Diario do impostor; Hector Carré

Anuncio
Diario dun impostor
Un rapaz que cavila sobre os pros e os contras de chamarse Onofre García que vive en Madrid traballando de
programador de ordenadores e tras ir a unha mostra de arte e discutir cunha rapaza chamada María acaba con
ela medio borracho nun pub contándolle mentiras de que é director de cine estudiado nos EEUU. Todas estas
mentiras tiñan como fin conseguir a admiración da rapaza e poder ligar con ela. A rapaza que se chama María
Leman pídelle o número de teléfono e el como non, dállo. Tras uns cantos días e tras chegar a casa por mor do
seu traballo nunha pizzeria de propiedade de Antonio Jabonero que en realidade era un puticlub, escoita no
contestador unha proposta para ser director de cine por parte de Shangai Films. Tras escoitalo borrao para que
Marcos (compañeiro de piso e que traballaba de Dj) e o Turco (o outro compañeiro e que traballaba de
banqueiro) non o escoitaran. Eles decidiran sair pero Onofre prometerase cambiar de vida. O día seguinte
presentase na sede da productora e ali atopase con Dorita que é a secretaria e lle fai esperar ata a noitiña a que
veña o señor Fernandez. Este estaba medio borracho e empezaron a falar e discutir sobre como tiña que ser a
pelicula propoñendolle o falso director unha peli de drogas, putas, coches roubados e por ahí. El négase a
facerlla e Onofre sintese claramente defraudado.
De alí a uns días decide sair a un bar para ligar. Onofre tras falar con Teresa, unha das tres amigas
anteriormente mencionadas, pouco a pouco e tras o baile dunha balada comeza a morrearse con ela. Acaban el
apoiado ao lado dunha cabina telefónica dende a que se producen 3 chamadas, a última de María que o
recoñece alí. El intentase explicar con María decindolle que era unha actriz. Tamén se excusa con Teresa pero
esta pasa del. María convidouno a pasar un día no campo con ela e el aceptou. Ao día seguinte tras Onofre
esperar un bon pedazo por ela subironse a un todoterreno propiedade de María que deixou abraiado ó rapaz
polas suas dimensións. No día do campo encontrouse nunha luxosa casa con pista de tenis etc. na que todo o
mundo se intentaba divertir o máximo xogando a diferentes deportes, con entretenidos coloquios etc. toda a
xente supostamente entendía de cine pero a meirande parte non tiña nin idea. A noite diante dunha cheminea
con todo o grupo xunto unha tal Piturca preguntou se poñian algo na tele co que respondeu Onofre dúas
peliculas: unha que era considerada unha obra de arte e outra que era china. Tras dar a súa opinión delas e de
ser rexeitada pola mayoría. A pesar desto Onofre concretou con María acudir á productora ás 9 da maña do
luns. Con isto deuse conta de que algo lle tiña que importar para que se portara tan ben con él.
O luns ese chegou Onofre e case ó mesmo tempo Dorita, máis tarde veu María e logo Mario Maravilla (sua
nai traballa nunha leitaria , o guionista e que era un rapaz de vinte anos tímido e bastante feo posiblemente
dado a motivos psicológicos. As nove e media apareceu Pedro (Pedroche) un tipo rubio á moda cuns
pantalóns rotos e decindo que María lle falara moi ben de Onofre. Pedroche era o asesor financieiro da
compañía. O motivo da reunión era facer unha pelicula chamada O poder e a gloria pero o título xa fora
collido segundo Onofre por un tal Graham Greene. Nesto entrou Fernandez, o considerado xefe que dixo que
tubera que facer unhas xestións bancarias para escaquearse do asunto. Ademáis di que os 15 primeiros
minutos non serven nada mais que para poñerse no tema en cuestión. O argumento da obra era que unha
rapaza hippie que se transforma nunha yuppie e a evolución, en termos filosóficos, se trataba dunha revisión
histórica do pauto co demo. A figura do diaño permanecería nun sustrato ambiguo entre a realidade e a ficción
co obxecto de que os espectadores segundo a sua ideología a interpretasen como quixeran.
