Álvaro Cunquerio

Anuncio
Poemas de Álvaro Cunqueiro (1912−1981)
1. De MAR AO NORDE, 1932
Mar outa (poemas 1, 2, 3 e 4)
Mar ao norde é o primeiro libro de Álvaro Cunqueiro; publicouse en 1932, cando o poeta aínda non fixera os
20 anos.
Pola técnica vangardista (o poema concíbese sobre todo como unha xustaposición de imaxes metafóricas) e
tamén pola temática (de ambiente mariño), moitos dos poemas deste libro poden relacionarse doadamente coa
poesía de Manuel Antonio. Cando Cunqueiro publicou este libro, o único precedente vangardista en sentido
estricto que había na poesía galega era Manuel Antonio.
Mar ao norde componse de 21 poemas, agrupados en catro seccións: Porto, que se compón de tres poemas,
Mar outa, que ten nove, Illa, de sete poemas, e Terra adentro, de dous. Nos poemas que forman Mar outa,
como no conxunto do libro, Cunqueiro amosa unha tendencia sintética na linguaxe e tamén nas imaxes: tende
a non poñer verbos, a dar cousas por entendidas, xustapoñendo metáforas. Esta técnica fai que a sintaxe dos
poemas teña un pouco de escrita de telegrama.
Outro elemento vangardista que se observa nesta sección de nove poemas é a tendencia a evitar o
sentimentalismo, unha deshumanización característica das vangardas. Se é posible, prescíndese da primeira
persoa.
Tamén atopamos a falta de métrica uniforme e de rima nestes poemas. Outra característica é a tendencia á
abstracción... Por exemplo, en toda esta serie de poemas hai unha abstracción xeográfica, é dicir, hai
escenarios que parecen abstractos, porque non son escenarios concretos e individualizados (non hai
topónimos). Esta abstracción é típica do creacionasmo. Así evítase o localismo (nunca sabemos de qué sitios
en concreto fala o autor...).
1
Illa: oco insumiso,
infantil xogo:
xa non estás
entre a túa mesma luz.
Xa rodas lonxe dobregada en todo,
¡qué perfeita e qué descoñecida!
illa.
Este é o poema que abre a serie. Non ten título, só o número dentro da serie. É un poema breve, de sete versos.
Como aspectos tipográficos salientables pódese comentar a disposición tipográfica do terceiro verso, situado á
dereita.
1
Non se advirte un emisor claro, non sabemos quen fala, pero si sabemos que se dirixe a alguén, a unha
segunda persoa que percibimos por medio do posesivo túa (verso 4), e polas formas verbais estás (v. 3) e
rodas (v. 5).
Nos dous primeiros versos a voz poética dános o obxecto do que vai falar (illa, así, sen artigo, co que se
reforza a abstracción) e atribúe a este obxecto dúas caracterizacións metafóricas, unha por verso. A primeira
asocia a illa a un oco insumiso (v. 1). Aquí hai unha personificación, xa que o adxectivo personifica o
substantivo, e suxire a insubmisión dunha illa fronte ó mar. Despois, cando di infantil xogo pode aludir a
certos xogos infantís que debuxan illas no chan..., se cadra xogos da propia infancia do poeta. Nestes versos
vese a tendencia telegramática, a tendencia á síntese.
Nos seguintes versos, o terceiro e o cuarto, a voz poética xa se dirixe claramente ó interlocutor, á illa, e dille
que ela xa non está entre a súa mesma luz. Esto pódese interpretar como unha ausencia da illa, ausencia que
fai que esta se volva ideal (perfeita, di máis adiante). Esta idea atópase en moita poesía, cancións, etc. É a idea
de que o que non se ten é máis fermoso, mellor (non hai nada máis belo que o que nunca tiven....). E agora a
illa é luminosa, pero está ausente.
No quinto verso hai unha prosopopea, cando di que a illa roda. Este verso suxire a idea das illas encantadas
dos contos, como a illa de San Brandán, que se ía movendo. Podemos interpretar que é esta distancia que
separa ó eu poético da illa o que fai que esta sexa un ideal para el.
