1. O DESCUBRIMENTO Cristóbal Colón •

Anuncio
1. O DESCUBRIMENTO
• Cristóbal Colón
En canto a orixe de Colón, hai que decir que era xenovés, aínda que dende o século XIX se lle concederon
numerosas cunas. Probas da súa orixe xenovesa son os documentos deixados por el, así como outros escritos
polo seu fillo, ilexitimo.
Polo que respecta ó seu proxecto colombino podemos falar de dúas correntes.
−Primeira: corrente laudatoria ou corrente tradicional; iniciada por historiadores ilalianos para os que Colón
era un xenio que chegaría para explicar a epopeia que leva a cabo. E sería un feito propiamente italiano. Hoxe
en día o seu principal representante é Pablo Emilio Tabiani, tamén encontramos historiadores a favor desta
corrente en España como por exemplo Ballesteros que pensan que esta empresa foi española. Todos os
representantes desta corrente pensan que Colón naceu en Xénova en 1451 e durante moito tempo pensouse
que tiña unha preparación universitaria (Universidade de Pavia) ainda que hoxe sabese que esto foi un invento
do seu fillo. Dende moi xoven comezou a navegar como asalariado das casas máis importantes de Xénova.
Realiza unha viaxe a illa de Quios (1474−1475). En 1476 Colón participou nunha viaxe cara Inglaterra pero a
altura do cabo de San Vicente o barco foi atacado por piratas franceses; Colón conseguiu salvar a súa vida
nadando cara a Portugal, país no que vai a permanecer nove anos actuando como delegado das compañías
xenovesas.
En Portugal vaise a ver inmerso no ambiente de descubrimentos que alí se estaban producindo. Casa en 1479
ca filla dun donatario moi relacionado con ese ambiente, o que vai a ser decisivo xa que a súa sogra entregalle
os papeis do sogro.
Ademais, nas Madeiras donde viveu, Colón tivo a oportunidade de escoitar relatos de navegantes que falaban
de terras vistas cara o occidente asi como da chegada de cadáveres con rasgos físicos descoñecidos en Europa,
e tamén madeiras traballadas. Todo isto faríalle pensar a Colón na posibilidade de atopar unha ruta cara a
India o que deberíamos sumar a carta de un sabio florentino, Paolo del Pozo Toscaneli, cuia teoría era a de
viaxar cara a India por unha ruta occidental. A toda esta información debería ter acceso Colón; faltaballe
demostrar a posibilidade de realizar dita viaxe para ese fin empeza a consultar obras científicas en boga neste
momento, seria a Historia Rerum (Piccolomini) enciclopedia xeográfica da cal Colón saca información sobre
os países asiáticos; e a obra Mago Mundi (P. D´ailly) compendio de obras científicas de época clásica
medieval.
Colón forma un proxecto con importantes erros, rechaza as teorías de Tolomeo que decian que o mundo
estaba dividido a partes iguais entre terra e auga. Non conforme con isto seguiu reducindo a distancia que tiña
que percorrer gracias ós archipélagos do Atlántico, el coñecia a existencia de Xapón que lle serviria para
coller auga e víveres en caso de necesidade.
Segue acumulando erros sendo un máis o convertir os graos en millas mediante o cambio de un xeógrafo
árabe que corverte un grao en 56 millas arabes, pero Colón traballa con millas italianas. Todo isto fai que
Colón estime que entre Europa e Asia haxa unha distancia de 2400 millas cando en realidade hai 10600.
Colón recorre ó rei de Portugal para poñer en práctica o seu proxecto, pero o rei portugués despois de
escoitalo reune a unha asemblea de matemáticos a cal dase de conta dos erros que ten o proxecto de Colón e
falanlle negativamente do mesmo, o rei rechaza o proxecto en 1484; entón Colón comeza un itinerario polas
cortes europeas buscando quen lle sufraxie o viaxe.
1
Asi en 1485 está en Andalucía donde coñece a Fray Antonio de Marchena e a Fray Juan Pérez confesor da
raiña Isabel. A través de eles consegue unha audiencia cos Reis Católicos que ordenan a reunión de unha
xunta de ciéntificos para que estudien o de Colón, esta xunta coñecida como Xunta de Salamanca deu lugar un
veredicto negativo ante o que Colón volve a Portugal para ofrecerllo de novo ó Rei de este país no ano 1488;
alí é de novo rechazado e Colón regresa a Castela donde a situación non cambia. Ante esto, decide seguir o
consello dos dous frailes e buscar financieiros a niveis máis baixos recorre así, a dous nobres emparentados
cos Reis Católicos o de Medinaceli e de Medinasinolia que eran moi ricos, o primeiro rechaza o proxecto e o
segundo decide falar coa raíña a cal manda que Colón acuda a súa presencia e despois de escoitalo ordena que
se reuna de novo a xunta a cal o volve a rechazar. Ó mesmo tempo o seu irmán Bartolomé estaba ofrecendo o
proxecto en Francia e Inglaterra pero aquel, é rechazado.