Cando chegou a casa o Turco contoulle que tubera que mentir en torno o seu traballo para que o seu xefe non
se cabreara con el. Tamen lle contou que se liara con Marisa e que Marisa e Sara non lle falaban porque se
enteraran de que andaba cas dúas. Onofre decidiu sair da casa durante unha tempada, comprou un móbil e
alugou unha habitación.
Saiu con Mario unha noite e tomaron media pastilla de LSD cada un para saber os efectos, todo era por saber
o que se sentiria ao tomala. Ao fin Onofre contoulle a Mario o que lle dera e acabaronse indo para a casa,
como Mario nunca tomara deso Onofre tocoulle aguantalo toda a noite. Quería petarlle aos gardas civís e
1
acabou pasando a noite no cárcere.
De alí a uns días chegou Onofre a productora para reunirense para concretar algo. Fernández dixo que xa tiña
acordado cunha distribuidora internacional a distribución do filme, cousa que causou indignación nalgún dos
participantes na reunión e alegría noutros. Tamén se decidiu intentar metela nalgun festival coma o de Donosti
ainda que fora difícil. A Onofre preguntáronlle por que actores quería e el respondeu que primeiro había que
ter un guión. Tras rematar a reunión, María convidou a xantar a Onofre a un restaurante coreano
(anteriomente foran a uns grandes almacéns pero Onofre moneando armara moito escándalo e tirara unha
vitrina de relocos. Para zafarse dos gardas−xurados argumentou que el era escritor e que un grupo de alemáns
o tiraran pedindolle un autógrafo. Acabaron nun restaurante coreano no que María lle confesou que seu pai se
chamaba Onofre tamén e no que comeu coma unha lima. Explicoulle que seu pai comprara a productora para
ter contenta a moza que queria ser actriz, e que a filla era a encargada de todo. María dixolle que podía incluir
a sua moza no reparto e el inmediatamente lle puxo o Nome de Angela Viciosa. Cando sairon e tras pagar ela
marchou ver a Mario.
Quedaran no parque do Retiro en Madrid, cando se aproxima e co medo de que Mario o puidera matar por
non ir sacalo do cárcere Mario arranca a correr detrás del e arrebolanse xuntos e Mario empeza a bicalo e a
agradecerlle que lle descubrira o mundo. Confésalle que é gay gracias a o compañeiro de celda e Onofre
proponlle unha historia baseada na súa vida pero con dúas actrices (thelma e Louise) da que unha sería autista,
o problema e que ese filme xa se fixo. De súpeto chamao o Turco todo preocupado decindolle que o Jabonero
amenazara o xefe do protagonista con partirlle as pernas como non lle solucionara o problema do virus
destructor. Mentiulle a Mario decindolle que o Turco se puxera nervioso porque baixara o Dow Jones e
largou. Parara comprar unhas cervezas e antes de subir veu sair a un riseiro Jabonero acompañado de dous tíos
pequenos malencarados. Onofre refuxiouse nun bar nun baño. Pero un dos compañeiros de Jabonero arrancou
detrás supostamente del. O problema era que estaba escagarrizado e necesitaba cagar. Intentou forzala porta e
non deu e acabou indo o baño de señoras. Cando saiu non tirou da cadea e ó parecer non debeu limpalo cu.
Cando marcharon nun coche subiu correndo a casa non fora ser que estubera o compañeiro morto ou mal
ferido pero encontrouno igual ca sempre pero algo pálido Tamen lle pedira para ir ao servizo e non empregara
nin papel nin tirara da cadea. Amenazaran ó Turco e para ver que iban en serio dixeronlle que non o iban
matar e que llo contara a Onofre que a el si que o iban trollar.
Onofre intentando evadirse de problemas intentou centrarse na peli pero o problema era que a película non se
iba facer por falta de cartos. Coa tristeza non daba dormido e arrancou comprar somniferos de noite entre
ionquis putas e demais. Tras chocar contra a porta e pagalos tomou 7 de golpe tendo que tomar un. O
resultado foi chegar a casa casi morrendo e soñando con todo tipo de cousas raras Cando despertou estaba
dentro da casa Mario e levaban dous dias buscandoo. A peli reanudárase.
