobre o xersei. Non era fea. É máis,
tiña uns ollos azuis, dun azul cobalto, magnético, que
sempre exerceran unha estraña fascinación sobre ela. Pero
era fraca e esmirrada, e tiña moi pouca graza, a pobre. E
por riba, andaba sempre con eses xerseis enormes e con
aqueles catro pelos ralos, moi curtos, asomando por debaixo daqueles gorros de la que tan pouco a favorecían.
Realmente, a súa imaxe non era nada sedutora. Nunca
comprendera o mal gusto de Selene á hora de vestir a nena
e de lle cortar o pelo. Ninguén que as vira xuntas diría que
a provocadora e atractiva muller de vistosa melena roxa
puidese ser a nai daquela adolescente desgairada. Por fin
pareceu que Anaíd reaccionaba.
—Selene desapareceu.
Gaia púxose a mil.
19
Página 19
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
—Como dis? Cando?
Anaíd estaba confusa, e Gaia detectou que esquivaba
a súa mirada con culpabilidade.
—Esta mañá cando me levantei non estaba, por iso
faltei ás clases. Estívena esperando, esperando, pero non
regresou.
Gaia sopesou a posibilidade de que Anaíd estivese
equivocada.
—Seguramente a estas horas está no despacho de Melendres discutindo sobre a última entrega de Zarco.
Melendres era o editor dos cómics da súa nai, e Zarco, un dos seu heroes de ficción, que comezaba a ter un
certo éxito.
Melendres e Selene levábanse coma o can e o gato e,
cada vez que falaban de asuntos editoriais, as súas discusións podían durar horas e horas.
Anaíd negou esa posibilidade:
—Non foi á cidade, o coche está no garaxe.
—Ao mellor...
Pero Anaíd estaba moi segura do que dicía:
—Comprobei todos os seus zapatos e abrigos, e non
falta ningún. E o seu bolso, coas chaves, as tarxetas e a
carteira está no colgadoiro da entrada.
Gaia palideceu e colleu o teléfono ignorando a presenza
de Anaíd. Mentres marcaba o número, sentía que a comía a
rabia. Se tivese diante súa a Selene, sería capaz de darlle un
par de labazadas, tiraríalle dos pelos ata arrincarllos un a
un e pisaríalle os pés embutidos nesas botas de tacón de
agulla, tan rechamantes e atrevidas. Por que? Por que non
lle fixera caso? Estivera buscando a súa propia ruína desde
había un ano, desde a morte da súa nai Deméter.
—Helena? Son Gaia. Mira, está aquí Anaíd e di que
Selene desapareceu.
20
Página 20
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
Gaia pareceu asombrada ao escoitar as palabras de
Helena.
—Un accidente? —e dirixiuse a Anaíd—: Helena di
que tiveches un accidente esta mañá, que te atropelou un
coche.
Anaíd maldiciu no seu interior a Roc e a Marion e a
todos os seus compañeiros.
—Non foi nada, só un pequeno golpe.
—Escoitáchela? De acordo, agardámoste.
Gaia colgou o teléfono, quedou mirando fixamente
para Anaíd e sentiu pena por ela. Estaba soa e viñéranlle
tantas desgrazas seguidas... Con todo, non estaba disposta
a cargar coas equivocacións de Selene. Era a filla de Selene, non a súa. Pasou a vista polos seus exames, polo seu
lume... e non puido evitar un ricto de contrariedade ao
pensar en todos os problemas que lle ocasionaría calquera
decisión que tomase.
—Vai vir Helena e vaite levar para a súa casa.
Anaíd regalou os ollos moi sorprendida.
—Temos que ir á policía.
—Non! —berrou Gaia.
Pero, ao ver o efecto contraproducente que a súa resposta causara en Anaíd, aclarou:
—Imaxina que ten problemas... con alguén. Sería un
escándalo. Buscarémola nós.
—Pero...
—A túa nai é unha cabeza tola e fai moitas parvadas.
Queres que ademais te sinalen co dedo pola rúa?
Anaíd calou. Sabía que Gaia, a pesar de ser amiga de
Selene, lle tiña envexa. Envexaba a súa melena roxa e rizada, as súas longas pernas, a súa simpatía e o seu don
de xentes. Non facía falta ser moi lista para decatarse de
que Gaia, unha mestra de escola melindrosa, sería ca21
Página 21
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
paz de vender a súa alma ao demo por ser coma Selene.
Helena, a bibliotecaria, a que lle proporcionou a Anaíd
todas as lecturas infantís, chegou arquexando debido aos
seus quilos de máis. Anaíd sentíase insegura na súa presenza, posto que era incapaz de distinguir cando estaba embarazada, cando acababa de parir e cando non estaba nin
unha cousa nin outra. Calculaba, se non se equivocaba nas
contas, que Helena debía ter xa sete fillos, todos nenos. O
máis vello era Roc, e a posibilidade de convivir con el baixo o mesmo teito parecíalle un suplicio. Roc era unha fotocopia do seu pai, o ferreiro de Urt, forte, retranqueiro
e moreno de pel e cabelo. Roc e mais ela xogaran moitas
veces polas fragas que rodeaban a vila e bañáranse xuntos
nas pozas do río. Pero iso fora había tempo, cando eran
pequenos. Agora Roc tiña moto, vestía vaqueiros axustados, puxera un piercing na orella esquerda, ía á cidade os
sábados e, cando se cruzaba con ela, miraba para outro
lado, coma os demais, coma case todos.