Despois de falar con Fray Pérez consegre unha nova audiencia coa raíña a cal acepta dito proxecto a comezos
do ano 1492 iniciandose asi o primeiro viaxe de Colón.
−Segunda: corrente crítica; é reprensentada por historiadores como Manzano e Juan Pérez de Tudela, sostén
que Colón a hora de elaborar o seu proxecto, tiña información suficiente para saber que aquelo que defendia
podia realizarse con toda seguridade. Esta información viria de alguén que con anterioridade a el, que xa
fixera o viaxe. Deste xeito explicariase a súa actitude ostinada e o seu empeño de defender o que dicía; tamén
xustificaria a actitude dos Reis Católicos e os irmáns Pinzones, gracias ós cales reunense a tripulación para os
barcos.
Esta corrente crítica basease na teoría do piloto anónimo que fala dun individuo que empuxado polos ventos
chegou a unhas terras descoñecidas e que a volta das mesmas arrimaria a Madeira donde coñece a Colón e lle
entrega as súas notas para a continuación morrer; o nome de este individuo é o parecer Alonso Sanchez de
Huelva.
¿É posible fisicamente a chegada de un barco a América de forma casual? Según o profesor Manzano si, xa
que os Aliseos viaxan en dirección as Antillas e un barco que fora collido nunha tormenta pode ser levado por
eles a América.
¿Existen probas que nos permiten afirmar que esto pasou? O profesor Manzano afirma que si, baseandose nos
documentos oficiales entre Colón e a Coroa, como as capitulacións de Santa Fe, donde se fala que os reis son
os señores dos mares polos que navega Colón asi como das terras, tanto illas como terra firme; o mesmo
ocorre na documentación que mantén co Papa; así como nunha carta escrita por Colón a Luis de Santaguel,
donde lle fala de dúas masas continentales unidas por algo.
¿Como sabe Colón que existen dúas masa continetales? Cando Colón realiza o seu primeiro viaxe as Antillas
da unhas intruccións ós Pinzóns que comandas as outras dúas naves según as cales van a encontrar terra a 750
leguas ó oeste de África e tamén unha zona de dificil navegación. No viaxe a esta altura non encontra terra
ainda que si atopan aljunhas illas; o fallo, debese que os reis Católicos mandanlle que se situe o norte do
2
paralelo das Canarias para evitar problemas cos reris portugueses; algo que Colón non queira facer, e asi na
segunda viaxe Colón toma a ruta que el desexaba e seguindoa, pola zona sur, a 750 leguas das Canarias atopa
terra e pensa que é a entrada das indias.
A teoría do piloto anónimo ten un punto debil e é que é moi raro que só Colón se enterase desta información
asi como tamén é complicado saber como tuvo lugar o encontro entre ambolos dous.
O profesor Juan Pérez de Tudela sostén que Colón sabia máis do que deixaba traslucir e esta información
provirialle dos indixenas americanos cos cales Colón entrarialle en contacto porque os atoparía non mar en
algún dos seus viaxes ou porque foron recollidos por algún barco e feitos esclavos; seria xa sendo aqueles
escravos cando Colón etre en contacto con eles.
b) As viaxes da descuberta
−Primeiro viaxe (3−8−1492/15−3−1493) zarpou do porto de Palos o 3 de agosto de 1492, viaxaban tres
carabelas; A Pinta, A Niña e Santa María. Colón capitaneaba a Santa María, Martín Alonso Pinzón a Pinta e
Vicente Yáñez Pinzón a Niña.
Na madrugada do 12 de Outubro de 1492 a expedición chegou a illa de Guanahaní, a que Colón chamou San
Salvador. Durante tres meses Colón explorou o mar das Antillas, chegou a illa de Cuba (a que chamou Juana)
e máis tarde a La Española (illa que actualmente se encontran Haiti e a Replública Dominicana).
O 25 de Decembro encallou a carabela Santa María e cos restos construese o Forte de Navidade. No que
permaneceran corenta homes, mentres as dúas carabelas supervivintes emprenderon o regreso a España o 16
de Xaneiro, o 15 de Marzo a Niña e a Pinta entraron de novo no porto de Palos.
Colóne tos en España e Europa estaban convencidos de que chegaran a India por occidente.
−Segundo viaxe (25−9−1493/11−6−1496), saleu de Cádiz con 17 barcos e uns 1500 homes, era unha viaxe de
colonización.
Descubriron un gran número de illas (Dominicana, Santa María la Antigua, San Martín, Santa Cruz, Puerto
Rico, etc.).