Onofre arrancou cara Shanghai Films para reunirse con Fernández encontrouse cun tipo moi refinado que lle
chamaba a Fernández Choto e él ao tipo este Chato. O Chato era Manolo Lumbreras director de producción
que non era o mesmo que xefe de producción. Tras discutir a neutralidade do xurado que reparte os Goya e
mentirlle a María para que non se enfadara con el por non estar localizable; Onofre intentou comprar un libro
onde explicara con certa facilidade como era o mundo do cine. A partir daquel momento (sen o final encontrar
o libro desexado) Onofre empezou a tomar notas nunha libretiña. Logo de ir tomar unhas notas ao servicio ao
volver encontrouse con Jaime Tragalaperra sobriño de Fernández (xefe de producción). Confundiuno cun gran
director colombiano e máis tarde por mor do alcohol e tras ir vomitar despediuse até o día seguinte.
Despertou con moita resaca pero xa estaba afeito e cando saia da casa chamouno o Turco pero Onofre fixo
como se estivera sen cobertura. Cando chegou as oficinas atopouse cun home de 50 anos chamado Rafael
Salmón que era director de arte. Logo de ametrallalo a preguntas Onofre escapou cara o despacho de
Fernández onde lle propuso un sistema de cobro que se baseaba nas ganancias da obra. Nunha mesa cerca
atopábase Javier Escotilla (axudante de dirección) de 19 anos e que xa tiña unha ampla experiencia e
aconselloulle a Onofre preparar a rodaxe con calma pero de maneira segura. Para facer isto primeiro había que
2
ter un guión, por iso ó día seguinte Onofre foise tres días a casa de Mario. Mario ensinoulle un guión que se
baseaba en parte na vida de Mario respecto a sua homosexualidade e tal. Non llo ensinara a sua nai nin nada
por temor a que sendo un home recentemente casado o fora botar da casa ou algo.
Co paso dos días e ao non traballar a Onofre acabábanselle os cartos e máis cando lle pidiu o Turco cartos por
diversas contas pendentes que tiñan. Cando ía ao novo centro de traballo encontrouse cun operario que estaba
a colocar un letreiro e andando e andando crocou contra un dos homes de Jabonero que ao parecer debía
traballar por alí.
Onofre andaba paranoico e estando hospedado na casa de Mario pediulle 100000 pelas xustificando que non
queria ir sacar cartos ó caixeiro pero a realidade e que non tiña un can. Ao final os cartos eran da nai. A noite
e nun garito de pouca monta quedou co Turco. Emborrachouse. Despertou ao día seguinte tarde e xustificando
a resaca dixo que tiña catarreira a María que o chamaba preguntado polo guión. Logo chamou Javier Escotilla
para preguntar polo guión e mentironlle decíndolle que estaba rematado.
Traballaran todo o fin de semana e reuniran unhas 70 paginas de guión, que eran moi poucas, e según chegar
Javier collera o guión e empezara a poñer anotacións a pé de páxina. Anotaba angulos de imaxe, maneiras de
facer accións etc. Jaime Tragalaperra interrompeu para indicarlle a Onofre que tiña que coñecer á nova xefa
de vestiario, Iroade Iranu, que era de Bilbao ainda que Onofre creía que era de Romanía.
Pola tarde arrancaron él, Javier, Jaime e Salmón ver diferentes localizacións para as escenas. Eles o único que
querían eran que Onofre aceptaran o lugar que eles querían. Ó primeiro sitio que chegaron, o porteiro Flores
era coñecido de Escotilla.O edificio era neoclásico, situado na Gran Vía e con boas vistas e locais.
Espuxeronlle as ventaxas do local e logo fóronse ver outros máis e finalmente chegou á casa esgotado
temendo que fixeran a obra ás suas costas.