O sexto verso está formado por unha exclamación, que condensa ou conclúe o contido do poema, loando a illa
e subliñando a súa perfección e ó mesmo tempo a súa condición de descoñecida..
O último verso só é unha palabra: illa. Así, o poema remata simetricamente, coa mesma palabra coa que
comezou. Por esta razón podemos dicir que este poema ten unha estructura circular.
Como conclusión diremos que o tema deste poema número un da serie de Mar Outa é o tema da perfección do
inalcanzable.
2
Este é o punto mesmo.
Eiquí
entre a corda rota
e inmóvel das horas
párase
cristaíña
a roda da noite.
Eiquí
a lúa entre salas desertas
de madureza
2
comeza
silenciosa
a roda da alba.
Este segundo poema está dividido en tres partes. A primeira é unha especie de anuncio, de un verso, que
precede as outras dúas partes, de seis versos cada unha, que son as que empezan Eiquí acaba a noite...., e
Eiquí empeza a alba....
No primeiro verso o elemento máis importante é o deíctico, que sinala un punto concreto.
Nos seguintes versos, do dous ó sete, a voz poética dota á noite de vida, faina animada. Aquí atopamos unha
metáfora preposicional: a roda da noite. Con esto Cunqueiro quere que imaxinemos a noite como unha roda,
que vai pasando, que non é algo que estea quieto.
O segundo verso (e máis adiante tamén o oitavo) está formado simplemente polo adverbio de lugar, con valor
temporal. Con este verso, xunto co primeiro, o poeta alude a un espacio e un tempo concretos.
Nos versos tres e catro, entre guións de inciso, atopamos outra metáfora, que nos volve dar esa sensación de
momento parado, inmóbil. Esa sensación de quietude. Logo, nos seguintes versos, á dereita, atopamos a
continuación do segundo verso. Aplica o adxetivo cristalina á noite, e considéraa como unha roda. Con esta
adxectivación, dota á noite de fraxilidade, como se fose romper, como se fose quebradiza.
Nos versos noveno e décimo atopamos un paralelismo co inciso anterior. Aquí vemos unha descripción do
ceo, visto como salas de madureza, co que suxire o ceo vermello.
E, por último, nos versos once, doce e trece vemos un paralelismo cos versos cinco, seis e sete. Hai outra
metáfora preposicional en a roda da alba, e di que a alba é silenciosa, que nos suxire o feito de que no
amañecer, a xente durme, e apenas hai ruidos, é silencioso.
O tema deste poema número dous pode ser o instante, en concreto o tempo da transición da noite e o
amañecer. Pódese ver a semellanza con Manuel Antonio, xa que tamén este se ocupa deste tema nalgún
poema de De catro a catro centrado na idea dun espacio e un tempo paralizados, a un instante.
A disposición gráfica dos versos fan evidentes as simetrías que interveñen na súa construcción.
3
Unha, duas, tres: A lancha
enchen de sombras, áxiles e nítidas.
Sob de tí voan: craras,
navegantes,
tibias.
Catro, cinco, seis. Gueivotas.
Este texto, o terceiro da sección Mar Outa, ten unha estructura singular, xa que comeza cunha enumeración,
3
seguida do poema, e remata coa continuación desa enumeración. Tamén é curioso ese aire que ten de adiviña,
xa que o termo real atopámolo na conclusión do poema, e non sabemos de qué se fala, ou quén é o suxeito, ata
o final.
Nos dous primeiros versos hai un hipérbato, xa que o obxecto directo (a lancha), vai en primeira posición.
Logo vén o predicado, e por último, xa ó final do texto, virá o suxeito (as gaivotas). No primeiro verso
comeza a enumeración que se pechará no último, polo que podemos dicir que ten unha estructura encerrada ou
simétrica, e só despois de concluír a enumeración se menciona o suxeito do poema, as gaivotas.