O 18 de Novembro chegaron a La Española e encontraron o Forte de Navidade destruido e a súa guarnición
morta. O 6 de Xaneiro de 1494 fundouse na illa a cidade de La Isabela, despois de realizar diversas
exploracións e de ter os primeiros enfontamentos cos indixenas, Colón empendeu o viaxe de volta con 30
indios o 11 de Novembro de 1496 chegou a Cádiz.
−Terceiro viaxe (30−5−1498/1500), parteu de Sanlúcar de Barrameda e nel participaron gran número de
colonizadores, durante este viaxe plantearonse importantes conflictos entre os propios colonizadores, moitos
dos cales non tiñan máis obxectivo que o seu beneficio persoal, e entre estos ós indios.
3
(Debuxo firmado por Colón)
O 30 de Xullo, Colón chegou a illa de Trinidad e dende alí a península de Paria, sendo a primeira vez que
pisou o continente ( 5 de Agosto de 1498).
Os Reis Católicos enviaron un xuiz pesquisidor, Francisco de Bobadilla, encargado de substituir a Colón
como gobernador. Bobadilla fixo prisioneiro ó almirante (23 de Agosto de 1500) e enviano encadeado a
España, Colón non recuperou o seu cargo de gobernador, ainda que pudo facer un último viaxe as colonias.
−Cuarto viaxe (115−1502/13−11−1504), saleu de Cádiz con catro barcos e uns 150 homes, Colón tiña a
prohibición expresa de desmbarcar na Española e limitouse a recorrer as costas de América Central en busca
de un paso cara a India e Catay.
Enfermo de gota e creendo que as súas expedicións foran un fracaso Colón volveru a España e morreu en
Valladolid o 21 de Maio de 1506.
c) A problemática do descubrimento
−Capitulaciós de Santa Fe:
Dende o momento en que os RRCC aceptan o viaxe de Colón demandan unha serie de beneficios. Firman o
acordo en Abril de 1492; os Reis conceden a Colón o titulo de almirante que lebaba implicito o tratamento de
don; el solicita tamén o nomeamento de gobernador e virrei das terras a descubrir e tamén sera o encargado de
designar a persoa que desempeñara caquer cargo administrativo en ditas terras. Sera a máxima autoridade
xudicial nas mesmas, podera obter o 10% das ganancias que aquelas dean, podera participar en todas
expedicións comerciais que se organicen mediante o sufraxio do 8% e con beneficios iguais.
Os Reis van a aproveitar uns disturvios ocurridos para recortarlle estes privilexios a Colón; a pronta morte de
este en 1506 vai facer que sexa o seu fillo Diego quen recurra a accións xudiciais mediante os pleitos
colombinos o que tome medidas. A primeira sentencia(1511) afirma que a familia de Colón o que non foi
aceptado por Diego continuandose cos pleitos. Cando Diego morre continua litigando a súa muller, e en 1536
chegase a un acordo entre a Coroa e a familia de Colón según o cal a familia seguiria ostentando o titulo de
almirante, concedeselle dous titulos de nobreza: Ducado de Veragua e Marquesado de Jamaica, ademais de
unha pensión vitalicea de 100.000 ducados o ano. En 1556 Luis Colón renuncia as posesións terrestres a
cambio de unha nova pensión de 7000 ducados.
−O trato ós indios, as Leis de Burgos:
Dende a chegada dos españoles a América, en ningún momento se cuestionou a licitude ou ilicitude da súa
presencia nas indias nin tampouco o trato que se lle daba ós indios.
Esta situación cambiou a partir do ano 1511 cando un grupo de dominicos que levaban un ano vivindo na illa
La Española, en vista dos numerosos abusos ós cales eran sometidos os indios por parte dos españois
decidiron levantar a súa voz en de defensa de aqueles indixenas que eles vian maltratados.
Os dominicos puxeronse de acordo para predicar un domingo na misa en contra da situación dos indios,
despois de votalo a sortes tocoulle a Frai Antonio de Montesinos. Os seu sermon foi un impacto na conciencia
dos ferigreses, pero o seu sentimento non foi de arrepentimento se non de rabia polo que foron ó convento a
protestar. O abade dixolles que Montesinos volveria a predicar o domingo seguinte. Asi fixo pero o seu
sermon foi ainda máis duro ata o punto de avisarlles de que se non deixaban en paz os indios non recibirian a
absolución en caso de morte. Ante esto os perxudicados deciden vir a Península e explicarlle ó Rei Católico o
que esta pasando, o Rei ponse de parte dos ferigreses e escribe unha carta ós dominicos, os cales pensan que a
4
Península esta mal informada e deciden que Montesinos viaxe a patria; pola súa parte o resto da xente envia ó
franciscano Frai Antonio Espiñal,, ca misión de que os defenda.
En España, despois de que Montesinos explica ó Rei Fernando a situación a cal están os indixenas, a situación
cambia radicalmente e o Rei convoca unha xunta de teólogos e xuristas que se reune en Burgos no ano 1512.