Helena, a diferenza de Gaia, era cariñosa e o primeiro
que fixo foi darlle unha forte aperta a Anaíd e asfixiala
a bicos.
—Explícame, bonita, como foi?
—Non sabe nada —meteu baza Gaia.
—Ao mellor pódenos dar algunha pista, algo que nosoutras non saibamos.
Pero Gaia estaba indignada.
—Ben o sabiamos, ti, eu e todas. Sabiamos que antes
ou despois isto ía ocorrer.
—Non te precipites.
—Que buscaba, entón, Selene con esas saias tan curtas
e con esa longuísima melena crecha, dun roxo tan intenso,
sempre ondeando aos catro ventos? Que pretendía con
esas reportaxes en Internet, deixándose entrevistar e foto22
Página 22
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
grafar na súa casa, no seu estudio, facendo declaracións
controvertidas sobre o mundo do cómic e permitíndose
criticar determinados personaxes públicos? E iso por non
falar das súas continuas multas por exceso de velocidade
e das súas coñecidísimas borracheiras.
Helena interrompeuna azorada.
—Gaia, compórtate, por favor, que estamos diante de
Anaíd.
Gaia tiña ganas de rebentar desde había demasiado
tempo e aínda se permitiu unha última frase.
—A Selene perdeuna o seu ego.
Anaíd sentiuse obrigada a defendela.
—Selene é especial, é diferente... e eu quéroa moito!
A agresividade de Gaia conseguira facela valente, pero
tamén precavida. Nese momento decidiu que non lle pasaría a ninguén a información que conseguira sobre os
últimos movementos da súa nai.
Gaia deuse conta de que dera un paso en falso. Non
soportaba a Selene, narcisista, namorada de si mesma, e
parecíalle mentira que a pobre nena, á que eclipsara e arredara coma un moble vello, saíse agora na súa defensa.
Suspirou.
—Síntoo moito, Anaíd. Eu non teño nada contra a túa
nai, senón contra a súa maneira de comportarse, tan pouco
discreta. É unha forma de... de buscar inimigos, de chamar
a atención. Comprendes?
—Queres dicir que o motivo da súa desaparición foi
esa entrevista en Internet? —inquiriu Anaíd con retranca.
Gaia arrepentiuse de non calar a boca a tempo.
—Non, non, que va... ben eu... iso... non me fagas caso.
Pero quero que saibas que eu admiraba moito a túa avoa.
Deméter era toda unha dama.
Helena colleuna das mans.
23
Página 23
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
—Anaíd, esta noite, escoitaches algo, intuíches algo...
desagradable coma cando...?
Anaíd foi tallante, contundente. Nin sabía sequera de
onde lle saía a forza que a levou a responder con tanta seguridade.
—A miña nai non está morta.
Gaia e Helena suspiraron aliviadas. A certeza de Anaíd
non admitía dúbidas.
—Como o sabes?
—Seino, e punto.
Helena tomou asento nunha cadeira e permaneceu pensativa uns instantes.
—Verás, Anaíd, imos facer unha cousa. Nosoutras
dúas ímosche axudar a buscar a Selene, pero ti tamén tes
que colaborar. En primeiro lugar, témosche que pedir unha
cousa moi difícil para unha rapaza tan curiosa como es ti.
—Cal?
—Que non fagas preguntas.
Anaíd tragou cuspe. Necesitaba unha soa razón para
convencerse de que a súa discreción podía contribuír a
encontrar a Selene.
—Está metida nalgún problema?
Helena e Gaia cruzaron unha mirada e asentiron.
—Así é.
—Está ben, non farei preguntas. E en segundo lugar?
—Que non fales con ninguén deste tema, con NINGUÉN. Entendido?
Anaíd aceptou. Necesitaba beber cada palabra de Helena para saber que a desaparición de Selene estaba dentro
dos parámetros posibles da lóxica. E así era.
—E que diremos en Urt?
—Diremos... diremos que Selene tivo que marchar de
viaxe. A Berlín, por exemplo. Gústache Berlín?
24
Página 24
O clan da loba en gallec_butx_001-400:N. butxaca
15/9/08
00:56
Anaíd asentiu.
—E mentres non regresa?
—Mentres non regresa serei eu quen me ocupe de ti
—afirmou Helena.
—Onde durmirei?
—Pois... pois con...
—Non podo durmir con Roc —berrou cunha certa desesperación Anaíd.
—E por que non? Sodes amigos.
Anaíd sentiu que lle fallaban as forzas. O peor que lle
podía pasar neste mundo non era que a súa nai desaparecese de repente, senón que a obrigasen a pasar a vergonza
máis grande da súa vida ao compartir cuarto con Roc.
—Non, non somos amigos.
—Pois se xa non o sodes, agora tedes ocasión de reconciliarvos. Que che parece?
—Fatal.
Helena suspirou e colocou a man sobre a barriga. Anaíd
fixouse. Movíase? Si, efectivamente, o enorme barrigón de
Helena axitábase inquedo. Debía estar embarazada unha
vez máis.
Gaia, para librarse da súa mala conciencia, acariñoulle
o pelo coa man, tensa. Un intento de aproximación que,
vindo dela, significaba un enorme esforzo.
—Anda, acompáñote á casa para que recollas as túas
cousas, pero antes debes comer algo, que seguro que non
probaches bocado en todo o día.
E sacou un polo frío e unha verdura que requentou, e
que Anaíd, a pesar de que odiaba as verduras, agradeceu.
Non comera nada desde a noite anterior.
25
Página 25
Documentos relacionados
Descargar