Soñou toda a noite con que os seus compañeiros se rían del e que María intentaba defendelos. Espertou de
noite e arrancou cara o barrio de Malasaña para ter unha noite de festa. Encontrouse con Escotilla que estaba
borracho e intentou evitalo. Estaba cun amigo chamado Lee que lle preguntaba a todas as mulleres se podia
sobarlle as tetas. E estas respondianlle cunha labazada. Onofre intentou o mesmo método pero a resposta foi a
mesma.
Ao día seguinte xa na oficina debatiron sobre quen debería ser o actor principal, e o nome elexido foi
Leocadio Sanzol, un bon actor que ademáis era gay. Cando rematou a elección María arrancou con Onofre
para que tranquilizara a Angela xa que esta tiña medo sobre o seu papel na obra. O problema real era a
contratación de Leocadio porque este andaba metido tamén nunha medio obra con outro director e prefería ao
outro.
Entre mentres Onofre reveloulles aos seus colegas o seu verdadeiro traballo. Cando se acabou de confirmar
que Sanzol sería o actor principal , Onofre probou a saír só polo barrio gay de Chueca e nun pub encontrouse
con Leocadio que lle empezou a falar mal da pelicula sen saber que el era o director, intentou xustificarse pero
o erro xa o cometera..
Ó día seguinte Fernández reveloulles a nova ainda que Onofre xa a sabía de antemán. Aproveitou para contar
unha das súas peliculiñas pero Onofre sabía realmente como fora. Logo veu Salmón e arramplou con Onofre
ver o edificio da Gran Vía. Decidiron o que mellor lle pareceu a Salmón e empezaronse a facer probas de
luces, cámara etc, Onofre maldito se nada entendía e empezou a contrariar todo o que os outros lle decian
deixando claro que non sabía nada de nada de cine.
Por outra banda, Onofre non quería aparecer nas fotos para que Jabonero non o vira e se aparecía era cun
pasamontañas, argumentando que quería deixar protagonismo ós actores e intentar influir o máis minimo na
obra. Cando estaba sacando nas fotos chegou Ángela e Héctor, xefe de fotografía , levouna rápidamente a
3
maquillala pero tamen apareceu Leocadio e celouse dela.
Tras atar todos os cabos reunironse na casa de María para ensaiar. Dende que tomaron uns vermús Angela
bordouno. Enton decidiron deixar os ensaios nun segundo plano xa que intentarían improvisar o máximo e
fóronse uns días de vacacións. O problema de todo e que se esquecera da música. Para iso contratouse á
Enrique Adelantado, un home que medio enfariñado e se lle caía ben o director era un xenio musical. Tocaba
a batería orixinalmente pero daballe a todo. Chegados a este punto, a rodaxe estaba a punto de comezar.
As previsións metereolóxicas non eran as mellores. De feito un temporal azoutou os primeiros días de rodaxe.
Onofre non sabía nada de como tiña que enfocar a camara nin nada, enton el mesmo se contradecía cando se
explicaba para rodar as escenas que correspondían a ese día. Onofre único que facía era complicalas cousas
aínda máis. Por culpa do seu ego tiveron que cambiar un escenario case enteiro e retrasar todo 3 horas. Neste
capítulo nómbrase a Miguel, xefe de eléctricos
No segundo día de rodaxe apareceron os periodistas e o director ordenou que se fixera que se grababa pero
sen película para que os periodistas influiran o máis minimo na historia. A xornada acabou antes porque había
que atender a esa xente. Onofre seguiu co seu paripé de levar o pasamontañas. Angela estaba moi nerviosa e
non quería actuar sen a presenza de Falsetti o uruguayo que en teoría lle estaba ensinando a profesión pero
que en realidade era un impostor tamén que se dedicaba a comerlles a moral e a confianza aos seus alumnos.
O único que facía no rodaxe era aguantar a todos os actores.
Os periodistas foran atendidos nas caravanas habilitadas para os actores. Cando remataran os cuestionarios e
se fora todo o mundo, Onofre quedaba dentro da caravana de Leocadio e derrepente Roque Cebolo,
compañeiro en teoría sentimental que o final só é un bon amigo de Leo tirase encima de Onofre pensando que
é un ladrón. No momento entra Leo e explicalle que é o director.