A xunta estudia os informes presentados por Montesinos i Espinal. Como resultado das súas deliberacións,
concluiron que a presencia española en América, asi como o reparto de indios entre os españois era licito pero
non asi o trato que aqueles recibian; como resultado elaboraronse 35 leis Leyes de Burgos que tiñan como fin
a reforma da situación que se vivia en América. Dabase unha serie de disposicións para que os indios foran
evanxelizados asi como para que fosen tratados adecuadamente.
Todo isto fixo que se puxese en tela de xuizo un problema máis complexo como era o dereito que podian
esmigrir os españois para xustificar a súa presencia nas indias asi como a conquista das mesmas. Por eso
organizase unha nova xunta de Valladolid en 1513 que trata sobre a ilicitude da presencia española nas indias.
O resultado das conversacións largas e complexas foi totalmente positivo para a Coroa xa que se considera a
Cristo como creador do universo e ó Papa como seu representante terrenal, e por tanto superior a calquer outro
rei, por eso ten autoridade suficiente para decidir sobre os destinos das terras e dos homes; asi pode privar a
un principe infiel do seu reino e entregarllo a un cristiano para que leve a cabo a súa evanxelización.
Polo que respecta a situación dos indios, estes poden reaccionar de maneira violenta, como individuos libres
que son, ante a invasión das súas terras porque ignoran a autentica situación pero unha vez informado dela, si
persisten na súa actitude, podeselles facer a guerra e sometelos a exclavitude como castigo.
Por último, di a xunta que os indios, unha vez evanxelizados poden facer tareas que esten dentro dos canones
cristianos, e según os criterios da raza humana o tempo que teñen que ser gobernados con venebolencia.
−O tratado de Tordesillas:
Na carreira polos descubimentos aparecen dúas grandes potencias Portugal e España. Ante o descubrimento
de América os portugueses queren parte do territorio xa que según eles chegaron a esta nova terra pero
seguindo a dirección do Pacífico. Os españois polo seu lado non estan dispostos a cederlle parte do que
consideraban seu patrimonio esto lebaos a enfrontamentos que se van a resolver gracias a intervención do
papado que decide establecer unha liña imaxinaria que divide ó continente americano en dúas partes, a altura
de Brasil, según esta todas as terras que estan o oeste da liña son españolas mentres que as que esten ó este
pertencen a Portugal. Deste xeito e como Portugal pasa a dono de Brasil mentres que o resto do continente
americano queda en mans dos españois.
2. A CONQUISTA (do imperio Azteca, do imperio Inca e outras espedicións da conquista).
5
A conquista podese dividir en tres periodos perfectamente diferendiados entre si:
−1492−1519; que se pode subdividir en dúas etapas 1492−1508 e1508−1519. Durante este periodo
conquistanse territorios insulares e teñen lugar as primeiras expedicións ó continente.
−1519−1540/50; teñen lugar as conquistas máis importantes. Así entre 1519 e 1521 Henán Cortes conquista o
imperio Azteca no cal xogan un papel destacado a participación de un sector de indixenas que actúan tanto
como aliados ou interpretes. Coñecese esta conquista como un conxunto de expedicións realizadas ó seno de
México.
Outro feito importante é a conquista de Perú 1532−1533. tratase dunha conquista moi rápida capitaneada por
Pizarr, Diego de Almagro, dous veteranos soldados.
−1540/50−fins do S. XVIII; a partir do 1450 as expedicións de conquista ainda que se manteñen teñen unha
importancia e frecuencia menores, a causa para esta relentización son sobre todo que España ocupara xa as
terras máis ricas e que o que quedaban eran terras selvaticas ou deserticas sen ningún tipo de riqueza,
habitadas por indixenas atrasados que dificultaban a conquista.
A conquista de México por parte de Hernán Cortes non significou que os indios quedasen totalmente
sometidos e pacificados. En México en 1541 viveuse unha dura sublevación dos indios que levou o virrei
Mendoza a favor unha serie de campañas de pacificación que se denominaron segunda conquista.
En Perú hai unha revelión indixena coñecida co nome de Taquiongo, a pricipios dos anos 60 os sacerdotes
sublebanse e falan da resurección dos antigos deuses que desplazarian os deuses españois; esta foi descuberta
a tempo e pudo ser abortada.
Polo que respecta as causas que permitiron a conquista hai que sinalar a superioridade bélica dos españois
debido tanto as armas de fogo e aceiro como ó cabalo e os cans de presa. Todo elo aterrorizaba os indixenas.
Tamén se debe ter en conta a situación interna que se daba dentro dos imperios Azteca e Inca, nos cales a
presión tributaria era enorme, o que contribuia desde un principio a que Hernán Cortes atope aliados entre os
indixenas que o consideraran como un verdadeiro libertador. Entre os indixenas que se suman a Cortes
destacar ós Tlaxcaltecas esto polo que respecta ó imperio Azteca. Con respecto ó caso incano decir que
Pizarro atopouse con unha guerra civil entre as distintas comunidades o que facilitara a conquista ó tempo que
consegue aliados.