No segundo verso atopamos dous adxectivos, áxiles e nítidas, e se nun primeiro momento non se sabe a quén
van referidos, logo verase que son atributos do suxeito, as gaivotas.
No tercerio verso o autor utiliza mal a palabra sob, pois aparentemente dálle un uso como sobre, por riba,
cando en realidade sob quere dicir por debaixo. Neste mesmo verso hai un desdobramento do eu poético, xa
que cando di sobre ti podemos supoñer que en realidade se refírese a si mesmo, e non a unha segunda persoa.
Nos versos do tres ó cinco vemos outros tres atributos das gaivotas: claras (que vén sendo o mesmo que o
nítidas de antes), navegantes (unha personificación, xa que as gaivotas voan, pero non navegan, porque iso é
propio das persoas) e tibias. En tibias hai unha sinestesia, xa que as gaivotas percibímolas pola vista, ou
incluso polo oído, pero non as tocamos para saber se están tibias. Esta palabra é un castelanismo, e no seu
lugar o autor debería utilizar outras, como mornas ou tépedas.
No último verso, o sexto, conclúe a enumeración e dá o suxeito da escena retratada, as gaivotas. É un poema
descritivo, paisaxístico, con só unhas pinceladas retrata unha escena. É unha instantánea descritiva.
4
Unha cóxega morna: así
entreaberta
que se sinta pasar
intacta e clásica: imaxe
suma breve,
gozo de crara visión.
Lancha.
Este é o último dos poemas comentados da serie Mar Outa. É un poema breve, como todos os de esta sección,
e, coma o anterior, ten estructura de adiviña, debido a que a solución −o termo real− é exposta ó final, e
mentres tanto, o lector non sabe cal é o suxeito do poema ou a realidade á que se refiren as metáforas ou
imaxes que se nos van expoñendo.
No primeiro verso hai unha sinestesia, onde fala dunha cóxega morna. Este adxectivo concede á coxega un
valor positivo.
O segundo verso consiste nun adxectivo, entre guións de inciso, e descríbenos como era a cóxega morna, polo
tanto é un verso descritivo, e nel, coma no anterior, atopamos outra sinestesia (xa que o substantivo é cóxega).
4
Nos versos terceiro e cuarto, cando fala de que se sinta pasar a lancha, podemos pensar que se trata máis do
concepto lancha que dunha lancha concreta. Non é un poema que trate dunha lancha, da súa lancha, senón de
tódalas lanchas en xeral, da idea da lancha (intacta e clásica).
Nos seguintes versos, o cinco e o seis, hai unha breve presencia do tema do instante de perfección, en
consonancia co que vimos nos poemas anteriores, que son instantáneas ou teñen por obxecto a plenitude do
instante, do momento. Describe a sensación (gozosa) que dá ver pasar unha lancha, unha lancha perfecta.
Por último, no sétimo verso, a voz poética danos a solución á adiviña plantexada, e sabemos por fin que a
cóxega morna e entreaberta que se sente pasar intacta e cláica, a suma breve que nos enche de gozo na súa
contemplación, é unha lancha que pasa polo o mar. Por fin o lector sabe de que se está a falar no poema.
Polo tanto, como conclusión, podemos dicir que este poema, coma os anteriores, é unha instantánea mariña.
POEMAS DO SI E NON
ELA
POEMA 1
Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidos
cheos do verde puro da acústica das fiestras
e os xardíns chamábanse polo nome das pombas que
bebían auga nos seus xurdidores
Ela comenzaba a andar
En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas
e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio
Ela tiña nome de pastor
Este poema é o primeiro da serie Ela, dentro dos Poemas do si e non. Está dividido en catro partes: a primeira
é unha sucesión de imaxes e ocupa os primeiros catro versos (1−4). A segunda (v. 5) parte está formada por
ela seguido dun predicado breve, unha frase simple. A terceira parte (v. 6−7) é outra sucesión de imaxes, e a
cuarta e última parte (v. 8) é outra frase simple (ela máis un predicado breve). Polo tanto hai un claro
paralelismo ó longo do poema.
