Esixencia de Gu a de Circulaci n en Portugal

Anuncio
NOVO SERVIZO CAMERAL: TRAMITACIÓN DAS GUIAS DE
CIRCULACIÓN PARA PORTUGAL
Requisitos de circulación por Portugal con vehículos lixeiros
A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa informa de que a circulación dun
vehículo en territorio portugués para uso profesional, é dicir, conducido por un
traballador vinculado á empresa propietaria do vehículo, está condicionada á
obtención previa dunha guía de circulación emitida pola Alfándega portuguesa. Esta
guía exime de pagar o imposto de circulación portugués, pero non a ter supón sancións
considerables (multas que poden ascender a 530 €) e afecta a vehículos con tara igual
ou inferior a KG3.500 KG.
.
A Lei nº.22-A/2007, do 29 de xuño, que regula a admisión temporal en Portugal
permite introducir vehículos durante un máximo de 183 días para persoas non
residentes, que non exerzan profesión en territorio portugués ou actividade
remunerada. Estas persoas poden circular sen ter que cumprir coas obrigas fiscais do
imposto sobre vehículos, pero teñen que estar acreditados a este réxime de admisión
temporal coa guía de circulación, que ten 12 meses de vixencia.
A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa ofrece como servizo as empresas da
súa Demarcación, a tramitación desta Guía de Circulación.
Para a súa tramitación, é necesario entregar á Cámara de Comercio, a seguinte
documentación:
Copia DNI da persoa con poder abondo para representar á empresa solicitante.
Copia datos vehículo (permiso circulación e ficha técnica).
Copia pagamento imposto circulación.
Copia do contrato que vincula ao traballador/res coa empresa e que se autoriza
a conducir (todos os traballadores que se vaian desprazar a Portugal).
Orixinal da autorización asinada polo representante da empresa a conducir o
vehículo por parte do traballador/res que inclúa a frecuencia dos
desprazamentos (sempre menos de 183 días ao ano) e a declaración de que o
seu uso é profesional e non permanente en territorio portugués (Formulario
que facilita a Cámara de Comercio).
Copia da escritura onde se efectua o poder para representar a empresa e que
conteña ao final a inscrición registral.
Copia do seguro do vehículo.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa
Avda. Doutor Tourón, 46 -36600 Vilagarcía de Arousa
Tel: +34 986 565286 / Fax: +34 986 500621 / e-mail:[email protected]
www.camaravilagarcia.com
Orixinal da delegación en xestor homologado para a súa tramitación
(formulario que proporciona a Cámara)
En caso de que o vehículo estea en réxime de "renting" deberase achegar o
contrato de renting dese vehículo.
Proceso de tramitación:
A Cámara de Comercio recollerá a documentación entre o luns e mércores de cada
semana. As tramitacións efectuaranse os xoves e venres e, a empresa poderá posuír a
guía de circulación provisional o martes seguinte. Coa guía provisional pódese circular
libremente por Portugal. Posteriormente, a Cámara de Comercio entregará a Guía de
Circulación definitiva.
Aquelas empresas que non entreguen a documentación completa nos prazos
indicados, non se lle tramitará a guía correspondente na devandita semana.
Custo do Servizo
Para empresas socias da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa:
Custo da tramitación: 60 € (sen incluír o 21% de IVE) +10 € de gastos de envío. É
necesaria unha guía por vehículo. As guías adicionais teñen un custo de 20 €
(sen incluír o 21% de IVE), se se tramita conxuntamente.
Se se solicita a guía de circulación para un vehículo adicional, posteriormente á
tramitación inicial, cobrarase o custo de tramitación.
Para empresas non socias da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa:
Custo da tramitación: 80 € (sen incluír o 21% de IVE), +10 € de gastos de envío.
É necesaria unha guía por vehículo. As guías adicionais teñen un custo de 30 €
(sen incluír o 21% de IVE), se se tramita conxuntamente.
Se se solicita a guía de circulación para un vehículo adicional, posteriormente á
tramitación inicial, cobrarase o custo de tramitación.
Para máis información:
Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa - Telf.: 986565286
[email protected]
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa
Avda. Doutor Tourón, 46 -36600 Vilagarcía de Arousa
Tel: +34 986 565286 / Fax: +34 986 500621 / e-mail:[email protected]
www.camaravilagarcia.com
Descargar