6
As enfermidades epidemicas que debilitan e reducen a poboación indixena facilitando a labor dos
conquistadores.
Causas de tipo psicoloxico, en concreto, lendas sobre uns deuses que cando marcharon prometeron voltar, os
indixenas confundiran ós españois con estos deuses. Tanto Aztecas como Incas ó principio non souberon si os
españois eran deuses, esto axudara ós españois na conquista.
A conquista a partir de un momento determinado deixa de ser cousa da Coroa para pasar a ser iniciativa
privada debido a dúas causas fundamentais, primeiro porque a Coroa estaba máis interesada nos asuntos
europeos e segundo porque a iniciativa privada resultaba máis rentable xa que a Coroa obtiña unha serie de
beneficios practicamente a cambio de nada, xa que ela reservabase en todolos casos, a soberania dos
territorios conquietados e tamén unha participación económica nos beneficios que esa produza.
Para lebar a cabo unha expedición de conquista primeiro había que contar con un documento denominado
capitulación, acordo firmado entre a Coroa e o individuo encargado de dividir a expedición. Nelas a Coroa
impoñia unha serie de condicións a cumplir tanto por ela como polo capitulante.
Outra formula era a da Instrucción, documento no que a Coroa dictaba unha serie de directrices que o
individuo debe acatar.
A Hueste formada por xente que se sumaba a expedición libremente pero desde o principio debia levar unha
vida militar e debia estar sometido a vontade do capitán, o orixe dos mesmos era diverso artesáns, mariñeiros,
funcionarios reais, aportaban o que tiñan e participaban nos beneficios en función do aportado.
En canto a procedencia dos conquistadores, desde un punto de vista social procedian das capas sociais máis
baixas e iban buscar a América unha mellora da súa situación.
En canto a procedencia xeográfica destacar unha maioritaria procedencia de Andalucía seguida das dúas
Castelas e de Extremadura, mentres que as porcentaxes disminúen segundo nos aproximamos ó norte da
Península.
As razóns deste predominio do sur veñen dadas por unha maior proximidade ó porto de embarque, asi como
pola situación socioeconómica desta zona latifundista e deprimida.
Polo que se refire a visión dos vencidos decir que viron a chegada dos españoles nun principio con sorpresa e
estrañeza pero tamén con temor debido ó aspecto físico e as armas que levaban.
Tamén destacar o sentimento de desamparo que senten os indixenas porque interpretan a súa derrota como a
morte dos deuses que coñecian e a aparición de unha relixión nova.
Tamén intentaron explicar o sucedido desde dentro do seu propio mundo a través de profecias e augurios os
cales a conquista tildaba de reais.
Por último decir que mantiñan a esperanza de que aquela situación cambiase, que as inxustizas fosen
reparadas e castigadas e que eles xunto cos conquistadores poidesen compartir aquel mundo.
3. A ORGANIZACIÓN DAS INDIAS
a) A casa de contratación
Fundase en 1503 e establecese na cidade de Sevilla, porto que durante moito tempo controla o comercio con
América; vai a estar baixo o control de Juan Rodriguez de Fonseca. En un principio é un organismo modesto
7
se o comparamos co que vai a ser a finais do século XVI e a principios do XVII. En un principio so opten tres
funcionarios que se ocupan das funcións que desempeña Fonseca: un fatos (xerente), un tesoreiro encargado
de asuntos financieiros e un escribano.
As tareas primordiales son de tipo fiscal e comercial e dicir controlar o comercio con América e que a Coroa
perciba o s beneficios que lle correspondan. Encargase tamén de conceder os permisos para marchar a
América, o tempo que controla a poboación que pode viaxar a la e a que non poder facelo.
A estas funcións añadense desde moi cedo outras de tipo xudicial: pleitos entre comerciantes, impago de bens,
etc. Unese un novo funcionario para levalas a cabo, un xuíz.
Moi pronto añadenselle competencias de tipo científico xa que a Coroa encargalle a recopilación de todolos
descubrimentos científicos e xeográficos que vaian chegando a Península, co fin de elaborar novas cartas de
navegación, mapas, para o cal se nombra a partir de 1512 un novo funcionario chamado piloto maior sendo o
primeiro Américo Vespucio.
A casa de contratación vai a ter unha larga vida non estinguindose ata 1790 momento en que os Borbóns levan
a cabo unha nova política económica con América.
b) O Consello das indias
Crease a principios dos anos 20 do século XVI, a partir do Consello de Castela independizandose do mesmo
entre os anos 1553−54. A primeira noticia sobre a súa creación data do ano 1523 e a partir de este momento
convertiranse no órgano supremo para todolos asuntos con América.