É máis longo que os anteriores poemas, os de Mar Outa, pero aínda así é breve.
É claramente surrealista, xa que organiza o poema como unha sucesión de imaxes que non seguen a lóxica
racional; son todo imaxes encadeadas. Estas imaxes buscan a sorpresa da asociación enxeñosa entre realidades
e conceptos que non teñen relación natural nin racional, e esto atopámolo nos catro primeiros versos, onde son
todo metáforas que fan a caracterización dela. Defínena coma un prodixio: é tan guapa que a natureza se
transtorna ante ela, a beleza é tanta que provoca disturbios da coherencia lóxica do mundo. É un poema
hiperbólico, todo é moi esaxerado.
No primeiro verso vemos unha personificación do elemento da natureza cerdeiras (sabían...) e vemos que hai
5
unha especie de compenetración entre a natureza e Ela. Estas son imaxes vangardistas. Os ouvidos dela están
caracterizados con imaxes oníricas (cheos de...). Aquí atopamos sinestesias dos campos visual e acústico.
No terceiro verso a voz poética fálanos do xardín. Este xardín, que é como unha réplica do paraíso, ten o
nome das pombas que beben nos surtidores dela. O posesivo seus (os seus surtidores) é ambiguo, pero
interpretamos que se refire a ela, como dando a entender que as pombas que teñen relación con ela comparten
eses elementos prodixiosos que ela irradia.
No quinto verso chegamos á segunda parte do poema. Ela comezaba a andar. É unha alusión á mocidade, á
candidez. Refírese a ela como a unha doncela. Suxire a frescura das cousas novas. No coñecido poema que se
canta quen puidera namorala..., do propio Cunqueiro, moitos dos atributos positivos da amada refírense a estes
aspectos de nova e de mocidade (andar primeiro de río, ar de flor recente / cousas de recén casada...), é dicir,
aluden á beleza pura, non estragada polo paso do tempo...
Despois, co sexto verso, xa ven a terceira parte, onde vemos os prodixios da anatomía de ela. Son imaxes
puramente surrealistas, que poden recordar á pintura de Dalí, ou ó cine de Buñuel, posto que vén a dicir que
lle saen insectos dos ollos. Tamén vemos as consecuencias que provoca o seu paso (deixaba vocais fortes),
querendo dicir que nada quedaba indiferente por onde ela pasaba.
Finalmente di que ela tiña nome de pastor.
Este é un final que establece un paralelismo coada segunda unidade (o verso 5). Ten un toque humorístico,
pola ambigüidade da expresión, e un lector despistado pode chegar a un malentendido. Non quere dicir que
ELA teña un nome masculino, senón que pastor é unha referencia culta ás pastorelas medievais, nas que unha
pastor era unha doncela, ou unha moza inexperta. Pastor, na Idade Media era masculino ou feminino. Este
toque humorístico é coherente co contido do poema, xa que todo trata sobre a relación coa natureza, e a
mocidade ou a virxinidade.
Polo tanto, a temática do poema é amorosa. É unha descrición do obxecto amado, unha loanza da beleza dela.
EL
POEMA 1
El tiña os ollos afeitos a tronzar a hostilidade
que deitan os reloxios e os faios,
e as suas olladas ían dereitas a deslingar o sono
das suas mesmas intimidades.
El andaba a escuitar.
As fiestras aínda non tiñan creado o segredo da côr do
tempo
i ela non tiña tampouco fixamentes un beizo máis enriba
do outro.
6
Era o tempo de esquecer.
A estructura deste poema, o primeiro da sección El, dos Poemas do si e non, é idéntica á do poema Ela poema
1. Está dividido en catro partes, e hai un paralelismo entre a primeira e a terceira parte, e a segunda e a cuarta.
Podemos dicir que os dous poemas están estreitamente relacionados entre si, porque neles se establece un
xogo de paralelismos e oposicións.
