V Memorial Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza

Anuncio
Gabinete de Comunicación
Antonio Iglesias Otero gaña o V Manuel Cea de Percorridos de Caza
Disputábase o pasado 10 de agosto a quinta edición da tirada de Percorridos de Caza
“Memorial Manuel Cea Seoane” que organiza a Sociedade Deportiva “Rio Sar” no campo de tiro da
sua propiedade sito en Chaián, Trazo (A Coruña), e que era puntuable para a Copa Federación de
Percorridos de Caza.
Un total de 54 tiradores participaban na proba que se disputaba a 150 pratos, sendo Antonio
Iglesias Otero o gañador ao derrubar un total de 129 pratos. Segundo clasificado era Juan Carlos
Costas Pereira quen remataba a proba con 127 pratos escachados, os mesmos que Antonio Taboada,
que remataba terceiro.
Na categoría de veteranos, vencía Vidal Castellet Fuertes ao escachar 122 pratos; José
Antonio García González facía o propio na categoría de superveteranos con 76 pratos; Mercedes
Román González gañaba en damas con 85 pratos.
Así pois os cinco primeitos clasificados absolutos foron:
Pos.
Tirador
Pratos
1º Antonio Iglesias Otero
129
2º Juan Carlos Costas Pereira
127
3º Antonio Taboada
127
4º Ricardo Fernández
126
5º Diego Antelo Noya
124
6º Vidal Castellet Fuertes
122
7º Juan Sexto
121
8º José Luis Sánchez Mancebo
119
9º Javier Ayarza
118
10º Florencio Crespo
115
Gabinete de Comunicación
FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
www.federaciongalegadecaza.com
Federación Galega de Caza
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 – 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf. 981 562 777 Fax 981 562 779
Correo Electrónico: [email protected] Internet: http://www.federaciongalegadecaza.com
Descargar