A súa creación hai que entendela detro de un proceso de maior importancia, dentro de unha importantes
reformas administrativas que teñen lugar en España durante os primeiros anos de goberno de Carlos I. Vai a
estar formado por letrados pero tamén por clerigos. As súas funcións eran moi variadas:
−Función lexislativa, aprobo todas as leis que vaian saindo.
−Función xudicial, é o tribunal supremo de apelación para todalas cousas relacionadas con América.
−Competencias de tipo ascendistico, organo máximo de control das funcións fiscais dentro do novo continente
que as perde no ano 40 do século XVI ó crearse o consello de facenda.
−Competencias de tipo militar, competelle a defensa das indias, responsabilidade que perde ó crearse a xunta
de guerra das indias no século XVII que se encargara das guerras en América. Encargase tamén o consello das
indias en nombrar os cargos para América tanto civís como eclesiásticos; controla a actuación dos
funcionarios reais en América.
En canto ó funcionamento do consello, decir que todos os membros deliberaban sobre a cuestión que fora e
chegaban a unha decisión mediante a votación na cal participaban todolos membros e que só necesitaba da
maioria simple para aprovalo; feito esto remitirianse ó rei que o aprovaba e estraba en vigor en caso negativo
debianse volver a facer un novo informe e volviase a comezar. Esto facia que fose un sistema lento.
A súa vida foi moi prolongada ainda que cos Borbóns pasa a ter unha importancia secundaria pero subsiste ata
o ano 1812 en que será suprimido por gobernadores.
c) A administración do territorio
No continente Américano iran surxindo pouco a pouco cargos e institucións responsables do goberno no
8
territorio:
−Gobernadores, a Coroa nomeou como gobernador hereditario e ademais virrei a Colón que posteriormente
desaparecerá cando no ano 1500 Bobadilla prive a Colón dos seus privilexios.
A Coroa nomeara distintos gobernadores para un territorio que se divide en gobernacións ou provincias. Estes
gobernadores teñen funcións administrativas xudiciais lexislativas (as súas leis deben ser aprovadas polo
consello de indias), e militares aínda que con posterioridade este poder limitarase as provincias fronteirizas as
cales se denominan capitanias xenerais en un primeiro momento foron designados gobernadores os propios
conquistadores, asi ata os anos 50 atopamonos con gobernadores vitaliceos pero ó ir esto desaparecendo a
Coroa nomeara outros que desempeñaran as súas funcións durante un tempo (normalmente oito anos).
Estos gobernadores contaban para realizar o seu traballo con dous funcionarios, o tenente letrado e tenente
gobernador que asesoran a aquel.
A finais do século XVII atopamonos con trinta e nove gobernacións repartidas por todo o territorio américano.
Estos gobernadores actuaban de maneira autónoma dentro da súa provincia e mantiñan directamente relacións
cas autoridades existentes na Península (consello de indias). Cando a partir de 1575 creanse novas institucións
os gobernadores estaran sometidos a elas solo no caso de Río de Prata e na actual Venezuela.
−Audiencias, creanse dende principios do século XVI por dúas razóns, para impartir xustiza os españois
residentes en América e para vixiar a actuación dos gobernadores exercendo un control sobre a súa autoridade
impedindo que alcanzasen un poder excesivo. A primeira é a de Santo Domingo no ano 1512 e a de México
no ano 1528. A finais do século XVII había un total de 11 audiencias, 4 en Nueva España e 7 en Perú.
As audiencias son tribunais de xustiza formados por xuices chamados oidores. O número que compon cada
audiencia é variable; van a ser apelados no consello de indias, aínda que a partir de 1542 so se poderá apelar
aquelas causas civis de gran importancia, combertindose as audiencias nas máximas institucións da
administración xudicial en América.
As audiencias de Lima e México tiñan un maior rango que as outras xa que en determinadas circunstancias
podian exercer a autoridade máxima en todo o virreinato.
As audiencias tiveron ó seu cargo coidar das normas que afectaban ó trato cos indios por eso a Coroa tratou de
nomear sempre como oidores a aquelas persoas máis idoneas dentro da xurisprudencia e de ahí que gozasen
de un maior prestixio que outras institucións en América.
−Virreis, despois do fallido intento de Colón, non nomea un virrei ata o ano 1535, en que nomea a Mendoza
como virrei de Nueva España seguidamente, en 1543 nomea outro para Perú; estes dous seran os únicos de
todo o século XVI e XVII. O cargo de virrei goza de gran prestixio posto que é o representante de rei en
América encargado do asegurarse o respeto e a seguridade dos habitantes de América ó rei de España. A súa
procedencia é sempre noble.
En canto ó seu poder este era moi importante, desempeñaba as funcións de gobernador dentro da súa
circunscripción; controlaba ós demais gobernadores; era o capitán xeneral asi como o presidente da audiencia
e como tal controlaba a actuación dos oidores. O poder do virrei, concluido o seu mandato ten que pasar por
un consello de residencia feito pola audiencia o que influira no comportamento do virrei, este sistema
denominase virreinato senatorial o cargo de virrei era temporal, de seis anos no século XVI e tres no século
XVII ainda que en algúns casos foi vitaliceo.