Nos primeiros versos o eu poético di que el tiña os ollos afeitos a tronzar a hostilidade..., que as súas olladas
ían dereitas... Aquí vese a contraposición co poema anterior. No poema de ela, ela é o obxecto do amor, ela
non fai nada, sen embargo aquí, el é o axente, el é o namorado. Por exemplo, co das olladas dereitas quere
dicir que o que facía non era inconsciente, senón que o facía el.
A segunda parte, el andaba a escuitar, podemos comparala coa parte do anterior poema, onde falaba dos oídos
dela. As cerdeiras sabían dos seus ouvidos, pero é que el andaba escoitando, a ver se oía.
A terceira parte é unha sucesión de imaxes surrealistas, de aparencia absurda, como fiestras, beizos... Hai
sinestesias (a cor do tempo: o tempo non é algo que apreciemos coa vista). Onde di as fiestras aínda...., ese
aínda remite a un tempo pasado e primitivo.
Por último está a cuarta parte do poema, esa frase breve. Era o tempo de esquecer. Se cadra refírese a que é o
tempo para esquecerse de todo, non é que sexa un tempo para ser esquecido.
O tema, como no anterior, é o amor, pero neste poema é a descrición do amor del, do suxeito amoroso, en
tanto que o anterior, ela representaba o obxecto do amor.
NOIVADO II
Os anacos de espellos amaban ríos.
Amistades coa sal. Coas cousas máis antigas.
Unha noiva das fontes e dos paxaros noivos.
Os cabelos despertos. A sal imaxe donda,
central de noites vivas. A lua cousa antiga.
Unha pedra ferve o seu van. O ría anda.
Que inexactos e xustos os coores da noiva!
Unha ave sonora como unha margarida,
sís e nons naturais sabor de frol recente.
Cada espello unha vea escurridiza e fría
onde gotexa o cheiro dos ríos desiguais.
Sober silencios nidios a noiva dos paxaros.
Velahí a dormida. Un peito soio.
7
Unha noiva de cousas. Como en calquer estampa
os anacos de espellos amaban ríos.
Este é un poema incluído nos Poemas do si e non, o cuarto dentro da sección ela i el.
Ten unha estructura pechada ou circular, é dicir, acaba como empeza. Consiste nunha serie, nunha sucesión de
imaxes, unidas con poucos verbos.
No primeiro verso hai unha personificación dos anacos de espellos. Esta imaxe dos espellos sendo ríos
recorda ós nacementos do nadal, onde é normal poñer espellos facendo de ríos.
Despois, no segundo verso, casa o concepto abstracto da amizade cun mineral concreto, o sal. Que logo fale
das cousas antigas se cadra vén dado pola condición de conservante do sal.
Neste poema vólvese repetir esa idea de que o novo é o belo, o fresco, como no verso número nove, onde di
sabor de frol recente, que tamén lembra un verso do poema de Cunqueiro que ten como refrán quen puidera
namorala, meu amigo.
Todo o poema é unha sucesión, unha xustaposición de imaxes, que non están unidas por ningún fío lóxico. O
que dota ó poema de certa unidade son as repeticións. Certos conceptos, a base de ser repetidos, adquiren un
carácter simbólico, como por exemplo os espellos e os ríos, o sal, a natureza, o adxectivo ou substantivo
noivo/noiva.... e todas estas imaxes sen aparente conexión que forman unha descripción da amada, que é vista
como noiva das fontes e dos paxaros, noiva de cousas, etc.
Este é un dos poemas máis complicados de entender, xa que non responde á nuingunha lóxica que non sexa a
súa propia lóxica interna e á súa coherencia, conforme as ideas poéticas das vangardas, segundo as cales a arte
non ten que reproducir a realidade común, senón crear a súa propia realidade (creacionismo) ou dar indicios
doutra realidade oculta (surrealismo) que está máis alá da realidade común e que escapa ó coñecemento
racional.
Neste caso os elementos irracionais das imaxes serven para suxerir un estado de ensoñación, de fantasía ou
irracionalidade que corresponde ó namoramento e o noivado.
7
8
Descargar