Por culpa das improvisacións de Ángela e outras comedias os metros de película que había para todo
gastabanse moi rápido, Darío Falsetti estaba tocandolle os collóns a todos, sobre todo a Leo, que cirriquitou
un pouco en Onofre para que o largara pero o que fixo Onofre foi quedar con Roque para darlle unhas ostias.
Ás 21.45 reunírase con Roque diante dun bar da academia del, cando todos marcharan e el se quedara só
facendo a comedia de que traballaba e se iba, deronlle un toque para que voltara e metelo dentro. Ali Roque
zoupouno e amenazouno para que fuxira a Uruguay. Asi se fixo, pero antes, sangrado e mexado por sí ríronse
del abondo. Como recompensa Onofre ofreceulle un papeliño de 6 palabras a Roque que fixo fatal..
Cando volveron o luns todo dios pasaba de Onofre, deronse conta de que era un impostor, era simplemente un
burrán do cine. Miguel xefe de eléctricos reconfortouno fixeron un pacto de que Onofre colaboraría en todo o
que puidera. Tivo a brillante idea de facer escenas mudas para adiantar tempo.
A rodaxe fora pasando, Onofre dérase conta de que Roque era mellor repartindo brasa que actuando.
Recoñecera que ligar segue sendo tan dificil no cine coma en calquera outro sitio, non mollou nada. Leocadio
non era gay (facía a comedia porque lle daba moito xogo comercial) , fodia todas as noites cunha muller
diferente se podía que lle facilitaba Roque de Jabonero. Tamén estivo con Angela, logo de que Onofre Leman
se encaprichara dunha rusa. Onofre deuse conta que María era un estirada que so se deitaba e estaba con xente
da sua posición economica e a ela nunca lle decían que non, ela era quen rexeitaba a xente. Tamén estivera
con Leocadio.
Por outra banda Mario encontrara en Mallorca a un alemán gay moi alto e forte chamado Gunter. Perdera a
sua timidez e fora o animador principal na tradicional festa de fin de rodaxe.
Tras unhas vacacións, volvera Onofre a Madrid para comezala montaxe cun montador chamado Ignacio.
Deixoulle via libre para que montara como lle dera a gana. Dixolle que lle ía dar dinamismo a obra que lle
parecía lenta e aburrida enton cortaria certas escenas. Esto soese chamar erro de continuidade pero tamen
4
pode ser unha licenza estilistica. Logo de pasar da montaxe veu o son. O que máis soprendeu a Onofre e que
se representaban o sonido de pasos ou de moedas ao caer. Todo se facía mediante efectos sonoros e para iso
había unha mesa de mezclas cun palé de combinacións posibles. As diferencias eran notables. Aqui remataba
a película
Onofre ao rematar derase conta de que estaba con moitas deudas e sen traballo. Decidira ir ver a Fernández
para ver como ía todo Todo estaba parado coa distribuidora que en principio ía traballar coa película. Por iso
María ofrecérallas a outras distribuidoras. Pero a contratada de anteman derase conta e Pérez, íntimo de
Fernández anoxarase e dixo que non ía ser segundo prato de naide. As negociacións estaban rotas.
Para colmo Fernández morrera dun infarto de miocardio e acabarase Shangai films.
Un día unha sospeitosa compañia chamada Amalgama, relacionada co gas interesarase en O poder e a gloria.
A distribuidora presentouna no festival de Cannes e aló foi Onofre. Roque invitarao a ir follar un pouco
cunhas das putas de Jabonero no hotel Martínez. Jabonero recoñeceuno e amenazouno decindolle que fora
follar co presidente do xurado, un chino, que lle ofrecera mulleres pero el era gay. Asi fixo para salvar o
pelexo. Ao final a película de Jabonero e a de Onofre foran premiadas. Logo desta aventura, se non pode facer
películas, Onofre farase profesor.
5
Descargar