−Administración urbana e municipal: ten unha gran importancia xa que a población española residente en
América concentrase nas cidades gobernadas por un Concello que controla a cidade e máis o territorio que a
9
rodea e que se encarga de garantizar o abastecemento de alimentos; os salarios de determinadas actividades;
da ordenación de actividades artesanais; administración de bens comunais; conceder terras a particulares.
Estaban formados por unha serie de funcionarios cada un dos cales posuia unha parcela de actividade. Os
cargos estaban ocupados polas élites urbáns; a forma de elixir ós rexidores era mediante o nomeamento do rei,
polos conquistadores ou nomeados polo rexidor sainte. En calquer caso representaban non ó pobo senón ó
grupo social dominante.
−Goberno das comunidades indixenas: a chegada dos españois significou en parte a desaparición de algunha
forma de goberno existente en América, antes de que isto ocurrise outras mantiveronse ó tempo que se
creaban algunhas formas de goberno similares a das comunidades españolas. En un primeiro momento os
españois mantiveron as antigas comunidades indixenas e utilizandoas para entrar en contacto con eles. Pero
dede moi pronto introduciron o sistema de cabildos. A pesar de eso non desapareceron os antigos caciques se
non que en moitos casos van a ser os presidentes dos cabildos.Entre as súas funcións estan as de impoñer
xustiza ós indixenas, cobrar impostos velar pola catequesis procurar o desenrolo económico das
comunidades... .
Os saldos dos membros do cabildo proceden dun imposto que pagan os indios e que ingresaban na chamada
caja de la comunidad. En canto a duración do cargo era entre un e cinco anos e poidan ser nomeados polo
virrei, ou polo rei.
4. A EXPLOTACIÓN ECONÓMICA
a) As encomendas
A encomenda é unha institución importante que regula a relación entre españois e indixenas durante o periodo
colonial. Sufrira cambios e evolucionara debido a cuestión dos xustos titulos e da acción dos intereses dos
coloniozadores e da Coroa. O enfrontamento entre colonizadores e Coroa fara aparecer unha lexislación que
incidira na encomenda.
O orixe da encomenda ten lugar en 1498 cando se fan repartos de indios a espaldas da Coroa, en 1501 o
gobernador Ouando viaxa as indias para despoxar ós españois dos indios que se lles entregara. Estos indios
reunirianse en poblados donde vivirian libremente. En 1503 unha real Cedala promulgada por Isabel a
Católica supón a consolidación e o establecemento definitivo do reparto de indios tamén chamada
encomienda. Os indios seran repartidos entre os españois para que fagan traballos no seu beneficio
(agricultura, minas...), por este traballo os indios recibirian un salario e serian tratados como homes libres;
pero os ditos indios non poden rechazar nunca o traballo.
Según esto a encomenda é unha situación intermedia entre a liberdade plena e a escravitude, ainda que
realmente a diferencia entre un e outro sera só de matiz, en un principio algo temporal, un individuo español
recibe un grupo de indios para un tempo determinado, pasado este, o grupo pasa a outro encomendeiro esto
tiña como finalidade eviar os abusos por estes últimos.
En 1514 a encomenda sera vitalicea ou en moitos casos a dúas vidas, e dicir, tera dereito sobre o grupo
encomendeiro e o seu primeiro fillo.
A encomenda era beneficiosa para os colonizadores porque significaba man de obra barata e empuxaban o
progreso das illas; para a Coroa tamén porque podia pagar os saldos dos funcionarios por medio de indios sen
necesidade de dispor de cartos, e ademais porque os indios podian ser evanxelizados e civilizados.
A encomenda dara lugar a que os españois empecen a abusar dos indios polo que a partir do 1511 vai a ser
atacada por un grupo de dominicos establecidos na illa La Española. O Rei ordea na Península, a reunión da
10
xunta de Burgos 1512. Concluirón que a encomenda era unha institución beneficiosa pero causante de abusos
e inxustizas que era necesario liquidar, para isto a xunta aconsellaballe a Coroa tomar unha serie de medidas
tendentes a abolir estos abusos. Asi faise unha reforma de encomenda promulgando en Decembro de 1512,
trinta e cinco leis leyes de Burgos. Estas establecian que o indio era un vasllo libre, con dereito a poseer bens
e ter tempo libre para poder traballar as súas terras. Estableceuse por tanto unha xornada de traballo con
periodos activos e outros de descanso, tamén se establecia a obrigatoriedade de pagar un salario polo seu
traballo. Prohibese maltratar os indios, insultalos; insistese na evanxelización dos mesmos, marcase un tanto
por cen de indios para cada traballo.
Contemplabase a creación de uns inspectores visitadores, funcionarios da Coroa que vixiarian a aplicación das
leis.
Estas leis tiveron pouca repercusión na práctica e apenas se rexistrou cambio algún despois de 1512 e asi,
siguen existindo noticias de abusos, condeas, malos tratos... , sera en torno a 1512−1513 cando o sacerdote
sevillano Bartolome de las Casas empece a elevar a súa voz contra esta situación.
b) A explotación mineira
Entre 1584 e 1585 os metais preciosos enviados de América a Península supoñian o 95% do valor total das
mercancias enviadas dende alá. Importancia que se mantén en etapas sucesivas a pesar de que experimentara
un pequeno retroceso entre 1584 e 1593. Na primeira metade do século XVIII supón o 78%.
A Coroa interesalle desenrolar a mineria posto que América aporta ouro e prata o que significa unha
importante fonte de ingresos para a política bélica tendente a conseguir a hexemonia Hispánica no vello
continente. Por iso a Coroa favorecera or todos os medios o seu alcance a explotación mineira:
−Entrega as minas a explotacións privadas, favorecera os propietarios para que compren maquinaria e tamén
entregan man de obra abundante e barata por medio da encomenda e da mita.
−A mineria vai a ter unha repercusión importante na economía americana por ser un sector que estimula o
desenrolo de outros campos como por exemplo o agropecuario; asi vai haber donos de minas que van a ser
tamén propietarios de facenda.
−O primeiro dos metais preciosos obtidos polos españois e que vai obter a hexemonía sera o ouro, obteñeno
primeiro nas Antillas e logo xa no continente.
−A prata e o segundo metal precioso que dende moi cedo vai a predominar, sobre todo a partir dos anos 40 do
século XVI, momento en que se descubren as principais minas no norte de México e tamén en Potosi.
−Tamén se pode citar a producción de cobre que apenas vai a ter importancia en este momento, destacan tres
focos principais México, Cuba e Chile. A súa explotación desenrolase sobre todo dende principios do século
XVII cando queren introducirse novas potencias e a defensa das indias convirtese en algo capital.
Dende mediados e fins do século XVII e XVIII vai a ser a industria azucareira a que demande importantes
cantidades de cobre para facer caldeiras donde se cocia a caña.
Tamén se debe destacar deste punto a obtención de sal e de perlas que non xenera comercio.
c) O comercio
En un primeiro momento España e a India é monopolio da Coroa de Castela, pero este monopolio vai a
romperse dende moi pronto; a Coroa vai a dar paso a iniciativa privada, os reis establecen un monopolio
11
urban, o comercio vaise a realizar cunha cidade do sur da Península, pretendese así, levar a cabo un estricto
control sobre o comercio garantizandolle a Coroa a percepción dos beneficios que lle correspondian; esta
cidade vai a ser Sevilla; Sevilla é o lugar máis adecuado debido a causas económicas e dende un principio
estivo presente na expansión xeográfica de Castela. Alí había dende mediados do século XV unha importante
colonia de mercaderes tanto castellanos como extranxeiros sobre todo xenoveses que co capital contibuían os
viaxes.
Ademais era esta unha cidade con unha posición estratexica para realizar viaxes tanto cara o norte de África
como cara América.
Sevilla tamén é elixida polas seguintes
−Causas militares, é un porto fluvial, que se comunica co mar por medio do río, facendo de ela unha cidade
facilmente defendible.
−Causas de tipo político, é unha cidade propiedade da Coroa.
Este monopolio comercial vai a presentar dende principios do século XIX escepcións que permitirian a outros
centros invertir (en menor medida) no comercio con América. Asi dende 1508 vaise permitir que Cádiz se
faga cargo de determinadas mercancías con destino a que la volta tiñan que descargar en Sevilla. A partir dos
anos trinta vaise a permitir en determinadas circunstancias a descargar en Cádiz. O ataque ó monopolio
sevillano tivo lugar no ano 1529 cando Carlos I permitiu que outros portos poideran comerciar libremente con
América. Estes portos son, primeiro fachada do cantábrico: San Sebastián, Bilbao, Laredo e Avilés; segundo,
costa oeste: Coruña e Baiona; terceiro, costa sur: Sevilla, Cádiz e Málaga; e por último cuarto, litoral este:
Cartaxena.
Esta orde rebocase no ano 1573 reinando Felipe II.
En canto as mercancias que participaban neste comercio son dende América ata a Península os metais
preciosos asi como cinco productos non metálicos: cacao, tabaco, productos tintorios, azúcar e coiro.
Productos europeos que interveñen en comercio coas indias podemolos dividir en tres categorías diferentes:
primeira, productos agrarios: viño, aceite, cereais, vinagre... ; segundo, productos mineiros: ferro; e terceiro,
productos téxtilese manufractureiros: papel, cera... .
12
Descargar